miércoles, 5 de noviembre de 2025

 O CID: TEMPO DE LENDA

2º ESO

Achegámonos nesta segunda entrada do blogue á Idade Media a través dun famoso heroe medieval da historia de España: Rodrígo Díaz de Vivar, alcumando "O Cid Campeador". Facémolo a través dunha particular viaxe no tempo que nos brinda a serie "El Ministerio del Tiempo" de TVE co seu capítulo titulado "Tiempo de leyenda". A serie baséase na existencia dun ministerio segredo (o Ministerio do Tempo) con axentes que viaxan ao pasado para evitar que a historia de España se altere e poida dese xeito seguir o seu curso. Aónda que ás veces, como veremos neste capítulo, non todo sae como estaba previsto e son precisas solucións de urxencia para non alterar a historia.

Para velo pincha abaixo no icono de play 






Podes ver curiosidades, resolver algunha pregunta prantexada pinchando no seguinte enlace:




Despois do visionado realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE":  O CID. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o  martes 18 de novembro. Ánimo...!!


ACTIVIDADE Nº 1: Demostra que estiveches atento.- 
Para iso resposta ás seguintes cuestións:

Unha imaxe do capítulo da serie "El Ministerio del Tiempo"
1.Situémonos no tempo: O capítulo arranca nun lugar e nunha data: onde e cando? Cantos anos faltaban daquela para que, na realidade, finara o Cid? 
2. Cando viaxa no tempo: en que etapa, das catro vistas en clase, se atopa Al-Andalus? Segundo se desprende do capítulo: que pobo norteafricano domiñaba daquela Al-Andalus?
3. Cal era a misión da patrulla nesa viaxe no tempo? Por que era necesaria esa misión?
4. Na parte final entendemos o por que da primeira escena que abre o capítulo: por que uns axentes grababan cunha cámara ao Cid nunha loita contra soldados árabes?
5. Enumera diferentes aparellos do presente que aparecen durante o capítulo no pasado (e que, por tanto, non existían daquela).

Outra imaxe do Cid do capítulo "Tiempo de Leyenda"
ACTIVIDADE Nº 2: Investiga aspectos relacionados coa serie.-
1. Un dos axentes  que participa na misión chámase Spínola. Quen foi en realidade esta personaxe e cando viviu?
2. Ao principio do capítulo, pola cafetería do Ministerio, aparece un pintor que lle entrega como agasallo un cadro a un dos axentes. De que afamado pintor se trataba? Cita un cadro famoso del.
3. Mencionase tamén a un recoñecido actor norteamericano que interpretou ao Cid nunha famosa película sobre esta personaxe. Quen é ese actor? 

Outra imaxe do Cid no cine
ACTIVIDADE Nº 3: Investiga sobre a figura do Cid.-
1. O Cid fora vasalo: de que dous reis antes de ser desterrado de Castela? Na Idade Media: que significaba ser vasalo e cal era a súa obriga para co seu señor?
2. Por que razón foi desterrado o Cid de Castela? E por que acabou en Valencia?
3. O seu nome era Rodrigo Díaz de Vivar: que sifnifica o alcume de "Cid" e quen llo puxo?





EL MINISTERIO DEL TIEMPO 

PRETÉRITO IMPERFECTO (4º ESO)

 
Terceira entrada do curso. Trátase de ver un capítulo da serie “El Ministerio del Tiempo. Pero esta é unha entrada misteriosa, aquí non se adiantamos nada. Non saberás de que trata ata que vexas o vídeo. Para velo o capítulo pincha abaxio no seguinte enlace:

 


Obra como de costume na libreta. O día de presentación e corrección na aula será xoves o 13 de novembro

EXERCICIO Nº 1.- Logo de visionalo, contesta ás seguintes preguntas:
1. En que pazo transcorre o capítulo? En que provincia está enclavado ese pazo?
2. Que monarca é o protagonista deste capítulo? Por que razón o Ministerio do Tempo ten que recorrer a un doble?
3. Cal era a doenza que estaba a causar a morte dese monarca?
4. No capítulo dase a entender que estaban a envelenar ao rei: que veleno estaban a empregar?
5. Nesa viaxe ao pasado, ao doble fáiselle crer que aquelo era un “reality histórico”. Para ver en directo todo o que estaba a suceder no dormitorio do rei: en que lugares estaban situadas as dúas cámaras?
6. Quen era o outro pretendente da coroa? Segundo o vídeo: que anuncia este personaxe restaurar, se el se converte en rei?
7. Por que razón mellorou a saúde do rei despois desa viaxe ao presente? Canto tempo viviu na realidade a partir daquela ficción?
 


