4º ESO (1º blogue da 3ª avaliación)
Deberase presentar por corre-e adxunto un documento coas seguintes características (cumprimento obrigado):
Documento: Word (ou LibreOffce)
Tipo de letra: Arial
Tamaño de letra: 11
Cor de letra: negro
Espaciado: dobre espazo
Prazo de entrega: remata o mércores sábado 29 de marzo ás 15 horas.
Avaliación: puntuación dobre (se reúne as condicións mínimas a actividade remitida en prazo)
Ø Como actividade (obrigada) emprazada para casa.
Ø Como actividade (voluntaria) de blogue.
************************
COMENTARIO DE TEXTO (OU PREGUNTAS)
"Temos coñecido o
traballo esgotador esixido a cambio de salarios que non nos permitían nen
saciar a nosa fame, nen vestirnos ou aloxarnos decentemente, nen educar aos
nosos fillos como seres queridos.Temos coñecido as
ironías, os insultos, os golpes de debiamos soportar mañá, tarde e noite,
porque eramos negros. Quen esquecerá que a un negro se lle dicía ti,
certamente non como a un amigo, senón porque o vostede honorable
estaba reservado unicamente para os brancos?Temos coñecido as nosas
terras expoliadas en nome de documentos pretendidamente legais, que non facían
máis que recoñecer o dereito do máis forte; temos coñecido que a lei no era a
mesma, segundo se tratase dun branco ou dun negro, complacente para
uns e cruel e inhumana para outros.Temos coñecido os
sufrimentos atroces dos confinados por opinións políticas e crenzas relixiosas.
Temos coñecido que nas cidades había casas magníficas para os brancos, e
chouzas de palla ruinosas para os negros; que un negro non era admitido nen nos
cines, nen nos restaurantes, nen nos almacéns chamados europeos (...)" (Nota: na foto, o autor Patrice Lumimba, a ombreiros)
(Patrice Lumumba, primeiro ministro do Congo. Discurso na cerimonia de independencia, 1960)
- Natureza,
idea central e división en partes do texto (2)
- Que
aspecto do colonialismo está a denunciar o autor aquí? Cita exemplos que se
mencionen e que demostren a marxinación dos negros durante a época
colonial. (2)
- A
que potencia europea pertencía a colonia do Congo? Enumera os factores que
fixeron posible o movemento descolonizador. (2)
- Que
é o Terceiro Mundo? Que demandas prantexaban na Conferencia de Bandung os
países descolonizados? (2)
- Espazo
tempo, autor, obra e opinión persoal (suxerencia: que responsabilidade pensas
ti que teñen das potencias occidentais na creación) (2)