viernes, 6 de noviembre de 2026

ESPAÑA E GALICIA: ORGANIZACIÓN TERRITORIAL 

Segunda entrada do curso para 6º de Educación Primaria. Nela imos traballar a organización territorial do estado no que vivimos: España; e da nosa comunidade autónoma: Galicia. Prantexamos un vídeo curto e un reto.
Primeiro, visiona o vídeo que presentamos abaixo, titulado “A organización territorial de España”, e que dura menos  de 7 minutos. Para velo preme no icono de play abaixo:



Consellos: Escribe no caderno con letras maiúsculas o rótulo FÓRA DE CLASE: ESPAÑA E GALICIA: ORGANIZACIÓN TERRITORIAL. Enmárcao nun recadro e colorea ese recadro de blogue sempre coa mesma cor ao longo do curso (a cor que máis che guste, pero que sexa clariña para deixar ver a letra; ao ser da mesma cor, sempre che permitirá localizar as actividades do blogue de xeito doado no caderno).

Logo toca facer esta actividade. Recomendamos copiar sempre os enunciados (dese xeito iso traballas a atención), e logo resposta a lápiz e empregando parte do enunciado (aprendes a redactar, conxugando o verbo). Ah! Ao respostar a lapiz, sempre poderás borrar á hora de corrixir na aula, e quedarache o caderno con mellor aspecto. Ánimo!!!

 __________________________
 
 
ACTIVIDADE Nº 1.- Contesta brevemente ás seguintes cuestións:
1. Cantas comunidades ten España? E que dúas cidades autonómas?
2. España dividese e comunidades. Logo, cada comunidade divídese en provincias. E a pregunta é: en que pequena unidade territorial se dividen as provincias?
3. A capital é a cidade na que reside o goberno. A pregunta é: cal é a capital de España? E cal é a capital de comunidade autónoma de Galicia?
4. A lingua oficial en España e o castelán, lingua que se falan en todas as comunidades autónomas. Pero nalgunhas comunidades tamén é oficial unha segunda lingua. A pregunta é: cales son as comunidades autónomas que contan con dous idiomas?
5. As provincias divídense en municipios. Cal é a máximo autoridade do municipio?
 


ACTIVIDADE Nº 2.- Investiga:
1. Na imaxe de arriba, cada comunidade está representado por un plato típico desa comunidade. Tres preguntiñas: cal o o plato típico que amosa en Galicia? E en Estremadura? ? E as fabas aparecen como plato típico, de que comunidade? 
2. Hai comunidades que teñen unha soa provincia. Cita as comunidades autónomas de España que teñen unha única pregunta?
3. Cal é a comunidade autónoma que ten máis provincias? Cantas provincia ten?
4. Explícase no vídeo que cada comunidade autónoma ten as seguintes institución: un parlamento, un goberno, un presidente, e un tribunal superior de xustiza. A pregunta é: que nome recibe no goberno da comunidade autónoma de Galicia?

__________________________

 
E agora toca o RETO: Preme no enlace de abaixo a aprende a localizar as comunidades autónomas de España. Logo o vindeiro día na aula comproba do que eres capaz en pantalla:




 Cine en familia... LUTERO (3º ESO)


Primeira entrada do blogue en 3º de ESO par ao curso 2026-27. Acabamos de traballar no primerio tema do curso ("Os inicios da Idade Moderna") a Reforma protestante, a cal supuxo a ruptura do Cristianismo en Europa Occidental. Unha ruptura que se mantén hoxe, con igrexas cristianas que se afastaron da doutrina de Roma. Para reforzar este contido centramos esta primeira entrada do blogue na figura de Martiño Lutero, que abreu esta fenda histórica. Para iso visiona a seguinte película, que data do ano 2003 e que ten unha duración de 1 hora de 58 minutos. Para vela pincha abaixo no icono de play (ou no enlace directo que dispoñemos). Ah! Prepara as palomitas, un refresco... e disfruta do cine...
 

Despois do visionado do vídeo realiza as seguintes actividades. [Fainas na libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título: BLOGUE “FÓRA DE CLASE": LUTERO. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e contesta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades (ou entrega de actividades) será concertada con mestr@. Ánimo!!...
_____________________

ACTIVIDADE Nº 1: Demostra que estiveches atento.- Para iso contesta brevemente ás seguintes cuestións:
1. Enumera feitos, actos ou crenzas da Igrexa de Roma que Lutero denuncia como erros, os cal podes ver nos inicios da película (erros que van facendo que Lutero se reprantexe a súa fe) 
2. Quen é do príncipe alemán que protexe a Lutero no enfrontamento co Papado? 
3. Que lle esexían a Lutero  en Worms, cando este se citou co emperador? 
4. Quen secuestra a Lutero despois de marchar de Worms e por que razón? 
5. A que adica o seu labor Lutero, mentras estivo confinado (encerrado)? 

