miércoles, 21 de enero de 2026

 A AVÓA DA HUMANIDADE

Quinta entrada co curso, e segunda desta segundo avaliación. Metidos agora na parte de Historia, empezamos presentándoche aquí visionar un vídeo de 15' sobre as orixes da Humanidade, e os primeiros homínidos, neste caso, o máis antigo: o Australopithecus.

A AVÓA DA HUMANIDADE

Despois do visionado realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE":  A AVÓA DA HUMANIDADE. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o  xoves 29 de xaneiro. Ánimo...!! 

                              

EXERCICIO Nº 1.- Contesta brevemente ás seguinte cuestións:
1. O esqueleto de Australopithecus que protagoniza o vídeo recibe no nome de Lucy: En que ano foi descuberto? A que debe o nome de Lucy co que foi bautizado o esqueleto?
2. Fai canto anos debeu vivir este Australopithecus?
3. Indica datos sobre Lucy que se aportan no vídeo: estatura, peso e idade que debía ter.
4. O vídeo menciona varias familas de Australophitecus: africanus, robustus, anamensis. A pregunta é: que característica tiñan en común todos estos Australopithecus?
5. Un experto indica tres razóns para ser bídedos aqueles primeiros seres pre-homínidos. Cales son esas tres razóns?
6. Lucy era un Australopithecurs africanus, e vaise cun grupo de Australopithecus anamensis. En canto á comida: que distinguía os africanus dos anamensis?


 EXERCICO Nº 2: Indica se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións:
a) Dous machos anamensis pelexánse entre si porque disputaban a comida Lucy.
b) O grupo de anamensis poñen en fuga as hienas guidándolles pedras.
c) Lucy cansábase máis camiñando porque estaba coxa dunha perna.
d) Aqueles primeitos homínidos tiveron que adaptarse e procurar auga e alimentos ou desaparecer.


 A PESTE NEGRA

Segunda entrada da 2ª avaliación. Trátase dun documental sobre a pesta negra, relacionado co último apartado do tema (a crise baixomedieval) que acababar de aborda en clase. A súa duración é 25 minutos. Aprenderás un montón sobre isto, e de xeito ameno. Para velo picha no seguinte enlace:


 A PESTE NEGRA 


Despois do visionado realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE:  A PESTE NEGRA". Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación en corrección destas actividades será o xoves 29 de xaneiro 

ACTIVIDADE Nº 1: Contesta brevemente ás seguintes cuestións:

1. Na Península de Crimea xenoveses e mongois disputaban a posesión dunha cidade que, a inicios do s. XIV estaba en mans dos xenoveses. No medio desta disputa chegou a peste a esa cidade. A pregunta é: de que cidade de trataba e cal o o seu nome actual? E que recurso empregaron os mongois para debilitar aos xenovese que resistían o asedio no interior da cidade? 

2. Entre os factores que contribuen a propagar as infermidade por Europa,  o vídeo apunta as guerras, que suponen grandes desprazamentos de poboación. O vídeo cita a Guerra do Cen Anos, comentada a aula. Pero: que outras dúas guerras menciona o documental?  

3. Indica outros factores citados no vídeo que contribuiron a que a peste se expandira por Europa.

4. Moitos fuxen das cidades cara o rural reducindo o o risco de contaxio. Tamén o fixo a corte do Papa, que daquela abandonou Roma e refuxiouse nun castelo preto das montañas: cal era o nome daquela vila e quen era ese Papa ? 

5. O documental da cifras de mortes. Entre elas, salienta que a Península Ibérica tiña 6 millóns de habitantes, pero des só sobreviviron: cantos? Que lugares da Península sufriron máis a peste? Cantos morrían por día en París a causa da enfermidade?.

6. Cales foron os primeiros remedios que adoitaban aplicar os médicos contra a enfermidade? 

7. A ira de Deus polos pecados dos seres humanos foi unha das causas que explicaba a chegada da pesta. Daquela aparecen os "flaxelantes". Que eran, que facían e con que intención?


8. Outra explicación atribúese á contaminación atmosférica froito dunha erupción volcánica que tivera lugar en 1347, e que, consideraban, traía ata a superficie os gases do inferno. De que volcán se trataba e en que país actual se atopa? 

9. Que medida empezou aplicou Venecia para controlar a peste, medida que logo imitaron outras cidades? E que facía Venecia cos comerciantes que tiñan síntomas de estar contaxiados?

10. O investigador franco suizo Alexander Yersin e un bacteorólogo xaponés foron os primeiros que, en 1894, relacionaron a peste co rata asiática. Daquela, os dous estaban estudando un brote de peste: en que lugar? Logo soubose que eran a pulgas as que picaban aos humanos progagando a infermidade: en que ano se soubo esta clave das pulgas? 

