viernes, 27 de febrero de 2026

ROMÁNICO E GÓTICO

Terceira entrega do blogue nesta segunda avaliación.  Visiona este breve vídeo sobre a arte románica e gótica. Para velo pincha abaixo no icono de play:



Rotula o título la libreta: FÓRA DE CLASE: ROMÁNICO E GÓTICO. Logo realiza os seguintes exercicios. Remite por correo-e unha imaxe que reflicta a actividade feita, para ser contabilizada. A data tope de presentación é o mércores 4 de marzo. Correxirase en clase o xoves día 5. 


____________________________

 

ACTIVIDADE Nº 1.- Contesta brevemente as seguintes cuestións:

1. Sobre que disciplina da arte vai este vídeo; arquitectura, escultura ou pintura, ou sobre os tres?

2. Cales son son tres elementos  que destaca co vídeo sobre a arte románica?

3. Cales son os tres elementos que destaca o vídeo sobre a arte gótica?

 

ACTIVIDADE Nº 2.- Á vista do que ves, establece as diferencias entre:

- arco de medio punto e arco apuntado

- contraforte e arbotante

 

ACTIVIDADE Nº 3.- Identifica que elemento arquitectónico ves en en cada imaxe e indica se é propio do románico ou do gótico:


A: Aquí ves un elemento exterior: como se chama?
En que estilo se encadra?



B: Aquí ves dous elementos
Cales son? A que estilo pertencen?



C: Aquí ves un elemento arquitectónico relaciona con arcos.
Que nome recibe? En que estilo se encadra?



domingo, 8 de febrero de 2026

VIAJE CON NOSOTROS… 


Nesta entrada retámoste a coller a maleta e coñecer os países do mundo de mans dunha viaxe virtual con 
POSSUMBLUE. Deste xeito servirache para saber localizar os países e capitais do listado que temos qu estudar neste primeiro tema de Xeografía. Engadido prantexámosche un reto para poder puntuar como actividade de blogue, se eres quen se superalo. Nesta ocasión, no só vale con presentarte: tes que acadar o reto.
Pincha nos enlaces que seguen e xoga para aprender a localizar os países. Decídete por un dos dous retos (ou acumula os dous: podendo obter 1 positivo por reto (se fas os o logras nos dous retos: dous positivos de blogue!... SUPEROFERTA!!!! 😊 😊 😋). As probas empezarán a realizarse despois de Entroido, ata agotar quenda de participante.


Reto 1 (+): Saber localizar sen erro algún os países e capitais de Europa + provincias de España.
Reto 2(+): Localizar os países de todos os continentes acadando un mínimo dun 80% de acertos.









_____________________