viernes, 7 de noviembre de 2025

O TEMPO ATMOSFÉRICO 

Terceira entrada do curso, e última a 1ª avaliación. Nela presetámosche un pequeno vídeo para comprender o tempo atmosférico e os elementos do clima. Par velo picha abaixo no icono de play.

 


Logo de ver o vídeo, realiza as seguintes actividades. [Fainas na libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotula o título “FÓRA DE CLASE”: O TEMPO ATMOSFÉRICO. Enmarca o devandito título, e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles. A data de presentación e corrección destas actividades será o xoves 13 de novembro



 

ACTIVIDAD Nº 1.- Contesta brevemente ás seguintes cuestións:

1. Qué elementos do clima se citan no vídeo?

2. Que catro tipos de ventos menciona o vídeo?

3. A contaminación da atmosfera causa danos sobre os seres humanos. Que dous tipos de enfermedades se citan?

4. Segundo explica o vídeo: como se chama a cantidade de vapor de auga que contén a aire?

5. Última e gran pregunta para redactar: É o mesmo clima que tempo atmosférico? Se non o é, explica en que se diferencian.


 

ACTIVIDADE Nº 2.- Contesta se son verdadairas ou falsas cada unha das afirmacións seguintes:

a) O vídeo aclara o que é a latitude.

b) O vídeo amosa en imaxes as tres formas de precipitación,  que son choiva, neve de saraiba

c) O vídeo citas as tres grandes rexións climáticas da Terra: a cálida, a temperada e a fría

d) O vídeo amosa un mapa cos climas de España, e nel o clima de Galicia, que recibe o nome de oceánico, aparece nese mapa colorado de azul celeste.

 

miércoles, 5 de noviembre de 2025

  O MINISTERIO DO TEMPO:

CAMBIO DE TEMPO (cap. 13, 3º ESO)


Terceira entrada do blogue no curso (e última desta 1ª avaliación). Nesta viaxamos no tempo a segundo metade do s. XVI con Felipe II e súa Armada Invencible. Facémolo de mans da serie de televisión “EL MINISTERIO DEL TIEMPO” emitido durante varias tempadas en TVE e con este capítulo no ano 2016. Un ministerio secreto, inquietante, que vela porque, pese a ter o poder de viaxar no tempo, a Historia de España non se altere. Pero nesta ocasión, creo que si se alterou... E moito. Que tería pasado se a Armada Invencible conquistara Inglaterra? Xogamos coa imaxinación arredor deste acontemento histórico.
Para iso visiona o seguinte capítulo que che propoñemos, baixo o nome de “Cambio de tiempo”. Para velo pincha no seguinte enlace (Duración: 1 hora e 15 minutos).

 

 O MINISTERIO DO TEMPO: CAMBIO DE TEMPO


Despois do visionado do vídeo realiza as seguintes actividades. [Fainas na libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título: BLOGUE “FÓRA DE CLASE": “O MINISTERIO DO TEMPO (“CAMBIO DE TEMPO”). Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e contesta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o martes  11 de novembro. Ánimo!!...



ACTIVIDADE Nº 1: Demostra que estiveches atento.- 

Para iso contesta brevemente ás seguintes cuestións:

1.   Que nova recibe Felipe II ao inicio do capítulo?

2.  Que solución toma Felipe II para dispoñer dunha segunda oportunidade e invadir Inglaterra?

3.  De que lle informa o director do Ministerio do Tempo a Felipe II sobre o actual monarca que reina en España e como chegou ao trono esta nova dinastía?

4.   Unha vez no futuro, Felipe II atópase coa oposición do director do Ministerio. Como se salda a disputa entre ambos?

5. Que ocorre ao final do capítulo coa Historia real e como logran que se manteña? 

 

Felipe II na serie de "El Ministerio del Tiempo"

ACTIVIDADE Nº 2: Curiosidades.- 

1.  Que artiluxios do futuro (a onde viaxa) sorprenden a Felipe II?

2. Nunha secuencia, na Historia alterada: que dous equipos xogan o partido de fútbol?

3.   Enumera aspectos que cambiaron hoxe no presente na España gobernada por Felipe II

 

A chamada "Armada Invencible" navegando polo Atlántico

ACTIVIDADE Nº 3: Sinala se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións.- 

a) Felipe II sorpréndese de que zona que domina o mundo presente sexan os norteamericanos.

b) Noutra das secuencias o rei asiste a unha corrida de toros nas Ventas en Madrid.

c) O rei Felipe II mesmo aparece en televisión para emitir discursos.

d) Este novo Felipe II aparece xa con nova imaxe acorde ao tempos actuais, isto en traxe e garavata.


ACTIVIDADE Nº 4: Investiga.- 

1. Por que razón quería invadir Felipe II Inglaterra?

2. De onde partiu a Armada Invencible?

3. En que consistía o proxecto e onde tiña prevista desembarcar?

 O CID: TEMPO DE LENDA

2º ESO

Achegámonos nesta segunda entrada do blogue á Idade Media a través dun famoso heroe medieval da historia de España: Rodrígo Díaz de Vivar, alcumando "O Cid Campeador". Facémolo a través dunha particular viaxe no tempo que nos brinda a serie "El Ministerio del Tiempo" de TVE co seu capítulo titulado "Tiempo de leyenda". A serie baséase na existencia dun ministerio segredo (o Ministerio do Tempo) con axentes que viaxan ao pasado para evitar que a historia de España se altere e poida dese xeito seguir o seu curso. Aónda que ás veces, como veremos neste capítulo, non todo sae como estaba previsto e son precisas solucións de urxencia para non alterar a historia.

Para velo pincha abaixo no icono de play 






Podes ver curiosidades, resolver algunha pregunta prantexada pinchando no seguinte enlace:




Despois do visionado realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE":  O CID. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o  martes 18 de novembro. Ánimo...!!


ACTIVIDADE Nº 1: Demostra que estiveches atento.- 
Para iso resposta ás seguintes cuestións:

Unha imaxe do capítulo da serie "El Ministerio del Tiempo"
1.Situémonos no tempo: O capítulo arranca nun lugar e nunha data: onde e cando? Cantos anos faltaban daquela para que, na realidade, finara o Cid? 
2. Cando viaxa no tempo: en que etapa, das catro vistas en clase, se atopa Al-Andalus? Segundo se desprende do capítulo: que pobo norteafricano domiñaba daquela Al-Andalus?
3. Cal era a misión da patrulla nesa viaxe no tempo? Por que era necesaria esa misión?
4. Na parte final entendemos o por que da primeira escena que abre o capítulo: por que uns axentes grababan cunha cámara ao Cid nunha loita contra soldados árabes?
5. Enumera diferentes aparellos do presente que aparecen durante o capítulo no pasado (e que, por tanto, non existían daquela).

Outra imaxe do Cid do capítulo "Tiempo de Leyenda"
ACTIVIDADE Nº 2: Investiga aspectos relacionados coa serie.-
1. Un dos axentes  que participa na misión chámase Spínola. Quen foi en realidade esta personaxe e cando viviu?
2. Ao principio do capítulo, pola cafetería do Ministerio, aparece un pintor que lle entrega como agasallo un cadro a un dos axentes. De que afamado pintor se trataba? Cita un cadro famoso del.
3. Mencionase tamén a un recoñecido actor norteamericano que interpretou ao Cid nunha famosa película sobre esta personaxe. Quen é ese actor? 

Outra imaxe do Cid no cine
ACTIVIDADE Nº 3: Investiga sobre a figura do Cid.-
1. O Cid fora vasalo: de que dous reis antes de ser desterrado de Castela? Na Idade Media: que significaba ser vasalo e cal era a súa obriga para co seu señor?
2. Por que razón foi desterrado o Cid de Castela? E por que acabou en Valencia?
3. O seu nome era Rodrigo Díaz de Vivar: que sifnifica o alcume de "Cid" e quen llo puxo?





EL MINISTERIO DEL TIEMPO 

PRETÉRITO IMPERFECTO (4º ESO)

 
Terceira entrada do curso. Trátase de ver un capítulo da serie “El Ministerio del Tiempo. Pero esta é unha entrada misteriosa, aquí non se adiantamos nada. Non saberás de que trata ata que vexas o vídeo. Para velo o capítulo pincha abaxio no seguinte enlace:

 


Obra como de costume na libreta. O día de presentación e corrección na aula será xoves o 13 de novembro

EXERCICIO Nº 1.- Logo de visionalo, contesta ás seguintes preguntas:
1. En que pazo transcorre o capítulo? En que provincia está enclavado ese pazo?
2. Que monarca é o protagonista deste capítulo? Por que razón o Ministerio do Tempo ten que recorrer a un doble?
3. Cal era a doenza que estaba a causar a morte dese monarca?
4. No capítulo dase a entender que estaban a envelenar ao rei: que veleno estaban a empregar?
5. Nesa viaxe ao pasado, ao doble fáiselle crer que aquelo era un “reality histórico”. Para ver en directo todo o que estaba a suceder no dormitorio do rei: en que lugares estaban situadas as dúas cámaras?
6. Quen era o outro pretendente da coroa? Segundo o vídeo: que anuncia este personaxe restaurar, se el se converte en rei?
7. Por que razón mellorou a saúde do rei despois desa viaxe ao presente? Canto tempo viviu na realidade a partir daquela ficción?
 


EXERCICIO Nº 2.- Ficción e historia, resolve a cúas cuestión que seguen:
1. O doble do rei excédese no seu papel. Enumera excentricidades  na súa sobreactuación facendo cousas fóra de lugar.
2, Que histórico documento asina ao final o rei a instancias do ministro de “El Ministerio del Tiempo”? Que establecía nese documento? Que consecuencias que van a derivar desa sinatura?