miércoles, 5 de noviembre de 2025

 O CID: TEMPO DE LENDA

2º ESO

Achegámonos nesta segunda entrada do blogue á Idade Media a través dun famoso heroe medieval da historia de España: Rodrígo Díaz de Vivar, alcumando "O Cid Campeador". Facémolo a través dunha particular viaxe no tempo que nos brinda a serie "El Ministerio del Tiempo" de TVE co seu capítulo titulado "Tiempo de leyenda". A serie baséase na existencia dun ministerio segredo (o Ministerio do Tempo) con axentes que viaxan ao pasado para evitar que a historia de España se altere e poida dese xeito seguir o seu curso. Aónda que ás veces, como veremos neste capítulo, non todo sae como estaba previsto e son precisas solucións de urxencia para non alterar a historia.

Para velo pincha abaixo no icono de play 






Podes ver curiosidades, resolver algunha pregunta prantexada pinchando no seguinte enlace:




Despois do visionado realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE":  O CID. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o  martes 17 de novembro. Ánimo...!!


ACTIVIDADE Nº 1: Demostra que estiveches atento.- 
Para iso resposta ás seguintes cuestións:

Unha imaxe do capítulo da serie "El Ministerio del Tiempo"
1.Situémonos no tempo: O capítulo arranca nun lugar e nunha data: onde e cando? Cantos anos faltaban daquela para que, na realidade, finara o Cid? 
2. Cando viaxa no tempo: en que etapa, das catro vistas en clase, se atopa Al-Andalus? Segundo se desprende do capítulo: que pobo norteafricano domiñaba daquela Al-Andalus?
3. Cal era a misión da patrulla nesa viaxe no tempo? Por que era necesaria esa misión?
4. Na parte final entendemos o por que da primeira escena que abre o capítulo: por que uns axentes grababan cunha cámara ao Cid nunha loita contra soldados árabes?
5. Enumera diferentes aparellos do presente que aparecen durante o capítulo no pasado (e que, por tanto, non existían daquela).

Outra imaxe do Cid do capítulo "Tiempo de Leyenda"
ACTIVIDADE Nº 2: Investiga aspectos relacionados coa serie.-
1. Un dos axentes  que participa na misión chámase Spínola. Quen foi en realidade esta personaxe e cando viviu?
2. Ao principio do capítulo, pola cafetería do Ministerio, aparece un pintor que lle entrega como agasallo un cadro a un dos axentes. De que afamado pintor se trataba? Cita un cadro famoso del.
3. Mencionase tamén a un recoñecido actor norteamericano que interpretou ao Cid nunha famosa película sobre esta personaxe. Quen é ese actor? 

Outra imaxe do Cid no cine
ACTIVIDADE Nº 3: Investiga sobre a figura do Cid.-
1. O Cid fora vasalo: de que dous reis antes de ser desterrado de Castela? Na Idade Media: que significaba ser vasalo e cal era a súa obriga para co seu señor?
2. Por que razón foi desterrado o Cid de Castela? E por que acabou en Valencia?
3. O seu nome era Rodrigo Díaz de Vivar: que sifnifica o alcume de "Cid" e quen llo puxo?





No hay comentarios:

Publicar un comentario