EXERCICIO Nº 2.- Ficción e historia, resolve a cúas cuestión que seguen:
1. O doble do rei excédese no seu papel. Enumera excentricidades  na súa sobreactuación facendo cousas fóra de lugar.
2, Que histórico documento asina ao final o rei a instancias do ministro de “El Ministerio del Tiempo”? Que establecía nese documento? Que consecuencias que van a derivar desa sinatura?
 

martes, 21 de octubre de 2025

1º ESO, O GRAN RETO:

@alumn@ de 1º E.S.O. contra 

POSSUMBLUE



Segundda entrada do blogue en 1º de ESO no curso. Nela presentámosche un reto: vencer á nosa máquina POSSUMBLUE, esta vez sobre mapas. O reto con máquina será o vindeiro martes 4 de NOVEMBRO. Para entrenar pincha nos seguintes enlaces que aparecen debaixo.


Para xogar na aula, podes elixir unha das dúas opcións. Gañar nesa opción que decidas ti supón nota positiva no blogue. E, se resolves as dúas opcións, coas condicións que se ofrecen, obterás doble positivo e un agasallo.


Opc. 1: CONTINENTES.-







Opc. 2: ESPAÑA.-


Ríos de España (máximo de erros: 2)

Costas de España (max. de erros: 2)


Para acadar a nota positiva de blogue debes acadar o mínimo do 80% de acertos. Só unha única quenda por alumn@ particante. Ti decides...

 
ENTRENA!!



BATALLA DO RÍO GUADALETE 

Segunda entrada do blogue neste curso. Nela traballamos o último tema abordado na aula: Al-Andalus. Para isto parámonos no capítulo de batalla do Ría Guadalete, na que os visigodos foron derrotados polos árabes, cando estos acaban de entrar na Península. Para iso presentamos esta vez un podcast, isto é un audio de radio narrado polo locutor Juan Antonio Cebrián, na súa serie “Pasajes de la Historia”, dentro do programa radiofónico nocturno “La Rosa de los Vientos”. Para escoitalo pincha no enlace que figura abaixo. Podes baixalo e levalo ao teu teléfono ou reprodutor, para escoitalo con comodidade no sofá ou mesmo na cama, á vez que solucionas as actividades propostas.

 A BATALLA DO RÍO GUADALETE


Como sempre, fainas na libreta. Enmarca o título FORA DE CLASE: A BATALLA DO RÍO GUADALETE, e colorea o recadro. Logo copia os enunciados e resposta sempre con parte deles. A data de correción será o xoves martes 28 de outubro.

 **************************

ACTIVIDADE Nº 1: Proba que estiveches atento.- Para iso contesta brevemente as seguintes cuestións:

1.  O audio infórmanos que no ano 710 o reino visigodo estaba a vivir unha guerra civil. A pregunta é: a que dúas faccións se enfrontaban esa guerra e por que razón? 

2.   No ano 711 empezou o paso do estreito de Xibraltar por parte das tropas musulmanas. Ao seu mando estaba un lugartenente de Muza, de nome Tariq. Esas tropas foron pasando e xuntáronse nunha zona que é lembrada hoxe por un nome que está relacionado con aquel. Cal é esa localidade gaditana que mantén ese nome? (abaixo, na foto Don Rodrigo)


3. Onde estaba Don Rodrigo cando recibe a nova de que os árabes estaba entrando por polo sur?
4.  En que provincia se librou a batalla do río Guadalete? Cantos soldados se calcula que integraban o exército musulmán nesa batalla? E cantos soldados no exército visigodo? 

5. Entre que datas transcurriu a batalla? Os visigodos empezaron mantendo a iniciativa na batalla pero logo virou: que factor resultou decisivo para que os visigodos perderan a batalla? 

6.   Cantas xente se calcula que morreu na batalla por parte árabe? E por parte visigoda?

7.   Despois da batalla nada se soubo de Don Rodrigo: que dúas teorías se baralla que pasou con el?

 

Cine en familia... (3º ESO)

1492, A CONQUISTA DO PARAÍSO


Cartel da película
Partindo da teoría nunca probada de que a Terra era redonda, en 1492 unha expedición capitaneada por Cristóbal Colón ao servicio da Coroa de Castela, atravesa por primeira vez o Océano Atlántico co obxecto de acadar as Indias navegando cara ao Oeste. O resultado foi o descubrimento de América. Vimos de traballar este tema en clase. Por esta razón propoñemoche visionar unha película sobre este fito: "1492, A Conquista do Paraíso", dirixida por Ridley Scott ("Gladiator", "Alien, o octavo pasaxeiro"), protagonizada por Gérard Depardieu ("Cyrano de Bergerac", "O home da máscara de ferro"), e música de Vangelis ("Carros de lume"). A película foi estreada en 1992 con motivo de do V centenario do descubrimento de América. Para vela pincha ano seguinte enlace:

Logo da vela realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espacio cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE”: 1492, A CONQUISTA DO PARAÍSO. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o martes 4 de novembro.

ACTIVIDADE Nº 1.- Contesta brevemente ás seguintes cuestións relacionadas coa película:
1. En que cidade universitaria e en que ano recibe a Colón unha comisión de expertos para analizar o seu proxecto? Segundo os cálculos de Colón amosados nese encontro: canto tempo debía durar a viaxe? 
Un fotograma da película
2. Que recompensa ofrece Colón para o primeiro que atope terra? 
3. Con que nome bautiza Colón aquela primeira terra descuberta?  Que é o primeiro que fan os indios cando atopan aos españois no medio da selva? 
4. Canto tempo permeñece Colón en América naquela primeira viaxe? Por que razón regresa contrariado? 
5. Que se atopa nada máis chegar a América na segunda viaxe? Que diferentes posturas sobre como actuar ante isto se prantexan entre Colón e o noble Mújica? 

6. Que argumentos lle dan á raíña para destituir a Colón do seu cargo de gobernador das Indias? Para sustituilo: a que designa a raíña? 

ACTIVIDADE Nº 2.- Analíse das personaxes.-
1. Describe a relación que a película deixa entrever entre Colón de raíña Isabel "A Católica"
2. Na película, Colón e Mújica mostran dous xeitos de actuar en relación aos indios. Busca información sobre o trato que se lle deu aos indios trala conquista. Ese trato dado aos indios na realidad: está máis relacionado coas que defenída Colón ou de Mújica na película?




 A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

 Segunda entrada do curso 2025-26 en 4º de ESO. Nesta ocasión, está relacionada con tema nº 3 que estamos a traballar na aula: A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL. Para iso propoñémosche visionar este vídeo de 9 minutos, que é unha selección de varias escenas da película "Daens" ambientada en Bélxica nos tempos da Revolución Industrial.


Logo de velo, realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espacio cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE”: A REVOLUCIÓN INDUSTRIALEnmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o xoves 30 de outubro. NOTA: Ademáis das actividades, reservamos e dereito de realizar un proba previa para testar a veracidade de si viches o vídeo proposto. En caso de fraude invalidarase o exercicio do blogue, sendo penalizado coa expulsión do blogue durante dúas entradas.


*************************

ACTIVIDADE Nº 1.- DEMOSTRA QUE ESTIVECHES ATENTO.- Resposta brevemente ás seguintes cuestións relacionadas co vídeo: 

1. Que dúas novas clases sociais protagonizan o vídeo? Con que aspecto de Revolución Industrial estaría relacionado o vìdeo: coas causas ou coas consecuencias?

2. A que sector industrial estaba adicada a fábrica que protagoniza o vídeo? 

3. Cando Adolf Daens ía pola rúa, recoñece que lle ofreceron un xornal : de que ideoloxía era ese xornal? 

3. Que traballo facían os nenos nesa fábrica o por que os escollían a eles para facer ese traballo? 

4. Enumera aspectos que se aprecian no vídeo e que supoñen explotación do proletariado.

5. Na xuntanza entre burgueses: que dúas solucións se propoñen para aforrar costes nas fábricas? 


 

ACTIVIDADE Nº 2.- En cifras:

1. Que sanción lle impón o capataz ao neno por tentar axudar a unha nena no seu traballo? 

2. Canto estaban pagando como salario? Un burgués propoñía rebaixar o salario dos obreiros por día: a canto? 

3. En comparativa: canto costaba daquela un kg. de pan?  E un saco de carbón? 

 



viernes, 3 de octubre de 2025

DE CINE: "OPPENHEIMER"

Está a túa disposición en RTVE play ata este domingo a película "Oppenheim", asunto que xa comentamos en clase. Adunxto enlace para poder entrar e, desde aí, poder ver a película: https://www.rtve.es/play/cine/ (NOTA: Pasada unha semana de prazo, este enlace xa non está dispoñible en TVE á carta).

Este será o primeiro blogue do curso. Na vindeira semana faremos unha proba na aula para aqueles que vexades a película, e desexedes así sumar para esta avaliación. Esa proba terá co obxectivo comprobar que viches a película, da cal poder sacar una aproveitamento para a materia de Historia.