AS ORIXES DA REVOLUCIÓN FRANCESA
Primeira entrada do curso 2024-25. A Revolución Francesa foi a "nai" de todas aquelas revolucións que alumbraron os modelos democráticos actuais. Foi a primeira en derrubar o Antigo Réxime e convertiuse por iso nun modelo para outros países. Pero por que estoupou aquela revolución? Cales foron as súas causas? Para comprender estes e outros aspectos que rodearon o inicio da Revolución Francesa, visiona o seguinte vídeo.
Despois do visionado realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE: AS ORIXES DA REVOLUCIÓN FRANCESA". Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación en corrección destas actividades será o xoves 27 de setembro na aula. Ánimo...!!
A toma Bastilla |
1. O vídeo apunta que o Pazo de Versalles foi mandado construir polo rei Luis XIV nun pobo das afóras de París. En concreto: a cantos quilómetros distaba da capital este pazo?
2. En que ano se celebra a voda entre o Luis Capeto (futuro Luis XVI) e Mª Antonieta? A que dinastía representaba cada un dos contraíntes?
3. Apunta o documental que Luis XVI non puido consumar o matrimonio ata anos despois de terse casado. De feito, tardou sete anos en ter descendencia. Pero na realidade, por que motivo o rei non puido consumar o matrimonio antes?
Execución de Luis XVI |
5. O ministro de Finanzas, Necker, foi destituido polo rei en vísperas da xornada revolucionaria do 14 de xullo. Esa destitución soliviantou todavía máis ao pobo. Que argumento deu Luis XVI para xustificar a decisión súa de cesar a Necker?
7. Cantas semanas estiveron os Estados Xerais reunidos de xeito infructuoso sin poder avanzar en acordos?
8. Con que obxectivo asaltaron as masas enfervorizadas a Bastilla? Que ocorríu co director da Bastilla, cando, tras tratar de defender aquela prisión-fortaleza, rendíuse?
1. O vídeo arranca coa figura dun revolucionario francés na véspera de ser executado. Quen era ese personaxe e por que ía fora condeado a morte?
2. Indica rasgos da personalidade e das súas aficións que se apuntan no vídeo sobre as seguintes personaxes:
· Luis XVI
· María Antonieta
· Robespierre
No hay comentarios:
Publicar un comentario