lunes, 9 de diciembre de 2024

RENACEMENTO & BARROCO (3º ESO)


Vimos de traballar na aula un tema sobre o Renacemento de do Barroco, os dous grandes estilos artísticos internacionais que caracterizan a Idade Moderna. Sobre eles versa esta nova entrada do blogue.

Fainas la libreta, deixando un espacio cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE”: ROMÁNICO & GÓTICO. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles. A data de presentación e corrección destas actividades será o  martes 17 de nadal.

Despois do traballado en clase, distingue se  cada unha das seguintes obras é renacentista ou barroca, xustificando en cada caso a resposta o mellor e máis amplo posible.


Nº 1

Nº 2

Nº 3

Nº 4

Nº 5

Nº 6

Nº 7

Nº 8

Nº 9

Nº 10

Nº 11

Nº 12

PASEO POLA CIDADE MEDIEVAL

Damos un paseo pola cidade da Baixa Idade Media, vinculado ao tema que vimos de rematar na aula. Facémolo de mans de Canle Historia, cun documental de 14’52’’ minutos. Para velo pincha aquí abaixo no icono de play para visionalo, coñecer máis a engadir méritos para esta segunda avaliación que arrancamos aquí:
 



Despois do visionado realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE:  A CIDADE NA BAIXA IDADE MEDIA". Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación en corrección destas actividades será o luns 16 de nadal 


ACTIVIDADE  Nº 1: Proba que estiveches atento contestando as seguintes curiosidades.- 
1. Cantos quilómetros apunta o vídeo debían percorrer, como moito, os mercaderes na ruta cada día?
2. As murallas eran un elemento que identificaba á cidade medieval. A través das súas portas accedíase á cidade. A pregunta é: a que hora abrían e se pechaban as portas da muralla?
3. Que artiluxio relacionado coa medición do tempo adquire protagonismo na cidade a partir do s. XIII, e onde estaba situado?
4. Na cidade medieval proliferan moito as tabernas, onde comía, bebía e xogaba a xente. Cal era o principal xogo nas tabernas que se apunta no vídeo?
5. Como non había rede de sumidoiros: cal era a alternativa para facer cada quen as “necesidades” na cidade?
6. Que institución, se afirma no vídeo, autogobernaba a cidade?
7. Apunta o vídeo que a cidade promove o asociacionismo. Que entidade asociativa coñeces ti que xurdira nesta época? En que consistía?


Unha imaxe da cidade medieval refrexada polo cine

ACTIVIDADE  Nº 2: Describe.-
A raíz do vídeo escribe un texto de tres liñas no que describas de xeito claro a cidade e a vida na cidade medieval. (No foto, a cidade de Ávila hoxe, que conserva as súas murallas medievais)
 
ACTIVIDADE Nº 3: Sinala se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións relacionada co vídeo.-
a) Nas portas das murallas adoitaba cobrarse unha peaxe aos mercaderes que entraban para vender mercadurías.
b) No vídeo describe o burgo dos arredores das murallas, onde vivía a burguesía.
c) Na Baixa Idade Media, cobrou importancia a faceta urbanística para facer crear a cidade de xeito ordeado.
d) Na cidade medieval a xente adoitaba pasar moito tempo na rúa.
e) Ideouse xa un ascensor rudimentario para evitar as escaleiras e poder subir os residente sasí ás planta altas.
f) Un bloque de casas podía chegar a ter conco ou seis prantas.

 A TREGUA DE NADAL


Imaxe cotiá nunha trincheira
Europa vivíu entre 1914 e 1918 a I Guerra Mundial, o conflito máis destructivo que o mundo coñecera ata daquela. Esta é a unidade que acabamos de traballar na aula. Con tal motivo ofrecémosche unha actividade complementaria para mellorar as túas competencias. Como se achega o nadal que mellor ocasión para visionar o seguinte documental de "Canal Historia" (duración: 45’) que versa sobre un emotivo episodio acaecido na Noiteboa de 1914 e que foi coñecido como “a tregua do Nadal”. Desde aquí os nosos mellores desexos de felidade, saúde e benestar para ti e toda a tús familia. Para ver o vídeo pincha no icono de play abaixo.




Tamén podes velo a través deste ENLACE: A tregua de Nadal

Logo do visionado realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espacio cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE”: A TREGUA DE NADAL NA I GUERRA MUNDIAL. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A presentación será con imaxes a través de corre-e, tendo como data tope o 27 de nadal


Soldados metidos dunha trincheira 
ACTIVIDADE Nº 1.- Contesta brevemente ás seguintes cuestións relacionadas directamente coa chamada “tregua do nadal”:
1. Cando aconteceu a “tregua do nadal”, en que fronte, e soldados de que dous países a protagonizaron?
2. Preto de que cidade belga aconteceu?
3. Como empezou?
4. Que famosa panxoliña acabou sendo entoada nas trincheiras por soldados dun de doutro bando?
5. Que elemento típico do nadal nas nosas casas mostraron desde as trincheiras alemanas?
6. Que intercambiaron soldados de ambos bandos? A que deporte xogaron incluso xuntos?
7. Que outros xestos de confraternidade describe o documental se produciron por parte dun e doutro bando?
8. Cal era a preocupación fundamental do Alto Mando do cada exército sobre esta tregua? Que órdenes cursaron para tratar de poñerlle fin?
9. Cando se deu por rematada a tregua?


Soldados franceses loitando na trincheira
ACTIVIDADE Nº 2.- Resposta a outras cuestións relacionadas co documental.
1. No documental compárase o Plan Schlieffen alemán concebido para I Guerra Mundial cunha porta xiratoria, por qué?
2. Apunta tamén que no inverno de 1914 morreron máis soldados na fronte por conxelación, gangrena e o mal denominado “pe de trincheira”, que por lume inimigo. Pero, que di o documental que era o “pe de trincheira”?
3. Que tipo de arma que sementou o terror nas trincheiras empezouse a empregar despois dese inverno de 1914?