A HISPANIA VISIGODA
Primeira entrada do curso 2025-26 en 2º de ESO. Nesta ocasión, erelacionado co abordado en clase, servimos este pequeno vídeo sobre o reino visigodo, e que ten unha duración inferior a 7 minutos. Para velo pincha abaixo no icono de play.
Logo da velo realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espacio cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE”: A HISPANIA VISIGODA. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o martes 30 de setembro.
1. Que tres pobos xermánicos, se mencionan o vídeo, cruzaron os Pirineos e se instalaron en Hispania antes da chegada do godos?
2. Os francos expandíronse e expulsaron aos visigodos de Galia. A que rei visigodo deron morte os francos naquela guerra?
3. Asentados xa en Hispania, o vídeo menciona o nome do rei Leovixildo. Preto de Guadalaxara, Leovixildo mandou construir unha cidade na honra do seu fillo: que nome recibía esa cidade?
4. Que rei visigodo estableu o Cristianismo como relixión do seu reino?
5. Que gran sabio visigodo se menciona no vídeo, e que famosa obra (que era resumo do saber universal) escribiu este sabio en 20 volumes?
![]() |
O rei Leovixildo |
a) O último rei visigodo foi Don Rodrigo.
b) Os vándalos, cando estiveron en Hispania, estiveron asentados na Bética.
c) Os godos entraron en Hispania como aliados de Roma para recuperar os territorios ocupados aquí polos saxóns.
d) Cando se dividiu o Imperio Romano, o Imperio Romano Oriente estableceu a súa capital na cidade de Constantinopla.
No hay comentarios:
Publicar un comentario