O MINISTERIO DO TEMPO:
CAMBIO DE TEMPO (cap. 13, 3º ESO)
Terceira entrada do blogue no curso (e última desta 1ª avaliación). Nesta viaxamos no tempo a segundo metade do s. XVI con Felipe II e súa Armada Invencible. Facémolo de mans da serie de televisión “EL MINISTERIO DEL TIEMPO” emitido durante varias tempadas en TVE e con este capítulo no ano 2016. Un ministerio secreto, inquietante, que vela porque, pese a ter o poder de viaxar no tempo, a Historia de España non se altere. Pero nesta ocasión, creo que si se alterou... E moito. Que tería pasado se a Armada Invencible conquistara Inglaterra? Xogamos coa imaxinación arredor deste acontemento histórico.
Para iso visiona o seguinte capítulo que che propoñemos, baixo o nome de “Cambio de tiempo”. Para velo pincha no seguinte enlace (Duración: 1 hora e 15 minutos).
Despois do visionado do vídeo realiza as seguintes actividades. [Fainas na libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título: BLOGUE “FÓRA DE CLASE": “O MINISTERIO DO TEMPO (“CAMBIO DE TEMPO”). Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e contesta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o martes 11 de novembro. Ánimo!!...
ACTIVIDADE Nº 1: Demostra que estiveches atento.-
Para iso contesta brevemente ás seguintes cuestións:
1. Que nova recibe Felipe II ao inicio do capítulo?
2. Que solución toma Felipe II para dispoñer dunha segunda oportunidade e invadir Inglaterra?
3. De que lle informa o director do Ministerio do Tempo a Felipe II sobre o actual monarca que reina en España e como chegou ao trono esta nova dinastía?
4. Unha vez no futuro, Felipe II atópase coa oposición do director do Ministerio. Como se salda a disputa entre ambos?
5. Que ocorre ao final do capítulo coa Historia real e como logran que se manteña?
![]() |
| Felipe II na serie de "El Ministerio del Tiempo" |
ACTIVIDADE Nº 2: Curiosidades.-
1. Que artiluxios do futuro (a onde viaxa) sorprenden a Felipe II?
2. Nunha secuencia, na Historia alterada: que dous equipos xogan o partido de fútbol?
3. Enumera aspectos que cambiaron hoxe no presente na España gobernada por Felipe II
![]() |
| A chamada "Armada Invencible" navegando polo Atlántico |
ACTIVIDADE Nº 3: Sinala se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións.-
a) Felipe II sorpréndese de que zona que domina o mundo presente sexan os norteamericanos.
b) Noutra das secuencias o rei asiste a unha corrida de toros nas Ventas en Madrid.
c) O rei Felipe II mesmo aparece en televisión para emitir discursos.
d) Este novo Felipe II aparece xa con nova imaxe acorde ao tempos actuais, isto en traxe e garavata.
ACTIVIDADE Nº 4: Investiga.-
1. Por que razón quería invadir Felipe II Inglaterra?
2. De onde partiu a Armada Invencible?
3. En que consistía o proxecto e onde tiña prevista desembarcar?



No hay comentarios:
Publicar un comentario