miércoles, 5 de noviembre de 2025

EL MINISTERIO DEL TIEMPO 

PRETÉRITO IMPERFECTO (4º ESO)

 
Terceira entrada do curso. Trátase de ver un capítulo da serie “El Ministerio del Tiempo. Pero esta é unha entrada misteriosa, aquí non se adiantamos nada. Non saberás de que trata ata que vexas o vídeo. Para velo o capítulo pincha abaxio no seguinte enlace:

 


Obra como de costume na libreta. O día de presentación e corrección na aula será xoves o 13 de novembro

EXERCICIO Nº 1.- Logo de visionalo, contesta ás seguintes preguntas:
1. En que pazo transcorre o capítulo? En que provincia está enclavado ese pazo?
2. Que monarca é o protagonista deste capítulo? Por que razón o Ministerio do Tempo ten que recorrer a un doble?
3. Cal era a doenza que estaba a causar a morte dese monarca?
4. No capítulo dase a entender que estaban a envelenar ao rei: que veleno estaban a empregar?
5. Nesa viaxe ao pasado, ao doble fáiselle crer que aquelo era un “reality histórico”. Para ver en directo todo o que estaba a suceder no dormitorio do rei: en que lugares estaban situadas as dúas cámaras?
6. Quen era o outro pretendente da coroa? Segundo o vídeo: que anuncia este personaxe restaurar, se el se converte en rei?
7. Por que razón mellorou a saúde do rei despois desa viaxe ao presente? Canto tempo viviu na realidade a partir daquela ficción?
 


EXERCICIO Nº 2.- Ficción e historia, resolve a cúas cuestión que seguen:
1. O doble do rei excédese no seu papel. Enumera excentricidades  na súa sobreactuación facendo cousas fóra de lugar.
2, Que histórico documento asina ao final o rei a instancias do ministro de “El Ministerio del Tiempo”? Que establecía nese documento? Que consecuencias que van a derivar desa sinatura?
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario