jueves, 26 de marzo de 2026

ESPAÑA NA UNIÓN EUROPEA


Nova entrada do blogue, neta ocasión para coñecer por dentro a Unión Europea desde España, o que non aporta Europa, o que nos costa, os retos que a U. E. ten ante si. Para iso ofrecemos un video de TVE cunha duración de 9 minutos. Para velo pincha no seguinte enlace:

30 ANOS DE ESPAÑA NA U.E. 

Logo de escoitar ver o vídeo realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espacio cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE":  ESPAÑA E A UNIÓN EUROPEA. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o  martes 7 de abril (ao regreso de Semana Santa).



EXERCICIO Nº 1.- Contesta brevemente ás seguintes cuestións (ben relacionadas co documental, ben tendo que investigar algúns aspectos)

1.    Cando entra España na entonces C.E.E.? O documento amosa como era a España de entonces. Indica dous rasgos daquela España que te sorprenderan.

2.    Varios productos agrario sufríu cona entrada da EU. O vídeo amósanos un: de que cultivo se trata e como lle afectou a entrada na EU?

3.    A que institucións europea adica o video unha parte?. Indica ti onde ten a súa sede e cales son as súas funcións máis importantes.

4.    Canto diñeiro veu desde a U.E. para investir no desenvolvemento de varias rexións en España?

5.    Moito dese diñeiro adicouse a construccións de autovias e autopistas. Daquela: cantos quilómetros tiña España e cantos ten hoxe grazas em boa parte ás aportacións europeas?

6.    Que problemas se deixan ver na reportaxe que preocupan actualmente á Unión Europea?


Sinatura do tratado de adhesión de España á U.E.

EXERCICIO Nº 2.- Sinala se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións relacionada co documental e/ou coa U.E.

1.    O país que entrou com nos naquel mesmo ano foi Portugal e na CEE pasaron a ser así 12 países.

2.    O presidente español que aparece no documental e que ainou o tratado de adhesión foi José María Aznar.

3.    Antes dese ano de ingreso, España no puido entrar na Unión Europea porque antes debía cursar ingreso na ONU.

4.    O actual comisario de España na Unión Europea e Manuel Marín, que mesmo aparecía no documental.

 

 


martes, 17 de marzo de 2026

 ENTREVISTA ENTRE HITLER E FRANCO



Nova entrada do blogue 2025-26 para entreterse aprendendo. En outubro de 1940, Hitler e Franco mantiñan unha entrevista na estación de tren da localidade do País Vasco Francés de Hendaya, preto da fronteira con España. O obxecto da mesma era negociar a posible entrada de España na II Guerra Mundial en favor do Eixe. Nesta entrega do blogue propoñémoche viaxar no tempo ata ese feito da man da serie de ficción "O Ministerio do Tempo".. Neste caso remitímonos ao capítulo 3 da pirmeira tempada, baixo o título "Como se reescribe o tempo". Nel os seus protatonistas, Amelia, Xulián e Alonso, axentes deste peculiar ministerio, deben viaxar ao pasado cunha misión moi especial: evitar que cristalice o acordo entre Hitler e Franco, porque se o fai, a Historia tería cambiado moito. Para ver este capítulo pincha no seguinte enlace:


Logo de visionar o capíulo realiza as seguintes actividades. [Fainas na libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título ACTIVIDADES DE TEMA: O MINISTERIO DO TEMPO. COMO SE REESCRIBE O TEMPO. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles. 
Presentar por correo antes do viaxe a Asturias, tendo como data tope este sabádo día 21 ás 14 horas. Cando se volte a aula farase unha pequena proba para atestiguar que viches en realidado ti este capítulo. Se non a supereras, retirarase a nota positiva do bloque.

******************************

Saúdo entre Hitler e Franco en Hendaya
ACTIVIDADE Nº 1: Resposta con brevidade ás seguintes cuestións.-
1. Nun momento do capítulo enuméranse as demandas territoriais que Franco prantexaba a Hitler para entrar na II Guerra Mundial. En concreto, cales eran?
2. Que líder nazi se traslada a Madrid e logo a ao mosteiro de Montserrat? Segundo a serie: que buscaban os nazis en Montserrat?


Imaxe actual do mosteiro de Montserrat
3. Dous comandos do Ministerio do Tempo viaxan ata 1940. Cal era a misión de cada un deles?
4. Segundo se argumenta no capítulo: Por que era perigoso que os nazis descubriran as portas do tempo e viaxaran ao futuro?
5. Un axente do ministerio estaba infiltrado naquel vagón de tren onde se reuniron Hitler e Franco. Que labor desempeñaba durante a entrevista?
6. Un dos comandos ao ver todo perdido tenta matar a Hitler. Como ía facelo?
7. Por que razón Hitler ía aceptar tódalas peticións de Franco? E por que razón da marcha atrás no último instante? (Na histgoria Hitler no aceptou o que pedía Franco)
8. O director do Ministerio insta a Himmler a que telefonee a Hitler para informalo de que "todo foi un soño" e que as portas do tempo non existen. Pero... Baixo que ameaza o forzan a Himmler a realizar esa chamada?


Himmler na súa chegada a Montserrat
ACTIVIDADE Nº 2: Distingue entre realidade e ficción.-
Das seguinte afirmacións relacionadas co capítulo indica cales son realidade e cales son ficción:
1. Na súa visita a España Himmler viaxou directamente a Madrid para tratar asuntos relacionados coa entrevista Hitler-Franco e coas relacións hispano-xermanas.
2. Himmler estivo en Montserrat na procura do Santo Grial.
3. O traductor Álvarez de Estrada, que estaba previsto acompañara Franco na entevista con Hilter, non puido estar presente nela por unha indisposición.
4. Ao final da entrevista Hitler rompeu os papeis e non houbo acordo algún para a entrada España na guerra.


ACTIVIDADE Nº 3: Investiga.-
1. Un famoso pintor español aparece refrexado na capítulo queixándose do mal que están restaurando os seus cadros no futuro. Quen é ese pintor? En que século vivíu? Cal é o título do cadro que lle ensina Xulián, Amelia e Alonso, como exemplo de mala restauración?
2. Cal era o cargo de Himmler na Alemaña nazi? 
3. Que é o Santo Grial?


ROMANICO & GÓTICO (2º ESO)


Acabamos de traballar en clase un tema que nos achegaba á arte do Románico (s. XI) e do Gótico (s. XII e XIII), os dous estilos que protagonizan a Baixa Idade Media den Europa. Sobre eles versa esta nova entrada do blogue, a última que temos prevista de Historia. Despois do traballado en clase distingue cales dos seguintes edificos, esculturas e pinturas, clasificándoas como románicos ou góticas xustificando en cada caso a resposta do xeito máis completo posible.

[Fainas la libreta, deixando un espacio cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE”: ROMÁNICO & GÓTICO. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o martes 24 der marzo.

Nº 1

Nº 2

Nº 3

Nº 4

Nº 5


Nº 6


Nº 7


Nº 8





lunes, 16 de marzo de 2026

 AS MOMIAS DO antigo exipto

Primeira entrada de 3ª avaliación. Nesta ocasión viaxamos no tempo para trasladarnos ao antigo Exipto, e unha da prácticas relixiosas para máis no sorprendeu: embalsamar os cadavres para acadar a vida do alén, porque o exipcioas creían na vida despois da morte. Para saber máis desta práctica, xa explicada na aula, pincha o no seguinte enlace e visiona este documental de 14 minutos. Vaite sorprender!



Logo contesta ás seguintes preguntas [Fainas la libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE: AS MOMIAS DO  ANTIGO EXIPTO". Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o vindeiro luns 23 marzo

**************************

Exercicio nº 1.- Contesta brevemente ás seguintes cuestións:

1. Segundo o vídeo: canto días podía levar o traballo de embalsamamento? 

2. Como e por onde retiraba o cerebro aos cadavres? 

3. E como practicaban a retirada dos órganos interno no corpo? 

4. Como se procedía cos órganos, unha vez retirados?

5. O embalsamamento era moi caro. Cantos cartos podía supoñer o ritual funerario entre embalsamamento e carauta para o defunto? 

6. Cando non había diñeiro, moitos cadavres eran soterreados baixo as areas do deserto. Por que razón elexían ese lugar para o soterramento? 

7. Que deuses (se mencionan no vídeo) interviñan tamén no tribunal de Osiris? 


 

Un intre do proceso de momificación

Exercicio nº 2.- Contesta se son verdadeiras ou falsas a seguintes afirmacións en relación co vídeo:

a) Para entrar no mundo do alén o defunto tiña que someterse a un tribunal conformado por 42 xuíces.

b) O Museo de O Cairo conta con 11 momias do antigo Exipto. 

c) No proceso de embalsamamento o órgano que se rexeitaba era o fígado. 

d) Para amortaxar unha momia empregánbanse sobre 500 metros de vendas.

 


lunes, 2 de marzo de 2026

 COMENTARIO DE TEXTO (4º)

Propoñemos nesta entrada un traballo práctico sobre os comentarios de texto históricos. Para iso, acude ao libro-caderno de 4º, elixe un dos textos traballados en clase en temas anteriores, e que fixeramos por versión de preguntas. Realiza un comentario de texto que elixas e que mellor se adapte a ti. Remite por corre-e unha foto do texto elexido, e outra do comentario feito por ti. Lembra como tes que organizar a túa narración con parte lingüística, parte de historia, conclusión e opinión persoal (non esquezas ningún desos bloques que debes ter en mente). O prazo de entrega remata o venres 6 de marzo ás 20:00 horas. Ah! E lembra o correo-e correcto: tinohermida@possumus.es, non outro.

viernes, 27 de febrero de 2026

ROMÁNICO E GÓTICO

Terceira entrega do blogue nesta segunda avaliación.  Visiona este breve vídeo sobre a arte románica e gótica. Para velo pincha abaixo no icono de play:



Rotula o título la libreta: FÓRA DE CLASE: ROMÁNICO E GÓTICO. Logo realiza os seguintes exercicios. Remite por correo-e unha imaxe que reflicta a actividade feita, para ser contabilizada. A data tope de presentación é o mércores 4 de marzo. Correxirase en clase o xoves día 5. 


____________________________

 

ACTIVIDADE Nº 1.- Contesta brevemente as seguintes cuestións:

1. Sobre que disciplina da arte vai este vídeo; arquitectura, escultura ou pintura, ou sobre os tres?

2. Cales son son tres elementos  que destaca co vídeo sobre a arte románica?

3. Cales son os tres elementos que destaca o vídeo sobre a arte gótica?

 

ACTIVIDADE Nº 2.- Á vista do que ves, establece as diferencias entre:

- arco de medio punto e arco apuntado

- contraforte e arbotante

 

ACTIVIDADE Nº 3.- Identifica que elemento arquitectónico ves en en cada imaxe e indica se é propio do románico ou do gótico:


A: Aquí ves un elemento exterior: como se chama?
En que estilo se encadra?



B: Aquí ves dous elementos
Cales son? A que estilo pertencen?



C: Aquí ves un elemento arquitectónico relaciona con arcos.
Que nome recibe? En que estilo se encadra?



domingo, 8 de febrero de 2026

VIAJE CON NOSOTROS… 


Nesta entrada retámoste a coller a maleta e coñecer os países do mundo de mans dunha viaxe virtual con 
POSSUMBLUE. Deste xeito servirache para saber localizar os países e capitais do listado que temos qu estudar neste primeiro tema de Xeografía. Engadido prantexámosche un reto para poder puntuar como actividade de blogue, se eres quen se superalo. Nesta ocasión, no só vale con presentarte: tes que acadar o reto.
Pincha nos enlaces que seguen e xoga para aprender a localizar os países. Decídete por un dos dous retos (ou acumula os dous: podendo obter 1 positivo por reto (se fas os o logras nos dous retos: dous positivos de blogue!... SUPEROFERTA!!!! 😊 😊 😋). As probas empezarán a realizarse despois de Entroido, ata agotar quenda de participante.


Reto 1 (+): Saber localizar sen erro algún os países e capitais de Europa + provincias de España.
Reto 2(+): Localizar os países de todos os continentes acadando un mínimo dun 80% de acertos.









_____________________

sábado, 31 de enero de 2026

 CURSO 2025-26

Si quieres emocionarte con el poder de la música, visiona este concierto por la paz de la Orquestra Sinfónica de Galicia y coros, celebrado a inicios de este pasado mes de enero en el Coliseum de A Coruña. Lo compartimos en este blog con motivo del Día Internacional de la Paz. Disfrútalo y emociónate.






domingo, 25 de enero de 2026

"A BOLSA OU A VIDA!!" (4º)


Propoñemos nesta entrada un TRABALLO PRÁCTICO para entender como funciona a bolsa e comprender mellor o seu impacto na crise de 1929. Seguindo as pautas explicadas en clase, trátase de facer un investimento, o seguimento das accións e realizar un balance final de resultados.


Imaxe do interior de Bolsa de Madrid en plena actividade

      NORMATIVA

1.    Dispós de 15.000 euros para invertir

2.    Cada inversor debe presentar a cadrícula con todos os datos de compra, debidamente cumprimentados tal e como explicamos en aula.

3.    Débense mercar un mínimo de 3 valores e un máximo de 5

5. Xoga coas cores: verde se gañas en acción con respecto ao día anterior; vermello, se perdes.

6. Pódense vender e mercar valores novos. Admítese un máximo de 3 cambios, os cales debes efectuar no momento no tabuleiro.

7. 2x1: O alumn@ que obteña un balance máis positivo terá un doble positivo no blogue e un agasallo.


A continuación, tal e como explicamos en clase, figura a plantiña orientativa que tes que desenvolver. Lembra: empezamos cumplimentando a plantiña cos datos do 29 xaneiro pola tarde na casa. Logo imos actualizando na plantiña ao día (11,20 horas). Remataremos o traballo o día 11 de febreiro. Logo completa os balances e escribe a valoración final (por que elexiches esos valores, cal foi o teu balance económico, de que tomaches conciencia co traballo, etc.), para entregar logo o traballo ao día seguinte, o 12 de febreiro.



Aproveitamos tamén para deixarche aquí un pequeno vídeo de 8 minutos de duración para analizar a crise actual en clave de humor británico. Non o perdas. Pincha no icono de play abaixo


miércoles, 21 de enero de 2026

 A AVÓA DA HUMANIDADE

Quinta entrada co curso, e segunda desta segundo avaliación. Metidos agora na parte de Historia, empezamos presentándoche aquí visionar un vídeo de 15' sobre as orixes da Humanidade, e os primeiros homínidos, neste caso, o máis antigo: o Australopithecus.

A AVÓA DA HUMANIDADE

Despois do visionado realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE":  A AVÓA DA HUMANIDADE. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o  xoves 29 de xaneiro. Ánimo...!! 

                              

EXERCICIO Nº 1.- Contesta brevemente ás seguinte cuestións:
1. O esqueleto de Australopithecus que protagoniza o vídeo recibe no nome de Lucy: En que ano foi descuberto? A que debe o nome de Lucy co que foi bautizado o esqueleto?
2. Fai canto anos debeu vivir este Australopithecus?
3. Indica datos sobre Lucy que se aportan no vídeo: estatura, peso e idade que debía ter.
4. O vídeo menciona varias familas de Australophitecus: africanus, robustus, anamensis. A pregunta é: que característica tiñan en común todos estos Australopithecus?
5. Un experto indica tres razóns para ser bídedos aqueles primeiros seres pre-homínidos. Cales son esas tres razóns?
6. Lucy era un Australopithecurs africanus, e vaise cun grupo de Australopithecus anamensis. En canto á comida: que distinguía os africanus dos anamensis?


 EXERCICO Nº 2: Indica se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións:
a) Dous machos anamensis pelexánse entre si porque disputaban a comida Lucy.
b) O grupo de anamensis poñen en fuga as hienas guidándolles pedras.
c) Lucy cansábase máis camiñando porque estaba coxa dunha perna.
d) Aqueles primeitos homínidos tiveron que adaptarse e procurar auga e alimentos ou desaparecer.


 A PESTE NEGRA

Segunda entrada da 2ª avaliación. Trátase dun documental sobre a pesta negra, relacionado co último apartado do tema (a crise baixomedieval) que acababar de aborda en clase. A súa duración é 25 minutos. Aprenderás un montón sobre isto, e de xeito ameno. Para velo picha no seguinte enlace:


 A PESTE NEGRA 


Despois do visionado realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE:  A PESTE NEGRA". Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación en corrección destas actividades será o xoves 29 de xaneiro 

ACTIVIDADE Nº 1: Contesta brevemente ás seguintes cuestións:

1. Na Península de Crimea xenoveses e mongois disputaban a posesión dunha cidade que, a inicios do s. XIV estaba en mans dos xenoveses. No medio desta disputa chegou a peste a esa cidade. A pregunta é: de que cidade de trataba e cal o o seu nome actual? E que recurso empregaron os mongois para debilitar aos xenovese que resistían o asedio no interior da cidade? 

2. Entre os factores que contribuen a propagar as infermidade por Europa,  o vídeo apunta as guerras, que suponen grandes desprazamentos de poboación. O vídeo cita a Guerra do Cen Anos, comentada a aula. Pero: que outras dúas guerras menciona o documental?  

3. Indica outros factores citados no vídeo que contribuiron a que a peste se expandira por Europa.

4. Moitos fuxen das cidades cara o rural reducindo o o risco de contaxio. Tamén o fixo a corte do Papa, que daquela abandonou Roma e refuxiouse nun castelo preto das montañas: cal era o nome daquela vila e quen era ese Papa ? 

5. O documental da cifras de mortes. Entre elas, salienta que a Península Ibérica tiña 6 millóns de habitantes, pero des só sobreviviron: cantos? Que lugares da Península sufriron máis a peste? Cantos morrían por día en París a causa da enfermidade?.

6. Cales foron os primeiros remedios que adoitaban aplicar os médicos contra a enfermidade? 

7. A ira de Deus polos pecados dos seres humanos foi unha das causas que explicaba a chegada da pesta. Daquela aparecen os "flaxelantes". Que eran, que facían e con que intención?


8. Outra explicación atribúese á contaminación atmosférica froito dunha erupción volcánica que tivera lugar en 1347, e que, consideraban, traía ata a superficie os gases do inferno. De que volcán se trataba e en que país actual se atopa? 

9. Que medida empezou aplicou Venecia para controlar a peste, medida que logo imitaron outras cidades? E que facía Venecia cos comerciantes que tiñan síntomas de estar contaxiados?

10. O investigador franco suizo Alexander Yersin e un bacteorólogo xaponés foron os primeiros que, en 1894, relacionaron a peste co rata asiática. Daquela, os dous estaban estudando un brote de peste: en que lugar? Logo soubose que eran a pulgas as que picaban aos humanos progagando a infermidade: en que ano se soubo esta clave das pulgas? 

11. A teoría máis extendida foi que a orixe da peste era China. Pero unha investigación de 2022 apunta a orixe ao norte dun pequeno país no centro de Asia. De que país se trata? 

 

ACTIVIDADE Nº 2.- Busca a a verba impostora en cada resposta dada:

a) No vídeo exponse que os xudeos foron acusados de xeito infundado de ser causantes da peste, envelenando os pozos de auga. Isto levou a que os xudeos padeceran ataques es varias cidades europeas. Das seguintes onde houbos persecucións, unha delas e falsa, e non menciona no documental: cal é?

Maguncia, Estrasburgo, Basilea, Viena, Zurich, Colonia.

 

b) Outra teoría da época relacionou a peste cunha explicación de astroloxía, atribuindo a peste a aleaneción de tres planetas. Dos catro que se citan, sobra un: de cal se trata? 

Venus, Marte, Xúpiter, Saturno.

 

c) Dos síntomas da peste negra descritos no documental, un é falso: cal é?

delirios, febre alta, rixidez muscular, cegueira, tos con sangue.