Este é o blogue de Xeografía e Historia da ESO do Colexio Possumus (Vigo). Trátase dunha canle de doble dirección: a través dela poderás acceder a recursos e actividades para mellorar nas túas competencias, pero tamén é un medio para poder poñerte en contacto co mestre co obxecto de solventar dúbidas ou compartir inquedanzas sobre os contidos de clase e as actividades propostas. Aquí ti fas a historia.
Propoñemos nesta entrada un TRABALLO PRÁCTICO para entender como funciona a bolsa e comprender mellor o seu impacto na crise de 1929. Seguindo as pautas explicadas en clase, trátase de facer un investimento, o seguimento das accións e realizar un balance final de resultados.
Imaxe do interior de Bolsa de Madrid en plena actividade
NORMATIVA
1.Dispós de 15.000 euros para invertir
2.Cada inversor debe presentar a cadrícula con todos os datos de compra, debidamente cumprimentados tal e como explicamos en aula.
3.Débense mercar un mínimo de 3 valores e un máximo de 5
5. Xoga coas cores: verde se gañas en acción con respecto ao día anterior; vermello, se perdes.
6. Pódense vender e mercar valores novos. Admítese un máximo de 3 cambios, os cales debes efectuar no momento no tabuleiro.
7. 2x1: O alumn@ que obteña un balance máis positivo terá un doble positivo no blogue e un agasallo.
A continuación, tal e como explicamos en clase, figura a plantiña orientativa que tes que desenvolver. Lembra: empezamos cumplimentando a plantiña cos datos do 29 xaneiro pola tarde na casa. Logo imos actualizando na plantiña ao día (11,20 horas). Remataremos o traballo o día 11 de febreiro. Logo completa os balances e escribe a valoración final (por que elexiches esos valores, cal foi o teu balance económico, de que tomaches conciencia co traballo, etc.), para entregar logo o traballo ao día seguinte, o 12 de febreiro.
Aproveitamos tamén para deixarche aquí un pequeno vídeo de 8 minutos de duración para analizar a crise actual en clave de humor británico. Non o perdas. Pincha no icono de play abaixo
No hay comentarios:
Publicar un comentario