viernes, 13 de diciembre de 2019

O CAMBIO CLIMÁTICO

Acabamos de taballar na aula o tempo atmosférico e os climas. O clima foi sempre, e segue sendo cambiante, pero faino moi lentamente. Certo que nas últimas décadas ponse en evidencia que ese cambio estase acelerando como consecuencia da actividade humana e a contaminación que estamos a provocar. Contribuimos coa nosa actuación á destrución deste planeta? Para tomar conciencia visiona o seguinte vídeo de 10 minutos de duración que che propoñemos como actividade. 





Despois de cada visionado vezrealiza actividades que se acompañan [Fainas na libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título: BLOGUE “FÓRA DE CLASE": O CAMBIO CLIMÁTICO. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e contesta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o xoves 9 de xaneiro na 6ª hora da mañán. Ánimo!!


ACTIVIDADE Nº 1.- Contesta brevemente ás seguintes cuestións relacionadas co vídeo:
1. En que consiste o cambio climático que se anuncia no vídeo?
2. Apunta o vídeo que a atmosfera é un conxunto de gases que protexe a Terra. Que temperatura media ten a Terra gracias a atmosfera? E cal sería a temperatura media que tería se non existese atmosfera? 


3. Segundo vemos nun gráfico do vídeo: que temperatura media tiña a Terra en 1900? e no 2000? A que se debe ese incremento da temperatura?
4. Que consecuencias vai traer sobre o planeta ese aumento da temperatura?
5. O vídeo fala do protocolo de Kioto. Cando se asinou? Que se acordou nel? Cando entrou en vigor? Que dous países importantes non asinaron este protocolo de actuación?
6. Apunta o vídeo que o 89% da enerxía eléctrica procede de combustibles fósiles, e que os medios de transporte son responsables do 28% dos gases de efecto invernadoiro. Para reducir ese impacto o vídeo apórtanos medidas que debemos tomar. Indica tres medidas que se indique no vídeo para reducir a emisión desos gases.

ACTIVIDADE Nº 2.- Investiga, reflexiona e opina:
1. Describe en que consiste o efecto invernadoiro que xenera a contaminación. 
2. Os xornais falan moitas veces do gases GEI. Que son os gases GEI? Cal deles é o máis habitual que emitimos?
3. Apunta ti dúas medidas que poidas aplicar na túa casa e na túa vida persoal, e que te comprometas a adoptar, para emitir menos gases de efecto invernadoiro.





 CONCURSO: THE INVESTIGATOR (IIi) 

BASES: Segunda entrega deste concurso que dirixido ao alumnado do 1º ciclo da ESO (1º e 2º) do Colexio Possumus. En cada entrega publicaremos unha pregunta relacionada cos temas que estamos traballando na clase. As respostas deberán remitirse ao enderezo de correo electrónico do departamento de Sociais que figura na marxe esquerda desta páxina, indicando en "asunto" o nome do concurso THE INVESTIGATOR. Cada alumn@ poderá remitir unha única resposta. 

PREMIOS: O alumn@ do ciclo (1º e 2º de ESO) que emita primeiro a resposta correcta gañará unha nota positiva na materia de Xeografía de Historia, máis un agasallo especial que se entrgará desde o Departamento de Xeografía e Historia.

Como neste último tema falamos de catedrais intesámonos agora por unha. A pregunta é: un personaxe con nome de turrón navideño estivo vinculado ao Cid. Dese personaxe enigmático que buscamos agora, consérvase aínda a súa sinatura orixinal, en que catedral de España?
PREMIOS: O alumn@ do ciclo (1º e 2º de ESO) que emita primeiro a resposta correcta gañará unha nota positiva na materia de Xeografía de Historia, máis un agasallo especial que se entrgará desde o Departamento de Xeografía e Historia.

Como neste último tema falamos de catedrais intesámonos agora por unha. A pregunta é: un personaxe con nome de turrón navideño estivo vinculado ao Cid. Dese personaxe enigmático que buscamos agora, consérvase aínda a súa sinatura orixinal, en que catedral de España?


Resultado de imagen de catedral de valencia
Catedral de Valencia


A resposta correcta é a CATEDRAL DE VALENCIA, onde se constanta a sinatura orixinal de Dna. Ximena, que fora a muller do Cid. Dando un período de alegacións para documentar algunhas respostas recibidas, susceptibles de abrir unha dúbida (e do que foron informados @s remitentes) e, como queira que non documentaron nese prazo a súa resposta, o xurado fallou como gañador a emitida polo alumno ÁNGEL PEREZ, de 2º de ESO, que foi quen primeiro remitíu a resposta correcta o 18 de decembro ás 15,47 horas. Parabéns ao gañador e gracias tod@s por participar!