domingo, 27 de septiembre de 2026

AS COUSAS PEQUENAS

Benvid@ a primeira entrada do curso. Nela, aproveitando os primeiros temas, tratamos de traballar en ti un estilo de vida sostible. Para iso, primeiro toca visionar a curtametraxe “Las cosas pequeñas", que che propoñemos aquí de pouco máis de 10 minutos. Pero velo pincha abaixo no icono de “play”:





Agora toca facer as actividades que figuran abaixo. A túa mestra ou mestre concertará contigo o día para corrixilas xuntos na aula.


Consellos: Escribe no caderno con letras maiúsculas o rótulo FÓRA DE CLASE: AS COUSAS PEQUENAS . Enmárcao nun recadro e colorea ese recadro de blogue sempre coa mesma cor ao longo do curso (a cor que máis che guste, pero que sexa clariña para deixar ver a letra; ao ser da mesma cor, sempre che permitirá localizar as actividades do blogue de xeito doado no caderno). Para guiarte podes seguir o exemplo que puxemos aquí abaixo:  



 FORA DE CLASE: AS COUSAS PEQUENAS

 

 

Á hora de facer as actividades, recomendamos copiar sempre os enunciados (dese xeito iso traballas a atención), e logo resposta a lapis e empregando parte do enunciado (aprendes a redactar, conxugando o verbo). Ah! Ao respostar a lapiz, sempre poderás borrar á hora de corrixir na aula, e quedarache o caderno con mellor aspecto. Ánimo!!! 💪

__________________________________


ACTIVIDADE Nº 1.- Contesta brevemente ás seguintes cuestións:

1. Que animal atopa Enma no na caseta do xardín?
2. Que explicación lle da Stanislav a Enma sobre a razón de que ese animal chegara ata a caseta do xardín?
3. Enumera os trucos aconsellados por Stanislav e que empeza a por en práctica na casa Enma para un desenvolvemento sostible e máis ecolóxico? 
 
ACTIVIDADE Nº 2.- Redación:
Stanislav explica a que se debe o quencemento global do planeta. Trata de explicalo ti, en que consiste, a que se debe, e que consecuencias está a producir do planeta. (Extenxión aproximada: entre 3-5 liñas)
 


ACTIVIDADE Nº 3.- Opina:
1. Poñedes na casa es práctica algún consello que está a aplicar Enma no vídeo? Cal ou cales?
2. Elixe un, e comprométete a por en práctica na casa un consello de Stanislav e Enma.
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario