3º ESO



Despídome de ti, alumn@ e lector, desde esta páxina, sabendo que, en adiante, serei eu o que estará xa, para sempre, fóra de clase. Atrás quedan o anos dados e entregados á vocación de ensinar e axudar a comprender a Historia o mellor que souben e puiden. Atrás quedan os milleiros de alumn@a que pasaron polas clases desde que empezara nisto en 1991, xusto naquel ano antes de celebrar aquel quinto centenario do descubrimento de América que traballamos no curso con peli no medio (en que ano foi ese fito?).

Desexo para ti, si, para ti que me les, o mellor, que valores, de corazón, aos teus de moi preto, y que te apoies neles e nos seus consellos para perseguir os teus soños. Se honrado contigo e cos teus, organiza, estuda, sempre estuda para aproveitar o tempo, porque iso farate máis reflexivo, terás unha opinión máis coherente e madura e, sobre todo, serás mellor persoa. Así, sen darte conta, farás florecer a felicidade interior en ti e nos que están ao teu redor. Esa é a túa misión no mundo. Non o esquezas. 

E para iso, unha última entradiña do blogue que che explicará o profe.

************************

A DESLOCALIZACIÓN INDUSTRIAL

"FASHION VICTIMS"


Presentámosche a oitava actividade do blogue, unha última lección, no que a min toca. Aproveitando o traballado na aula en Xeografía, propoñémosche visionar un capítulo do programa "Salvados", emitido en Sexta TV e presentado por Jordi Évole. Nel poderás descubrir a outra cara de moita da roupa que mercas e levas ti posta enriba hoxe. Visiona esto vídeos que con curtos e que che propoñemos. Logo contesta ás preguntas que figuran debaixo de cada un.


Localización de Cambioa sobre o mapa de Asia


Realiza as actividades na libreta rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE”: "FASHION VICTIMS: A DESLOCALIZACIÓN INDUSTRIAL. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e entrega destas actividades  seá o día concertado na aula co mestre. Ánimo!...

Vídeo 1

Vídeo 1: INTRODUCIÓN

1. Que é a "fast fashion"?

2. Cantas pezas de roupa se mercan en España por termo medio ao ano?

3. Que marcas se mencionar no  vídeo os entrevistado sobre onde mercan a roupa?

4. Cita tres países referidas no vídeo onde sexa fabricada esa roupa.

5. Como se explica que esa roupa sexa tan barata?

*******************

Vídeo 2

Vídeo 2: CÉSAR LABORDA (EMRESA TEXTIL ESPAÑOLA RADICADA EN CAMBOIA)

1. En que cidade española e empezou a empresa de César Laborda en España?

2. Cando se decidiu trasladar a fábrica a Camoia e por que razón?

3. Cantos traballadores teñen nesa empresa téxtil en Camboia

4. Cal é o horario dos traballadores nesa fábrica? Cantas horas de máximo ( incluidas a horas extras= se poder facer en Camboia por semana?

5. Cal é o salario mensual dos traballadores da empresa? Segundo o xornalista: cal é o salario que lle dixeron cobran noutras empresas?


*******************
Vídeo 3

Vídeo 3: MARÍA ALMAZÁN ("LATITUDE")

1. Esta muller  tiña como labor inspeccionar algunhas fábricas súas en Asia: que dúas condicións de explotación laboral cita no video se atopou alí?


*******************

Vídeo 4

Vídeo 4: MARÍA ALMAZÁN (“Latitude”)

1. Que mensaxe transmite esta a protagonista aos adolescentes que estades metidos no consumo acelerado da “fast fashion”?


*******************
Vídeo 5

Vídeo 5: VAN CHOU, TRABALLADORA DO TÉXTIL EN CAMBOIA.

1. Que débedas arrastra a empresa cos empregados onde traballa Van Chou?

2. Canto é salario que pagan nesta empresa?  Que parte do salario de Van Chou vai para pagar o aluguer de vivenda?

3. Que condicións de explotacións laboral denuncia Van Chou na súa empresa?


******************* 

                                    Vídeo 6
                                 

Video 6: CONDICIÓNS DE VIDA E TRABALLO

1. Cantas mozas viven na habitación nese cuarto?

2. Cantas horas chega a traballar a protagonista por día con extras?

3. Cantos días por semana traballan en Camboia?

4. Canto cobran por mes?

5. Que danos sofren as traballadoras cando teñen traballar máis da conta?


 

*******************


Conclusión persoal/opinión:

1. Parécenche xustas as condicións de vida e traballo das protagonistas?

2. Por que cres que moitas empresas consultadas declinaron participar neste programa?

3. Que parte de culpa sintes que temos nós en países como España?

4. Por onde deberían pasar as solucións? 

__________________________






________________

___________________________


LIBRO XEOGRAFÍA E HISTORIA-POSSUMUS

 

Benvido o alumnado de 3º de ESO ao curso 2025-26. Aquí deixamos a túa disposición o libro de XEOGRAFÍA E HISTORIA-POSSUMUS, elaborado exclusivamente para ti polo mestre. Para ter acceso a este libro dixital pincha abaixo no seguinte enlace. Desde aí poderás solicitar acceso para poder velo, consultalo, descargalo no teu ordenador ou ben, se queres, imprimilo en versión papel. Á hora de solicitar acceso debes indicar NOME E APELIDOS do alumn@ de 3º de ESO que curse estudos no colexio POSSUMUS, por cando é unha ferramenta exclusiva para el/ela. Só podes solicitar acceso a partir do 8 de setembro de 2025, cando o inicio do curso. Antes desa data non se atenderán solicitudes.

___________________

PROBA DA 2ª AVALIACIÓN: martes 3 de marzo

PREGUNTAS PARA EXPLICAR 

1. A Reforma Protestante.
2. Descubrimentos xeográficos: factores e consecuencias.
3. O descubrimento de América.
4. A monarquía autoritaria: definición e soportes.
5. Os Austrias "maiores": principais conflitos interiores e exteriores de Carlos I e Filipe II.
6. A Ilustración e principais filósofos ilustrados


PRÁCTICAS
PRÁCTICA 1: Distinguir en imaxes entre obras renacentistas e barrocas, xustificando en cada caso a resposta
PRÁCTICA 2: Mapas políticos

PREGUNTAS DE VOCABULARIO (fóra das preguntas anteriores)

1. Enumera características do Renacemento.
2. Concilio de Trento.
3. Tribunal da Inquisición.
4. Tratado de Alcaçovas-Toledo e Tratado de Tordesillas.
5. Descubrimentos portugueses: Bartolomé Dias e Vasco de Gama.
6. Conquistadores de España en América: Hernán Cortés, Pizarro, Núñez de Balboa.
7. Primeira volta ao mundo: percorrido de Magalláns e Elcano, situar no tempo.
8. Felipe IV e Conde-Duque de Olivares.
9. A herdanza de Carlos II e chegado dos Borbóns con Felipe V
10. Distinguir entre sector primario, secundario, terciarios (servizos) e cuaternario.
11. Modelo capitalista
12. Que é a globalización? Enumerar principais riscos.

___________________





No hay comentarios:

Publicar un comentario