Fotograma da película

ACTIVIDADE Nº 2: Indica se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións, relacionadas coa película.-
1. Lutero casou cunha antiga monxa.
2. Segundo se afirma na película, nas revoltas en favor de Lutero morreron entre 50.000 e 100.000 personas, na súa maioría campesiños.
3. Na película vese a escena velando o cadavre do emperador de Alemaña. 
4. Cando abandona o seu confinamento, Lutero sae disfrazado de campesiño.
5. No intre de recibir a bula de excomunión Lutero ráchaa coas mans en público. 

Outro fotograma da película

ACTIVIDADE Nº 3: Investiga.-
1. Cal era o nome do emperador que aparece na película? Que relación tiña ese emperador con España? 
2. A película empeza coa primeira misa de Lutero, onde é ordenado sacerdote, e remata 16 anos antes da súa morte. Por tanto: En que ano do calendario debe arrancar esta película? E en que ano remata?




BATALLA DO RÍO GUADALETE 

Segunda entrada do blogue neste curso. Nela traballamos o último tema abordado na aula: Al-Andalus. Para isto parámonos no capítulo de batalla do Ría Guadalete, na que os visigodos foron derrotados polos árabes, cando estos acaban de entrar na Península. Para iso presentamos esta vez un podcast, isto é un audio de radio narrado polo locutor Juan Antonio Cebrián, na súa serie “Pasajes de la Historia”, dentro do programa radiofónico nocturno “La Rosa de los Vientos”. Para escoitalo pincha no enlace que figura abaixo. Podes baixalo e levalo ao teu teléfono ou reprodutor, para escoitalo con comodidade no sofá ou mesmo na cama, á vez que solucionas as actividades propostas.

 A BATALLA DO RÍO GUADALETE


Como sempre, fainas na libreta. Enmarca o título FORA DE CLASE: A BATALLA DO RÍO GUADALETE, e colorea o recadro. Logo copia os enunciados e resposta sempre con parte deles. O mestre ou mestra concertará contigo o data de corrección na aula ou a entrega de traballo que propoñemos abaixo.

 **************************

ACTIVIDADE Nº 1: Proba que estiveches atento.- Para iso contesta brevemente as seguintes cuestións:

1.  O audio dinos que no ano 710 o reino visigodo estaba a vivir unha guerra civil. A pregunta é: que dúas faccións se enfrontaban nesa guerra e por que razón? 

2.   No ano 711 as tropas musulmás empezaron a pasar o estreito de Xibraltar. Ao seu mando estaba un lugartenente de Muza, chamado Tariq. Esas tropas que pasaron xuntáronse nunha zona, que é coñecida hoxe por un nome que relacionado con aquel Tariq. Cal é esa localidade gaditana que mantén ese nome? (abaixo, na foto Don Rodrigo)


3. Onde estaba Don Rodrigo cando recibe a nova de que os árabes estaba entrando por polo sur?
4.  En que provincia se librou a batalla do río Guadalete? Cantos soldados se calcula que integraban o exército musulmán nesa batalla? E cantos soldados no exército visigodo? 

5. Entre que datas transcurriu a batalla? Os visigodos empezaron mantendo a iniciativa na batalla pero logo mundou: que factor resultou decisivo para que os visigodos perderan esa batalla? 

6.   Cantas xente se calcula que morreu por parte árabe na batalla do río Guadalete? E por parte visigoda?

7.   Despois da batalla nada se soubo de Don Rodrigo: que dúas teorías se barallan que pasou con este rei visigodo?

 

 A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

Segunda entrada do curso 2026-27 en 4º de ESO. Nesta ocasión, está relacionada coa REVOLUCIÓN INDUSTRIAL. Para iso propoñémosche visionar este vídeo de 9 minutos, que é unha selección de varias escenas da película "Daens" ambientada en Bélxica nos tempos da Revolución Industrial.



Logo de velo, realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espacio cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE”: A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. O mestre ou mestra concertará contigo o día en que ides a corrixir as actividades xuntos na aula.


*************************

ACTIVIDADE Nº 1.- DEMOSTRA QUE ESTIVECHES ATENTO.- Resposta brevemente ás seguintes cuestións relacionadas co vídeo: 

1. Que dúas novas clases sociais protagonizan o vídeo? Con que aspecto de Revolución Industrial estaría relacionado o vìdeo: coas causas ou coas consecuencias?

