CINE... retorno á Idade Media
Para este Nadal propoñémosche un blogue extra para aprender de Historia disfrutando do cine (ou disfrutar do cine aprendendo Historia). 😉 Se che quedou pendente facer unha entrada do blogue neste primeiro trimestre, ou temes que ao final non poidas cumprir co ciclo de nove neste curso, ou queres sumar para subir nota… Ou, simplemente, apetéceche aprender mentras ves una peli... Prepara unhas "palomitas", un refresco (ou un chocolate quentiño), enfúndate nunha mantiña e... Cámara! Acción!. Represamos ao mundó da Idade Media a través do cine. Para ver a peli pincha abaixo, enriba e pantalla ou co enlace. Agardo que te entreteña.
Logo de vela fai as seguintes actividades na libreta rotulando no título: FORA DE CLASE: EXTRA DE NADAL. Manda os exercicios feitos por corre-e a xeito de foto. O prazo de entrega remata do ano. Polo tanto dispós de prazo ata o 31 de decembro ás 23:59 horas.
ACTIVIDADE Nº.- Contesta brevemente ás seguintes cuestións:
1. E que ano e lugar se inicia a película?
2. O protagonista Arn Magnunson foi entregado de pequeno a un mosteiro. Por que razón foi entregado para ser tutelado alí?
3. Que dúas cousas aprende de neno e mozo no mosteiro?
4. Quen forma ao protagonista nas armas?
5. Cando regresa coa familia rétase en duelo con outro nobre considerado “a mellor espada do rei”, por o protagonista decid ocupar o posto do seu pai nese duelo. Por que razón se enfrentan as familias?
6. Por que razón foi excomungado Arn e a súa familia? Que outro pena lle foi imposta polo bispo?
7. Que nome tiña a súa prometida?. Cando é recluida nun convento de monxas: que castigo recibe ao pouco de chegar?
8. Cando fina a antiga abadesa: que posto de ofrecen á prometida e por que razón rexeita o posto?
9. Por que razón é destiñado Arn ás Cruzadas como cabaleiro templario?
10. Cando o protagonista está nas cruzadas: a que líder árabe temen e que avanza con seu exército para ocupar Jerusalén?
11. Cando o protagonista é capturado polo éxército árabe: en que cidade se atopa cando recupera a consciencia?
12. Quen se enfronta na última batalla da película? E como remata a película?
ACTIVIDADE Nº 2 / APRENDENDO HISTORIA.- Investiga por ti, buscando información:
1. Que foron as Cruzadas e cando tiveron lugar?
2. En función da data de inicio da película, e tendo en conta que houbo seis grandes cruzadas: en cal dela situarías esta película?
3. Busca información e describe as rutas seguidas polos cruzados cara a Terra Santa nesa cruzada (desde Europa a Terra Santa).
4. Na película aparece un personaxe histórico real, líder árabe que trataba de recuperar Jerusalén, de nome Saladino. Busca informació sobre ese personaxe e escribe unha breve reseña de quen foi (tres oucatro liñas).
5. A orde de Temple: que é? Busca información sobre esta orde militar e relixiosa e escribe unha reseña (tres ou catro liñas) con información desa orde templaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario