ACTIVIDADE Nº 1: Contesta brevemente ás seguintes cuestións:
1. Na Península de Crimea xenoveses
e mongois disputaban a posesión dunha cidade que, a inicios do s. XIV estaba en mans dos xenoveses. No medio desta disputa chegou a peste a esa cidade. A
pregunta é: de que cidade de trataba e cal o o seu nome actual? E que recurso empregaron os mongois para debilitar
aos xenovese que resistían o asedio no interior da cidade?
2. Entre os factores que
contribuen a propagar as infermidade por Europa, o vídeo apunta as guerras, que suponen
grandes desprazamentos de poboación. O vídeo cita a Guerra do Cen Anos, comentada
a aula. Pero: que outras dúas guerras menciona o documental?
3. Indica outros factores
citados no vídeo que contribuiron a que a peste se expandira por Europa.
4. Moitos fuxen das cidades
cara o rural reducindo o o risco de contaxio. Tamén o fixo a corte do Papa, que daquela abandonou Roma e refuxiouse nun castelo preto das montañas: cal era o
nome daquela vila e quen era ese Papa ?
5. O documental da cifras de
mortes. Entre elas, salienta que a Península Ibérica tiña 6 millóns de
habitantes, pero des só sobreviviron: cantos? Que
lugares da Península sufriron máis a peste? Cantos
morrían por día en París a causa da enfermidade?.
6. Cales foron os primeiros
remedios que adoitaban aplicar os médicos contra a enfermidade?
7. A ira de Deus polos pecados dos seres humanos foi unha das causas que explicaba a chegada da pesta. Daquela aparecen os "flaxelantes". Que eran, que facían e con que intención?
8. Outra explicación atribúese
á contaminación atmosférica froito dunha erupción volcánica que tivera lugar
en 1347, e que, consideraban, traía ata a superficie os gases do inferno. De que
volcán se trataba e en que país actual se atopa?
9. Que medida empezou aplicou
Venecia para controlar a peste, medida que logo imitaron outras cidades? E que facía Venecia cos comerciantes que tiñan
síntomas de estar contaxiados?
10. O investigador franco
suizo Alexander Yersin e un bacteorólogo xaponés foron os primeiros que, en
1894, relacionaron a peste co rata asiática. Daquela, os dous estaban estudando un brote
de peste: en que lugar? Logo soubose que eran a pulgas as que picaban
aos humanos progagando a infermidade: en que ano se soubo esta clave das pulgas?
11. A teoría máis extendida foi que a orixe da peste era China. Pero unha investigación de 2022 apunta a
orixe ao norte dun pequeno país no centro de Asia. De que país se trata?
ACTIVIDADE Nº 2.- Busca a a verba impostora en cada
resposta dada:
a) No vídeo exponse que os
xudeos foron acusados de xeito infundado de ser causantes da peste, envelenando
os pozos de auga. Isto levou a que os xudeos padeceran ataques es varias
cidades europeas. Das seguintes onde houbos persecucións, unha delas e falsa, e non menciona no
documental: cal é?
Maguncia, Estrasburgo,
Basilea, Viena, Zurich, Colonia.
b) Outra teoría da época
relacionou a peste cunha explicación de astroloxía, atribuindo a peste a
aleaneción de tres planetas. Dos catro que se citan, sobra un: de cal se
trata?
Venus, Marte, Xúpiter, Saturno.
c) Dos síntomas da peste
negra descritos no documental, un é falso: cal é?
delirios, febre alta,
rixidez muscular, cegueira, tos con sangue.