martes, 21 de octubre de 2025

BATALLA DO RÍO GUADALETE 

Segunda entrada do blogue neste curso. Nela traballamos o último tema abordado na aula: Al-Andalus. Para isto parámonos no capítulo de batalla do Ría Guadalete, na que os visigodos foron derrotados polos árabes, cando estos acaban de entrar na Península. Para iso presentamos esta vez un podcast, isto é un audio de radio narrado polo locutor Juan Antonio Cebrián, na súa serie “Pasajes de la Historia”, dentro do programa radiofónico nocturno “La Rosa de los Vientos”. Para escoitalo pincha no enlace que figura abaixo. Podes baixalo e levalo ao teu teléfono ou reprodutor, para escoitalo con comodidade no sofá ou mesmo na cama, á vez que solucionas as actividades propostas.

 A BATALLA DO RÍO GUADALETE


Como sempre, fainas na libreta. Enmarca o título FORA DE CLASE: A BATALLA DO RÍO GUADALETE, e colorea o recadro. Logo copia os enunciados e resposta sempre con parte deles. A data de correción será o xoves martes 28 de outubro.

 **************************

ACTIVIDADE Nº 1: Proba que estiveches atento.- Para iso contesta brevemente as seguintes cuestións:

1.  O audio infórmanos que no ano 710 o reino visigodo estaba a vivir unha guerra civil. A pregunta é: a que dúas faccións se enfrontaban esa guerra e por que razón? 

2.   No ano 711 empezou o paso do estreito de Xibraltar por parte das tropas musulmanas. Ao seu mando estaba un lugartenente de Muza, de nome Tariq. Esas tropas foron pasando e xuntáronse nunha zona que é lembrada hoxe por un nome que está relacionado con aquel. Cal é esa localidade gaditana que mantén ese nome? (abaixo, na foto Don Rodrigo)


3. Onde estaba Don Rodrigo cando recibe a nova de que os árabes estaba entrando por polo sur?
4.  En que provincia se librou a batalla do río Guadalete? Cantos soldados se calcula que integraban o exército musulmán nesa batalla? E cantos soldados no exército visigodo? 

5. Entre que datas transcurriu a batalla? Os visigodos empezaron mantendo a iniciativa na batalla pero logo virou: que factor resultou decisivo para que os visigodos perderan a batalla? 

6.   Cantas xente se calcula que morreu na batalla por parte árabe? E por parte visigoda?

7.   Despois da batalla nada se soubo de Don Rodrigo: que dúas teorías se baralla que pasou con el?

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario