miércoles, 21 de enero de 2026

 A PESTE NEGRA

Segunda entrada da 2ª avaliación. Trátase dun documental sobre a pesta negra, relacionado co último apartado do tema (a crise baixomedieval) que acababar de aborda en clase. A súa duración é 25 minutos. Aprenderás un montón sobre isto, e de xeito ameno. Para velo picha no seguinte enlace:


 A PESTE NEGRA 


Despois do visionado realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE:  A PESTE NEGRA". Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación en corrección destas actividades será o xoves 29 de xaneiro 

ACTIVIDADE Nº 1: Contesta brevemente ás seguintes cuestións:

1. Na Península de Crimea xenoveses e mongois disputaban a posesión dunha cidade que, a inicios do s. XIV estaba en mans dos xenoveses. No medio desta disputa chegou a peste a esa cidade. A pregunta é: de que cidade de trataba e cal o o seu nome actual? E que recurso empregaron os mongois para debilitar aos xenovese que resistían o asedio no interior da cidade? 

2. Entre os factores que contribuen a propagar as infermidade por Europa,  o vídeo apunta as guerras, que suponen grandes desprazamentos de poboación. O vídeo cita a Guerra do Cen Anos, comentada a aula. Pero: que outras dúas guerras menciona o documental?  

3. Indica outros factores citados no vídeo que contribuiron a que a peste se expandira por Europa.

4. Moitos fuxen das cidades cara o rural reducindo o o risco de contaxio. Tamén o fixo a corte do Papa, que daquela abandonou Roma e refuxiouse nun castelo preto das montañas: cal era o nome daquela vila e quen era ese Papa ? 

5. O documental da cifras de mortes. Entre elas, salienta que a Península Ibérica tiña 6 millóns de habitantes, pero des só sobreviviron: cantos? Que lugares da Península sufriron máis a peste? Cantos morrían por día en París a causa da enfermidade?.

6. Cales foron os primeiros remedios que adoitaban aplicar os médicos contra a enfermidade? 

7. A ira de Deus polos pecados dos seres humanos foi unha das causas que explicaba a chegada da pesta. Daquela aparecen os "flaxelantes". Que eran, que facían e con que intención?


8. Outra explicación atribúese á contaminación atmosférica froito dunha erupción volcánica que tivera lugar en 1347, e que, consideraban, traía ata a superficie os gases do inferno. De que volcán se trataba e en que país actual se atopa? 

9. Que medida empezou aplicou Venecia para controlar a peste, medida que logo imitaron outras cidades? E que facía Venecia cos comerciantes que tiñan síntomas de estar contaxiados?

10. O investigador franco suizo Alexander Yersin e un bacteorólogo xaponés foron os primeiros que, en 1894, relacionaron a peste co rata asiática. Daquela, os dous estaban estudando un brote de peste: en que lugar? Logo soubose que eran a pulgas as que picaban aos humanos progagando a infermidade: en que ano se soubo esta clave das pulgas? 

11. A teoría máis extendida foi que a orixe da peste era China. Pero unha investigación de 2022 apunta a orixe ao norte dun pequeno país no centro de Asia. De que país se trata? 

 

ACTIVIDADE Nº 2.- Busca a a verba impostora en cada resposta dada:

a) No vídeo exponse que os xudeos foron acusados de xeito infundado de ser causantes da peste, envelenando os pozos de auga. Isto levou a que os xudeos padeceran ataques es varias cidades europeas. Das seguintes onde houbos persecucións, unha delas e falsa, e non menciona no documental: cal é?

Maguncia, Estrasburgo, Basilea, Viena, Zurich, Colonia.

 

b) Outra teoría da época relacionou a peste cunha explicación de astroloxía, atribuindo a peste a aleaneción de tres planetas. Dos catro que se citan, sobra un: de cal se trata? 

Venus, Marte, Xúpiter, Saturno.

 

c) Dos síntomas da peste negra descritos no documental, un é falso: cal é?

delirios, febre alta, rixidez muscular, cegueira, tos con sangue.

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario