HAI VIDA NOUTROS PLANETAS?
Primeira entrada do blogue neste 2024-25 en 1º de ESO. Relacionado co tema que acabamos de abordar na aula, prantexámosche o visionado dun vídeo da canle NATIONAL GEOGRAPHIC, onde o físico e cosmólogo Stephen W. Hawking fala sobre a posibilidade da existencia de vida noutros planetas. Para velo pincha abaixo no icono de "play".
Logo de visionalo, rotula na libreta o título FÓRA DE CLASE: HAI VIDA NOUTROS PLANETAS?. Enmarca o título nun recadro e colorea ese recadro. Logo resolve as actividades que a continuación se prantexan. Para iso vaite copiando os enunciados, e respostando empregando na redación parte do enunciado. Para ser contabilizado o traballo, presenta estas actividades feitas o vindeiro xoves 26 de setembro, para ser correxidos ese día na aula.
ACTIVIDADE Nº 1.- Contesta brevemente ás seguintes cuestións sobre o vídeo:
1. Que dúas condicións deben cumprir os planetas candidatos a ter vida?
2. Para ter auga líquida, os planetas candidatos a albergar vida non poden estar nen moi preto nen moi lonxe das estrelas. Por que sería imposible albergar auga se estiveran moi preto ou moi lonxe das estrelas?
3. Cantos anos se apunta que ten a nosa galaxia? E que nome recibe a nosa galaxia?
4. Segundo o exposto no vídeo: cantos planetas poden existir candidatos a albergar vida?
ACTIVIDADE Nº 2.- Investiga sobre a figura de Stephen W. Hawking, e contesta ás seguintes cuestións:
1. Indica a nacionalidade, o ano de morte e que idade finou Stephen W. Hawking.
2. Que enfermidade padecía? En que consiste esa enfermidade?
3. Hawking colleitou innumerables premios pola súa labor. No ano 1989, recolleu un dos galardóns máis importantes da súa vida en España: de que premio estamos a falar?