martes, 4 de junio de 2024

 XOVEN E GANDEIRO (3º ESO-extra)

Pechamos o curso cunha entrada extra. Versa sobre O SECTOR PRIMARIO. Prántexácheste algunha vez a posibilidade de ser agricultura, gandeiro o mariñeiro de pesca? Pois aquí imos presentarche a un rapaz galego coma ti que, moi novo, decidiu se gandeiro. Visiona este vídeo, de menos de 3 minutos, e realiza as actividades que se propoñen. As actividades feitas deben presentarse e serán correxida na aula o vindeiro venres 7 de xuño.



Como sempre, fainas na libreta, enmarcando nun recado o título “FORA DE CLASE: XOVEN E GANDEIRO”, e logo coloeando ese recador na cor elexido por ti para o bloque. Lembra: de xeito ordeado, copia o enunciados e contestas sempre con parte deles. 

     ACTIVIDADE Nº 1.- Contesta ás preguntas seguintes:
1.   Cal é o nome do protagonista e que idade ten?
2.   Que méritos obtivo el  en concurso con vacas e con que idade?
3.   Observando: que exemplos de doenzas amosa que pode detectar fixándose no  animal?
4.   Como se decata de que unha vaca é máis mansa ou máis brava?
5.   Por que defende el o quedarse no rural con respecto á irse para a cidade?
 
ACTIVIDADE Nº 2.- Investiga e/ou reflexiona e contesta:
1.   En que lugar de Galicia se atopa o noso protagonista?
2. Que estudos está realizando para profesionalizarse? Que eidos está aprendendo para dirixir unha explotación gandeira?
3.  En función ao que ves nas imaxes: entende que a súa explotación encadraríase na gandaría intensiva ou extensiva? Xustifica a resposta.