lunes, 9 de diciembre de 2024

 A TREGUA DE NADAL


Imaxe cotiá nunha trincheira
Europa vivíu entre 1914 e 1918 a I Guerra Mundial, o conflito máis destructivo que o mundo coñecera ata daquela. Esta é a unidade que acabamos de traballar na aula. Con tal motivo ofrecémosche unha actividade complementaria para mellorar as túas competencias. Como se achega o nadal que mellor ocasión para visionar o seguinte documental de "Canal Historia" (duración: 45’) que versa sobre un emotivo episodio acaecido na Noiteboa de 1914 e que foi coñecido como “a tregua do Nadal”. Desde aquí os nosos mellores desexos de felidade, saúde e benestar para ti e toda a tús familia. Para ver o vídeo pincha no icono de play abaixo.




Tamén podes velo a través deste ENLACE: A tregua de Nadal

Logo do visionado realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espacio cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE”: A TREGUA DE NADAL NA I GUERRA MUNDIAL. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A presentación será con imaxes a través de corre-e, tendo como data tope o 27 de nadal


Soldados metidos dunha trincheira 
ACTIVIDADE Nº 1.- Contesta brevemente ás seguintes cuestións relacionadas directamente coa chamada “tregua do nadal”:
1. Cando aconteceu a “tregua do nadal”, en que fronte, e soldados de que dous países a protagonizaron?
2. Preto de que cidade belga aconteceu?
3. Como empezou?
4. Que famosa panxoliña acabou sendo entoada nas trincheiras por soldados dun de doutro bando?
5. Que elemento típico do nadal nas nosas casas mostraron desde as trincheiras alemanas?
6. Que intercambiaron soldados de ambos bandos? A que deporte xogaron incluso xuntos?
7. Que outros xestos de confraternidade describe o documental se produciron por parte dun e doutro bando?
8. Cal era a preocupación fundamental do Alto Mando do cada exército sobre esta tregua? Que órdenes cursaron para tratar de poñerlle fin?
9. Cando se deu por rematada a tregua?


Soldados franceses loitando na trincheira
ACTIVIDADE Nº 2.- Resposta a outras cuestións relacionadas co documental.
1. No documental compárase o Plan Schlieffen alemán concebido para I Guerra Mundial cunha porta xiratoria, por qué?
2. Apunta tamén que no inverno de 1914 morreron máis soldados na fronte por conxelación, gangrena e o mal denominado “pe de trincheira”, que por lume inimigo. Pero, que di o documental que era o “pe de trincheira”?
3. Que tipo de arma que sementou o terror nas trincheiras empezouse a empregar despois dese inverno de 1914?

 



No hay comentarios:

Publicar un comentario