4º ESO

A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

 Segunda entrada do curso 2025-26 en 4º de ESO. Nesta ocasión, está relacionada con tema nº 3 que estamos a traballar na aula: A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL. Para iso propoñémosche visionar este vídeo de 9 minutos, que é unha selección de varias escenas da película "Daens" ambientada en Bélxica nos tempos da Revolución Industrial.


Logo de velo, realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espacio cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE”: A REVOLUCIÓN INDUSTRIALEnmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o xoves 30 de outubro.



*************************


ACTIVIDADE Nº 1.- DEMOSTRA QUE ESTIVECHES ATENTO.- Resposta brevemente ás seguintes cuestións relacionadas co vídeo: 

1. Que dúas novas clases sociais protagonizan o vídeo? Con que aspecto de Revolución Industrial estaría relacionado o vìdeo: coas causas ou coas consecuencias?

2. A que sector industrial estaba adicada a fábrica que protagoniza o vídeo? 

3. Cando Adolf Daens ía pola rúa, recoñece que lle ofreceron un xornal : de que ideoloxía era ese xornal? 

3. Que traballo facían os nenos nesa fábrica o por que os escollían a eles para facer ese traballo? 

4. Enumera aspectos que se aprecian no vídeo e que supoñen explotación do proletariado.

5. Na xuntanza entre burgueses: que dúas solucións se propoñen para aforrar costes nas fábricas? 


 

ACTIVIDADE Nº 2.- En cifras:

1. Que sanción lle impón o capataz ao neno por tentar axudar a unha nena no seu traballo? 

2. Canto estaban pagando como salario? Un burgués propoñía rebaixar o salario dos obreiros por día: a canto? 

3. En comparativa: canto costaba daquela un kg. de pan?  E un saco de carbón? 

 




______________________________


LIBRO XEOGRAFÍA E HISTORIA-POSSUMUS

 

Benvido o alumnado de 4º de ESO ao curso 2025-26. Aquí deixamos a túa disposición o libro de XEOGRAFÍA E HISTORIA-POSSUMUS, elaborado exclusivamente para ti polo mestre. Para ter acceso a este libro dixital pincha abaixo no seguinte enlace. Desde aí poderás solicitar acceso para poder velo, consultalo, descargalo no teu ordenador ou ben, se queres, imprimilo en versión papel. Á hora de solicitar acceso debes indicar NOME E APELIDOS do alumn@ de 4º de ESO que curse estudos no colexio POSSUMUS, por cando é unha ferramenta exclusiva para el/ela. Só podes solicitar acceso a partir do 8 de setembro de 2025, cando o inicio do curso. Antes desa data non se atenderán solicitudes.

_____________





No hay comentarios:

Publicar un comentario