2. A que sector industrial estaba adicada a fábrica que protagoniza o vídeo? 

3. Cando Adolf Daens ía pola rúa, recoñece que lle ofreceron un xornal : de que ideoloxía era ese xornal? 

3. Que traballo facían os nenos nesa fábrica o por que os escollían a eles para facer ese traballo? 

4. Enumera aspectos que se aprecian no vídeo e que supoñen explotación do proletariado.

5. Na xuntanza entre burgueses: que dúas solucións se propoñen para aforrar costes nas fábricas? 


 

ACTIVIDADE Nº 2.- En cifras:

1. Que sanción lle impón o capataz ao neno por tentar axudar a unha nena no seu traballo? 

2. Canto estaban pagando como salario? Un burgués propoñía rebaixar o salario dos obreiros por día: a canto? 

3. En comparativa: canto costaba daquela un kg. de pan?  E un saco de carbón? 

 



miércoles, 4 de noviembre de 2026

O MÉTODO CIENTÍFICO

Segunda primeira entrada do curso no nivel de 3º de Educación Primaria. Nela propoñémoshe aprender a coñecer o método científico, ese que, cando pensamos, todos aplicamos na vida cotiá dun xeito ou doutro. Facemos iso mismo que os científicos para resolver grandes problema ou enigamas
Para iso, toca visionar o vídeo que che propoñemos, o cal ten cunha duración de tan só 6minutos. Pero velo pincha abaixo, no icono de “play”:



Agora toca facer as actividades que figuran abaixo. A túa mestra ou mestre concertará contigo o día para corrixilas xuntos na aula.

Consellos: Escribe no caderno con letras maiúsculas o rótulo FÓRA DE CLASE: O MÉTODO CIENTÍFICO. Enmárcao nun recadro e colorea ese recadro de blogue sempre coa mesma cor ao longo do curso (a cor que máis che guste, pero que sexa clariña para deixar ver a letra; ao ser da mesma cor, sempre che permitirá localizar as actividades do blogue de xeito doado no caderno). Para guiarte podes seguir o exemplo que puxemos aquí abaixo:

FÓRA DE CLASE: O MÉTODO CIENTÍFICO
 

Á hora de facer as actividades, recomendamos copiar sempre os enunciados (dese xeito iso traballas a atención), e logo resposta a lápiz e empregando parte do enunciado (aprendes a redactar, conxugando o verbo). Ah! Ao respostar a lapis, sempre poderás borrar á hora de corrixir na aula, e quedarache o caderno con mellor aspecto. Ánimo!!! 💪

____________________________

EXERCIO Nº 1.- Contesta ás seguintes cuestións sobre o vídeo:
1. Cal é o enigma ao que pretenden dar resposta estos dous peculiares científicos?
2. Cales son as tres hipótesis (posibles explicacións) que se tratan de demostrar para dar coa solución?
3. Que experimento se realiza en cada hipótese para comprobar se é correcta ou non?
4. Cal das tres conclusións (ás que se chega en cada caso) é a que obtén a resposta correcta ao enigma? 


 
EXERCICO Nº 2.- Pon en orde os seguintes pasos do método científico:

- experimentación
- pregunta do problema a resolver
- conclusión
- hipótese
- resultado ou análise de datos 



EXERCICIO Nº 3.- Aplica ti o método científico para resolver o seguinte suposto da vía cotiá:
Chegas á casa, queres acender a televisión co mando, pero o logras. O enigma a resolver é: Por que non se acende a televisión?
a) Escribe unha hipótese: ………
b) Detalla o experimento que realizas: ……………
c) Escribe a conclusión á que chagaches: ………….


Alumnas do Colexio Possumus aplicando o método científico

EXERCICIO Nº 4.- Xogo imaxinativo aplicando o método científico o teu labor no colexio.
O/A mestr@ de Xeografía fíxoche unha proba para comproba si sabías o tema explicado. Imos supoñer que nesa proba obtés unha puntuación de 4 sobre 10 puntos e estas suspens@. O problema a resolver é: “por que razón suspendín o exame?”.
a) Que hipótese te prantexarías para atopar a resposta correcta?
b) Que experimento farías?
c) (Imaxina) A que conclusión chegarías? 
 

miércoles, 28 de octubre de 2026

 AXENTES QUE MODELAN O RELEVO TERRESTRE

Segunda entrada do blogue neste curso en 1º de ESO. Aquí presentámosche tres curtos vídeos sobre os axentes internos que modelan o relevo terrestre.


vídeo nº 1: "Lo imposible"

  


 

vídeo nº 2 




vídeo nº 3 



Logo de visionalos, rotula na libreta o título FÓRA DE CLASE: AXENTES INTERNOS QUE MODELAN O RELEVO TERRESTRE. Enmarca o título nun recadro e colorea ese recadro. Logo resolve as actividades que a continuación se prantexan. Para iso vaite copiando os enunciados, e respostando empregando na redación parte do enunciado. Corrixe na aula no día concertado c@ mestr@

 

 



ACTIVIDADE Nº 1.- Contesta brevemente ás seguintes cuestións sobre os vídeos:

1. Cales dos axentes internos que modela o relevo terreste se amosa en cada vídeo?

2. O vídeo nº 1 está extraído da á película "Lo imposible", baseada en feitos reais. A pregunta é: onde estaba a familia cando os sorprende a chegada do tsunami?

3. No vídeo nº 1: Que elementos fai presaxiar aos protagonistas que algo extraño vai a acaecer?

4. O vídeo nº 2 amosa un terremoto. Onde tivo lugar? Canto tempo durou?


ACTIVIDADE Nº 2.- Investiga:

1. A película "Lo imposible": de que nacionalidade é? O feito real ao que se refire a película: cando, onde tivo lugar e cantas vítimas mortais ocasionou?

2. O volcán do vídeo nº 3: que nome recibe ese volcan? Can e onde tivo lugar? (en que illa?). Canto tempo mantivo a súa actividade?


ACTIVIDADE Nº 3.- Pensa e resposta:

A seguinte imaxe que amosamos abaixo está tomada da Praia das Catedrais.



Dúas son as preguntas que prantexamos:

1. En que provincia galega se atopa a "Praia das Catedrais? Que mar baña esa praia?

2. Estas formas do relevo: están motivados por axentes internos ou externos? E dentro de cada bloque (internos/externos): cales inflúen en que ese formen estas formas?




lunes, 28 de septiembre de 2026

1º ESO

 HAI VIDA NOUTROS PLANETAS?

Primeira entrada do blogue neste curso en 1º de ESO. Relacionado co tema que acabades de abordar na aula, propoñemos visionar un pequeno vídeo da canle NATIONAL GEOGRAPHIC, no que o físico e cosmólogo Stephen W. Hawking fala sobre da posibilidade da existencia de vida noutros planetas. Para velo pincha abaixo no icono de "play".




Despois de ver os dous vídeos curso, toca facer as actividades que figuran abaixo. A túa mestra ou mestre concertará contigo o día para corrixilas xuntos na aula.

Consellos: Escribe no caderno con letras maiúsculas o rótulo FÓRA DE CLASE: HAI VIDA NOUTROS PLANETAS? . Enmárcao nun recadro e colorea ese recadro de blogue sempre coa mesma cor ao longo do curso (a cor que máis che guste, pero que sexa clariña para deixar ver a letra; ao ser da mesma cor, sempre che permitirá localizar as actividades do blogue de xeito doado no caderno). Para guiarte podes seguir o exemplo que puxemos aquí abaixo:  


 

Á hora de facer as actividades, recomendamos copiar sempre os enunciados (dese xeito iso traballas a atención), e logo resposta a lápiz e empregando parte do enunciado (aprendes a redactar, conxugando o verbo). Ah! Ao respostar a lapis, sempre poderás borrar á hora de corrixir na aula, e quedarache o caderno con mellor aspecto. Ánimo!!! 💪

_______________________________


 

ACTIVIDADE Nº 1.- Contesta brevemente ás seguintes cuestións sobre o vídeo:

1. Que dúas condicións deben cumprir os planetas candidatos a ter vida?

2. Para ter auga líquida, os planetas candidatos a albergar vida non poden estar nen moi preto nen moi lonxe das estrelas. Por que sería imposible albergar auga se estiveran moi preto ou moi lonxe das estrelas?

3. Que nome recibe a nosa galaxia? E cantos anos se apunta no vídeo que ten?

4. Segundo o exposto no vídeo: cantos planetas poden existir candidatos a albergar vida?

 


ACTIVIDADE Nº 2.- Investiga sobre a figura de Stephen W. Hawking, e contesta ás seguintes cuestións:

1. Indica a nacionalidade, o ano de morte e a que idade finou Stephen W. Hawking.

2. Que enfermidade padecía? En que consiste esa enfermidade?

3. Hawking colleitou innumerables premios pola súa labor. No ano 1989, recolleu un dos galardóns máis importantes da súa vida en España: de que premio estamos a falar?