domingo, 12 de mayo de 2024

HISPANIA, UN PRODUTO DE ROMA


Última entrada do curso 2023-24 para entreterse aprendendo. Facémolo con “Hispania, un produto de Roma”, da serie documental “Memoria de España” de TVE. Para velo pincha no seguinte enlace e, a partir de aí, crea unha conta de acceso para ver os programas de TVE:


HISPANIA, UN PRODUTO DE ROMA

 

Logo de visionar o capíulo realiza as seguintes actividades. [Fainas na libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título FORA DE CLASE: “HISPANIA, UN PRODUTO DE ROMA”. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles. Presentar e correxir na aula o xoves 16 de maio.


 

******************************


 

EXERCICIO Nº 1.- Contesta brevemente ás seguintes cuestións:

1. Dado o argumentado no vídeo: que visión tiñan os romanos dos lusitanos?

2. Segundo o vídeo: canto lusitanos foron masacrados na matanza de Galba? E cantos foron apresados e vendidos como escravos? 

3. Por que razón Viriato se levanta do banquete do casamento e se vai coa súa muller cara as montañas?

4. Cantas guerreiros loitaron a morte, de dous en dous, na honra a Viriato ante  a súa pira funeraria? 


5. Por que razón estaba a medrar a cidade de Numancia cando Roma empezou a considerala un perigo?

6. Que autoridade romana foi humillada ante as murallas de Numancia? Por que razón? 

7. Que famoso mando romano asumiu entonces a dirección da tropa romana no asedio a Numancia? Cantos campamentos mandou construir para rodear Numancia e ailla a cidade? .

8. En Roma librárase unha guerra civil entre Mario e o ditador Sila. Deles, suicidouse Mario, e o seu sucesor refuxiouse en Hispania. Desde Hispania este sucesor mantivo a loita contra Sila, tratando de convertir Hispania nunha república independente de Roma: quen era ese personaxe?

9. Logo librouse outra guerra civil en Roma, entre os partidarios de Xulio César e Pompeyo. En Hispania, cada un eles logrou a atraer alianzas de diversos pobos hispanos. A pregunta é: que cargo desempeñara Xulio César en Hispania e en que provincia? 

10. Comicios, Senado e maxistrados son os organismos de goberno na República de Roma. O vídeo explica dous desos organismos, pero non explica o outro. A pregunta é: can das tres institucións non se explica no vídeo? 


 

Anfiteatro romano de Mérida

EXERCICIO Nº 2.- Suliña a resposta correcta a cada caso:

1. A falcata era:

a) Un tipo de lanza

b) Un tipo de espada

c) Unha daga a xeito de puñal curto

 

2. Ademáis de Segovia, a outra cidade de Hispania do vídeo onde vemos un acueduto é en:

a) Tarragona

b) Mérida

c) Cartagena

 

3. Nas Médulas para extraer o ouro das montañas recurrían a:

a) Romper a montaña con auga

b) Romper a montaña con catapultas

c) Nas Médulas o que se extraía era prata

  

4. A riqueza máis valorada na costa levantina era

a) A industria tintoreira

b) A gandaría equina, porque tiña uns cabalos moi rápidos

c) A preciadas laranxas, como froita moi valorada en Roma

 

5. Na última escena do vídeo aparece:

a) As murallas de Lugo

b) O anfiteatro de Mérida

c) O acueduto de Segovia


6. O asedio a Numancia durou (INVESTIGA):

a) 3 meses

b) 9 meses

b) 15 meses



 



lunes, 6 de mayo de 2024

ENTREVISTA ENTRE HITLER E FRANCO



Última entrada do curso 2023-24 para entreterse aprendendo. En outubro de 1940, Hitler e Franco mantiñan unha entrevista na estación de tren da localidade do País Vasco Francés de Hendaya, preto da fronteira con España. O obxecto da mesma era negociar a posible entrada de España na II Guerra Mundial en favor do Eixe. Nesta entrega do blogue propoñémoche viaxar no tempo ata ese feito da man da serie de ficción "O Ministerio do Tempo".. Neste caso remitímonos ao capítulo 3 da pirmeira tempada, baixo o título "Como se reescribe o tempo". Nel os seus protatonistas, Amelia, Xulián e Alonso, axentes deste peculiar ministerio, deben viaxar ao pasado cunha misión moi especial: evitar que cristalice o acordo entre Hitler e Franco, porque se o fai, a Historia tería cambiado moito. Para ver este capítulo pincha no seguinte enlace:


Logo de visionar o capíulo realiza as seguintes actividades. [Fainas na libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título ACTIVIDADES DE TEMA: O MINISTERIO DO TEMPO. COMO SE REESCRIBE O TEMPO. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles. 
Presentar e correxir na aula o xoves 16 de maio.

******************************

Saúdo entre Hitler e Franco en Hendaya
ACTIVIDADE Nº 1: Resposta con brevidade ás seguintes cuestións.-
1. Nun momento do capítulo enuméranse as demandas territoriais que Franco prantexaba a Hitler para entrar na II Guerra Mundial. En concreto, cales eran?
2. Que líder nazi se traslada a Madrid e logo a ao mosteiro de Montserrat? Segundo a ficción da serie: que buscaban realmente os nazis en Montserrat?


Imaxe actual do mosteiro de Montserrat
3. Dous comandos do Ministerio do Tempo viaxan ata 1940. Cal era a misión de cada un deles?
4. Segundo se argumenta no capítulo: Por que era perigoso que os nazis descubriran as portas do tempo a viaxaran ao futuro?
5. Un axente do ministerio estaba infiltrado naquel vagón de tren onde se reuniron Hitler e Franco. Que labor desempeñaba durante a entrevista?
6. Un dos comandos ao ver todo perdido tenta matar a Hitler. Como ía facelo?
7. Por que razón Hitler ía aceptar tódalas peticións de Franco? E por que razón da marcha atrás na última hora?
8. O director do Ministerio insta a Himmler a que telefonee a Hitler para informalo de que "todo foi un soño" e que as portas do tempo non existen. Baixo que ameaza o forza a realizar esa chamada?


Himmler na súa chegada a Montserrat
ACTIVIDADE Nº 2: Distingue entre realidade e ficción.-
Das seguinte afirmacións relacionadas co capítulo indica cales son realidade e cales son ficción:
1. Na súa visita a España Himmler viaxou directamente a Madrid para tratar asuntos relacionados coa entrevista Hitler-Franco e coas relacións hispano-xermanas.
2. Himmler estivo en Montserrat na procura do Santo Grial.
3. O traductor Álvarez de Estrada, que estaba previsto acompañara Franco na entevista con Hilter, non puido estar presente nela por unha indisposición.
4. Ao final da entrevista Hitler rompeu os papeis e non houbo acordo algún para a entrada España na guerra.


ACTIVIDADE Nº 3: Investiga.-
1. Un famoso pintor español aparece refrexado na capítulo queixándose do mal que están restaurando os seus cadros no futuro. Quen é ese pintor? En que século vivíu? Cal é o título do cadro que lle ensina Xulián, Amelia e Alonso, como exemplo de mala restauración?
2. Cal era o cargo de Himmler na Alemaña nazi? 
3. Que é o Santo Grial?


ACTIVIDADE Nº 4: Opina.-
Se poideras viaxar por un momento no tempo: a que época da historia de España o farías? E que época evitarías a toda costa? Xustifica as respostas.

miércoles, 1 de mayo de 2024

LA CIUDAD DEL FUTURO


Última entrada do curso. Propoñémosche visionar parte do programa de Jalís de la Serna para o a SextaTV titulado "A Cidade do Futuro", unha aposta polo mundo sostible e as enerxías alternativas que nos traslada a Suecia. Para velo pincha no seguinte enlace: (NOTA: Inclue anuncios, e haberá que velo para ter acceso aos vídeos.




Dentro dese enlce elixe a opción de "te intenta dirigir a http://www.lasexta (etc.)
E unha vez dentro, baixa na páxina e elixe ver os tres vídeos que seguen:

Vídeo 1: Te imaginas que te paguen por reciclar?
Vídeo 2: Cuando la conciencia medioambiental termina con las supersticiones
Vídeo 3: Esta es la clave por la que Wäxjö tien la calefacción un 25% más barata
_________________

Logo da velo realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espacio cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE”: " A CIDADE DO FUTURO". Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. As actividade correxiranse na aula o día 9 de maio.

O xornalista e presentador do programa Jalís de la Serna

ACTIVIDADE Nº 1.- Contesta brevemente ás seguintes cuestións relacionadas cos vídeos:
VÍDEO Nº 1.-
1. O pai e o fillo dispóñense a reciclar o que levan nunha bolsas: Onde facer esa labor de depósitalo?
2. Que obteñen a cambio de reciclar o que levan? 
3. Canto diñeiro lle figura no tiket ao final?

VÍDEO Nº 2.-
1. No vídeo nº 2: Que visita Jalís de la Serna?
2. En que consiste a enerxía que obteñen e para que a empregan?
3. Eplica brvemente como funciona.
4. Cantos cadaleitos se quema por ano nese crematorio? 

VÍDEO Nº 3.-
1. A que se adica a planta que visita Jalís de la Serna neste vídeo? (Na marxe, situación de de Växjö no mapa)
2. Unha árbore destiíñase a produció nde papel e outros fins. Pero: que porcentaxe da árbore é inservible e so serve par queimar?
3. O calor orixinado desde esa pranta produce enerxía: unha parte vai a rede eléctrica nacional, pero: que outros dous fins ten esa enerxía na cidade?
4. Na cidade de Växjö:  Canto CO2 se calcula que aforrou esta pranta evitar botar a atmosfera?