PASEO POLA CIDADE MEDIEVAL
Damos un paseo pola cidade da Baixa Idade Media, vinculado ao tema que estamos a explicar e traballar na aula. Facémolo de mans de Canle Historia, cun documental de 14’52’’ minutos. Para velo pincha aquí abaixo no icono de play para visionalo, coñecer máis a engadir méritos para esta segunda avaliación que arrancamos aquí:
Despois do visionado realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE: A CIDADE NA BAIXA IDADE MEDIA". Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación en corrección destas actividades será o xoves 18 de decembro
ACTIVIDADE Nº 1: Proba que estiveches atento contestando as seguintes curiosidades.-
1. Cantos quilómetros apunta o vídeo debían percorrer, como moito, os mercaderes na ruta cada día?
2. As murallas eran un elemento que identificaba á cidade medieval. A través das súas portas accedíase á cidade. A pregunta é: a que hora abrían e se pechaban as portas da muralla?
3. Que artiluxio relacionado coa medición do tempo adquire protagonismo na cidade a partir do s. XIII, e onde estaba situado?
4. Na cidade medieval proliferan moito as tabernas, onde comía, bebía e xogaba a xente. Cal era o principal xogo nas tabernas que se apunta no vídeo?
5. Como non había rede de sumidoiros: cal era a alternativa para facer cada quen as “necesidades” na cidade?
6. Que institución, se afirma no vídeo, autogobernaba a cidade?
7. Apunta o vídeo que a cidade promove o asociacionismo. Que entidade asociativa coñeces ti que xurdira nesta época? En que consistía?
 |
| Unha imaxe da cidade medieval refrexada polo cine |
ACTIVIDADE Nº 2: Describe.-
A raíz do vídeo escribe un texto de tres liñas no que describas de xeito claro a cidade e a vida na cidade medieval. (No foto, a cidade de Ávila hoxe, que conserva as súas murallas medievais)
ACTIVIDADE Nº 3: Sinala se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións relacionada co vídeo.-
a) Nas portas das murallas adoitaba cobrarse unha peaxe aos mercaderes que entraban para vender mercadurías.
b) No vídeo describe o burgo dos arredores das murallas, onde vivía a burguesía.
c) Na Baixa Idade Media, cobrou importancia a faceta urbanística para facer crear a cidade de xeito ordeado.
d) Na cidade medieval a xente adoitaba pasar moito tempo na rúa.
e) Ideouse xa un ascensor rudimentario para evitar as escaleiras e poder subir os residente sasí ás planta altas.
f) Un bloque de casas podía chegar a ter conco ou seis prantas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario