ROMÁNICO E GÓTICO
Terceira entrega do blogue nesta segunda avaliación. Visiona este breve vídeo sobre a arte románica e gótica. Para velo pincha abaixo no icono de play:
Rotula o título la libreta: FÓRA DE CLASE: ROMÁNICO E GÓTICO. Logo realiza os seguintes exercicios. Remite por correo-e unha
imaxe que reflicta a actividade feita, para ser contabilizada. A data tope de presentación é o mércores 4 de
marzo. Correxirase en clase o xoves día 5.
____________________________
ACTIVIDADE Nº 1.- Contesta
brevemente as seguintes cuestións:
1. Sobre que disciplina da arte
vai este vídeo; arquitectura, escultura ou pintura, ou sobre os tres?
2. Cales son son tres
elementos que destaca co vídeo sobre a
arte románica?
3. Cales son os tres elementos que
destaca o vídeo sobre a arte gótica?
ACTIVIDADE Nº 2.- Á vista do que
ves, establece as diferencias entre:
- arco de medio punto e arco
apuntado
- contraforte e arbotante
ACTIVIDADE Nº 3.- Identifica
que elemento arquitectónico ves en en cada imaxe e indica se é propio do
románico ou do gótico:
![]() |
| A: Aquí ves un elemento exterior: como se chama? En que estilo se encadra? |
![]() |
| B: Aquí ves dous elementos Cales son? A que estilo pertencen? |
![]() |
| C: Aquí ves un elemento arquitectónico relaciona con arcos. Que nome recibe? En que estilo se encadra? |



No hay comentarios:
Publicar un comentario