1º ESO

  

Despídome de ti, alumn@ e lector, desde esta páxina, sabendo que, en adiante, serei eu o que estará xa, para sempre, fóra de clase. Atrás quedan o anos dados e entregados á vocación de ensinar e axudar a comprender a Historia o mellor que souben e puiden. Atrás quedan os milleiros de alumn@a que pasaron polas clases desde que empezara nisto en 1991, xusto cando se cumplen 1600 anos de fitos de que emperador romano Teodosio prohibira o paganismo e impuxera como relixión oficial: sabes cal?

Desexo para ti, si, para ti que me les, o mellor, que valores, de corazón, aos teus de moi preto, y que te apoies neles e nos seus consellos para perseguir os teus soños. Se honrado contigo e cos teus, organiza, estuda, sempre estuda para aproveitar o tempo, porque iso farate máis reflexivo, terás unha opinión máis coherente e madura e, sobre todo, serás mellor persoa. Así, sen darte conta, farás florecer a felicidade interior en ti e nos que están ao teu redor. Esa é a túa misión no mundo. Non o esquezas. 

E para iso, unha última entradiña do blogue que che explicará o profe.


************************


A MORTE DE XULIO CÉSAR

 

Oitva entrada do blogue no curso. Nesta ocasión, aproveitando que estamos a traballar na aula o Imperio Romano, toca visionar dous pequenos vídeos que che servimos sobre a morte dun dos personaxes máis importantes dese imperio: Xulio César.
 
 

 



Logo de visionar os dous vídeos e investigar un chisco, realiza as seguintes actividades. [Fainas na libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “A MORTE DE XULIO CÉSAR”. Enmarca o devandito título e colorea logo ese cado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección será o día que concerte contigo o mestre na aula.
_____________________

ACTIVIDADE Nº 1.- Contesta ás seguintes cuestións:

1. Onde e cando foi asesinado  Xulio César? (podes velo nos vídeos: indica día, mes e ano)
2. Por que razón foi asesinado Xulio César?
3. Nada máis entrar no Senado, un senador aborda a Xulio César: que lle pide?
4. No vídeo do programa “El Condensador de Fluzo”, apúntase o número de homes participaron naquel complot: cantos? Que deles foi o promotor daquel complot?
5. Cantas puñaladas lle deron a Xulio César?
6. Xulio César foi famoso polo éxito nas súas campañas militares: en Exipto, Asia Menor, N. de África… E que outro lugar se cita en Europa?
7. No vídeo da película, un último senador dalle a puñalada de gracia, cando Xulio César estaba moribundo no chan. En relación aos dous vídeos e o que poidas investigar: quen pensas que foi ese último personaxe ao que lle dan un puñal para rematalo?



Estatua de Xulio César
 
ACTIVIDADE Nº 2.- Sinala de son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións:
a) Na película Xulio César atopábase sentado cando foi abordado para matalo.
b) Nun último xesto Xulio César tratou de taparse o rostro coa súa toga para que non viran o seu rostro cando finara.
c) No vídeo de “El Condensador de Fluzo” Bruto recibe unha misiva na man onde figura escrito: “A mi prima le molas”.
d) Bruto era en realidade fillo de Xulio César.

e) Xulio César foi o primeiro emperador de Roma.
 
 

_________________________________


AVALIACIÓN: PREGUNTAS A EXPLICAR



1. O Sistema Solar e movementos da Terra
2. Axentes que modelan o relevo terrestre
3. O proceso de formación das choivas
4. Os climas da Terra (rexións onde domina cada clima, e características de cada clima: temperaturas, precipitacións e vexetación).

5. A vida do Paleolítico e no Neolítico.
6. Tema actual: só a parte de Mesopotamia

PRÁCTICAS
1. Fusos horarios: calcular horas segundo o mapa.
2. Latitude e lonxitude: localizar puntos sobre o mapa.
3. Localizar accidentes xeográficos por continentes e España (ríos, cabos, golfos, cordilleiras, penínsulas, etc., entre o listado do tema; mapa: 20 por cento da nota do exame).
4. Climogramas


PREGUNTAS BREVES (fóra das preguntas anteriores)

XEOGRAFÍA e HISTORIA

1. Distinguir entre atmosfera, litosfera, hidrosfera, criosfera e biosfera.
2. Diferenciar entre: cabo, golfo, península, meseta, cordilleira, istmo.
3. Distinguir entre epicentro de hipocentro dun terremoto.
4. Diferencias entre termómetro, barómetro e pluviómetro.
5. Citar un tipo de vento permañente, outro estacional e outro local.
6. Factores que fan variar as temperaturas, e como varían en cada caso.

7. Os homínidos e citar un avance por cada un deles (ver esquema).
8. Arte: pinturas rupestres (pintura da Cova de Altamira) e venus.
9. A Idade do Metais: onde empeza, datar no tempo os primeiros metais (cobre, bronce e ferro).
10. Megálitos: que son? cando? tipos de megálitos.
11. Paleolítico na Península Ibérica: Atapuerca-Homo Antecessor
12. Neolítico na Península Ibérica: cerámica cardial e petroglifos
13. Idade dos Metais na Penísula Ibérica: cultura de El Argar; cultura de Los Millares; campos de furnas; cerámica do vaso campaniforme
14. Prehistoria en Galicia: xacimentos máis antigos de Galicia.


1º ESO, O GRAN RETO:

@alumn@ de 1º E.S.O. contra 

POSSUMBLUE


LIBRO XEOGRAFÍA E HISTORIA-POSSUMUS


Benvido o alumnado de 1º de ESO ao curso 2025-26. Aquí deixamos a túa disposición o libro de XEOGRAFÍA E HISTORIA-POSSUMUS, elaborado exclusivamente para ti polo mestre. Para ter acceso a este libro dixital, pincha abaixo no enlace. Desde aí poderás solicitar acceso para poder velo, consultalo, descargalo no teu ordenador, ou ben, se queres, imprimilo en versión papel. Á hora de solicitar acceso debes indicar NOME E APELIDOS do alumn@ de 1º de ESO que curse estudos no colexio POSSUMUS, por cando é unha ferramenta exclusiva para el/ela. Só podes solicitar acceso a partir do 8 de setembro de 2025, cando o inicio do curso. Antes desa data non se atenderán solicitudes.


LIBRO XEOGRAFÍA E HISTORIA POSSUMUS, 1º ESO






No hay comentarios:

Publicar un comentario