11. A teoría máis extendida foi que a orixe da peste era China. Pero unha investigación de 2022 apunta a orixe ao norte dun pequeno país no centro de Asia. De que país se trata? 

 

ACTIVIDADE Nº 2.- Busca a a verba impostora en cada resposta dada:

a) No vídeo exponse que os xudeos foron acusados de xeito infundado de ser causantes da peste, envelenando os pozos de auga. Isto levou a que os xudeos padeceran ataques es varias cidades europeas. Das seguintes onde houbos persecucións, unha delas e falsa, e non menciona no documental: cal é?

Maguncia, Estrasburgo, Basilea, Viena, Zurich, Colonia.

 

b) Outra teoría da época relacionou a peste cunha explicación de astroloxía, atribuindo a peste a aleaneción de tres planetas. Dos catro que se citan, sobra un: de cal se trata? 

Venus, Marte, Xúpiter, Saturno.

 

c) Dos síntomas da peste negra descritos no documental, un é falso: cal é?

delirios, febre alta, rixidez muscular, cegueira, tos con sangue.

 


domingo, 18 de enero de 2026

O MOTÍN DE ESQUILACHE

Esquilache (1989) - IMDbPrimeira entrada da 2ª avaliación e cuarta do curso 2025-26. Nela prantexámosche unha nova sesión de cine familiar. Tratáse dunha película histórica sobre a figura de Esquilache, ministro da corte do rei de España que no século XVIII deu lugar ao famoso “motín de Esquilache”, que vimos de traballar no curso. Debes achegarte a esta película con cautela: non é unha película de acción, é un película de actores, con moitos interiores, para comprender o interior das tramas políticos do pazo arredor do rei. Para ver a película on line pincha no seguinte enlace:

 

Esquilache (película) 


Logo da vela realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espacio cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE”: ESQUILACHE. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o martes 19 de nadal.

 

EXERCICIO Nº 1.- Contesta brevemente:

1. Describe a escena da película onde se refire o dito "todo para el pueblo pero sin el pueblo". 

2. Segundo de desprende da película, e en función ás reformas do despotismo ilustrado de Carlos III: que actuacións de modernización e embecemento de Madrid se están levando a cabo de mans de Esquilache nesos anos?

3. Nun momento a nai do rei Carlos III semella incitar a Esquilache a sucidarse. Como estivo a piques de sacarse a vida Esquilache na película?

4. Dúas curiosidades: nun dos momentos Esquilache está sentado xunto coa súa dona asistindo: a que famoso sorteo? E cal era a bebida quente que adoitaba pedir á camareira persoal para tomar?

5. O motín estivo motivado, segundo o película polo edito "de las capas y los sombreros": En que consistía esa lei?

6. En que cidade española embarca Esquilache para regresar a Italia?  

Fotograma da película: Fernando Fernán Gómez como Esquilache,
e Adolfo Marsillach como Carlos III


EXERCICIO Nº 2.- Investiga ou reflexiona sobre personaxes que aparecen na película:


1. Quen era o marqués de Floridablanca? (escribe unha reseña sobre este personaxe).

2. Na película aparecen/mencionanse a Sabatini e Grimaldi. Xunto con Esquilache o tres son italianos. Investiga: quen eran? E cal razón de por que tanta presencia italiana na corte de Carlos III nesos anos?



3. Na película refírense que outros sucesos de motíns populares semellantes están acacendo tamén noutras cidades. Segundo o que ti sabes: cales son as razóns profundas que motivan todo estos motíns (incluido o de Esquilache?)

4. Que reproches fai pobo na película á figura de Esquilache?

5. Que valores trata de ensalzar a película sobre a figura Esquilache?

6. Nun momento da película traénlle a Esquilache unha maqueta do Madrid embelecido querendo convertila na “cidade máis bela de Europa”. A pregunta é: das seguintes imaxes do Madrid monumental de hoxe, cales aparecen nesa maqueta e pertencen pois a aquela época?

Cervantes


A fonte de deusa Cibeles




El Museo del Prado... por fuera - Los Viajes de Aspasia
Fachada do Museo do Prado




A deusa Venus




A porta de Alcalá



Fonte do deus Neptuno


 _______________________

jueves, 18 de diciembre de 2025

 CINE... retorno á Idade Media

Para este Nadal propoñémosche un blogue extra para aprender de Historia disfrutando do cine (ou disfrutar do cine aprendendo Historia). 😉  Se che quedou pendente facer unha entrada do blogue neste primeiro trimestre, ou temes que ao final non poidas cumprir co ciclo de nove neste curso, ou queres sumar para subir nota… Ou, simplemente, apetéceche aprender mentras ves una peli... Prepara unhas "palomitas", un refresco (ou un chocolate quentiño), enfúndate nunha mantiña e... Cámara! Acción!. Represamos ao mundó da Idade Media a través do cine. Para ver a peli pincha abaixo, enriba e pantalla ou co enlace. Agardo que te entreteña.

O CABALEIRO TEMPLARIO

Logo de vela fai as seguintes actividades na libreta rotulando no título: FORA DE CLASE: EXTRA DE NADAL. Manda os exercicios feitos por corre-e a xeito de foto. O prazo de entrega remata do ano. Polo tanto dispós de prazo ata o 31 de decembro ás 23:59 horas. 

ACTIVIDADE Nº.- Contesta brevemente ás seguintes cuestións:

1. E que ano e lugar se inicia a película?

2. O protagonista Arn Magnunson foi entregado de pequeno a un mosteiro. Por que razón foi entregado para ser tutelado alí?

3. Que dúas cousas aprende de neno e mozo no mosteiro?

4. Quen forma ao protagonista nas armas?

5. Cando regresa coa familia rétase en duelo con outro nobre considerado “a mellor espada do rei”, por o protagonista decid ocupar o posto do seu pai nese duelo. Por que razón se enfrentan as familias?

6. Por que razón foi excomungado Arn e a súa familia? Que outro pena lle foi imposta polo bispo?

7. Que nome tiña a súa prometida?. Cando é recluida nun convento de monxas: que castigo recibe ao pouco de chegar?

8. Cando fina a antiga abadesa: que posto de ofrecen á prometida e por que razón rexeita o posto?

9. Por que razón é destiñado Arn ás Cruzadas como cabaleiro templario?

10. Cando o protagonista está nas cruzadas: a que líder árabe temen e que avanza con seu exército para ocupar Jerusalén?

11. Cando o protagonista é capturado polo éxército árabe: en que cidade se atopa cando recupera a consciencia?

12. Quen se enfronta na última batalla da película? E como remata a película?



ACTIVIDADE Nº 2 / APRENDENDO HISTORIA.- Investiga por ti, buscando información:

1. Que foron as Cruzadas e cando tiveron lugar?

2. En función da data de inicio da película, e tendo en conta que houbo seis grandes cruzadas: en cal dela situarías esta película?

3. Busca información e describe as rutas seguidas polos cruzados cara a Terra Santa nesa cruzada (desde Europa a Terra Santa).

4. Na película aparece un personaxe histórico real, líder árabe que trataba de recuperar Jerusalén, de nome Saladino. Busca informació sobre ese personaxe e escribe unha breve reseña de quen foi (tres oucatro liñas).

5. A orde de Temple: que é? Busca información sobre esta orde militar e relixiosa e escribe unha reseña (tres ou catro liñas) con información desa orde templaria.





domingo, 14 de diciembre de 2025

   CLIMOGRAMAS E PAISAXES

Cal con cal? (1º ESO-XEOGRAFÍA)


Empezamos a analizar os climogramas na aula. A continuación amosamos cinco climogramas e outras catro formacións vexetais. Debes indicar a que clima corresponde cada climograma, xustificando en cada caso a resposta. Logo debes relacionar ese climograma coa paisaxe vexetal correspondente que aparece abaixo con letras. Fíxate na primeira das propostas a xeito de o exemplo. Fai ti o mesmo cos outros catro casos. O día de presentación e corrección na aula será o  xoves 18 de decembro.

Lembra: rotula na libreta o título FÓRA DE CLASE: CLIMOGRAMAS E PAISAXES. Enmárcao nun recadro e colorea o espazo da mesma cor que empregaches nas entradas anteriores do blogue.


climogr. 1


(solución á proposta 1) 
O climograma 1 correspóndese cun clima da rexión cálida, porque as temperaturas son altas todo o ano. 
Dentro da rexión cálida pertence a un clima desértico, porque as temperaturas son altas todo o ano, e as choivas son prácticamente inexistentes. 
En función disto, considero que o clima correspóndese coa paisaxe vexetal B. 


climogr. 2




climogr. 3




climogr. 4




climograma 5




PAISAXES VEXETAIS: 
relacionar con cada climograma


Paisaxe vexetal A


Paisaxe vexetal B
(solventado arriba)



Paisaxe vexetal C



Paisaxe vexetal D



Paisaxe vexetal E