jueves, 26 de marzo de 2026

ESPAÑA NA UNIÓN EUROPEA


Nova entrada do blogue, neta ocasión para coñecer por dentro a Unión Europea desde España, o que non aporta Europa, o que nos costa, os retos que a U. E. ten ante si. Para iso ofrecemos un video de TVE cunha duración de 9 minutos. Para velo pincha no seguinte enlace:

30 ANOS DE ESPAÑA NA U.E. 

Logo de escoitar ver o vídeo realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espacio cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE":  ESPAÑA E A UNIÓN EUROPEA. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o  martes 7 de abril (ao regreso de Semana Santa).



EXERCICIO Nº 1.- Contesta brevemente ás seguintes cuestións (ben relacionadas co documental, ben tendo que investigar algúns aspectos)

1.    Cando entra España na entonces C.E.E.? O documento amosa como era a España de entonces. Indica dous rasgos daquela España que te sorprenderan.

2.    Varios productos agrario sufríu cona entrada da EU. O vídeo amósanos un: de que cultivo se trata e como lle afectou a entrada na EU?

3.    A que institucións europea adica o video unha parte?. Indica ti onde ten a súa sede e cales son as súas funcións máis importantes.

4.    Canto diñeiro veu desde a U.E. para investir no desenvolvemento de varias rexións en España?

5.    Moito dese diñeiro adicouse a construccións de autovias e autopistas. Daquela: cantos quilómetros tiña España e cantos ten hoxe grazas em boa parte ás aportacións europeas?

6.    Que problemas se deixan ver na reportaxe que preocupan actualmente á Unión Europea?


Sinatura do tratado de adhesión de España á U.E.

EXERCICIO Nº 2.- Sinala se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións relacionada co documental e/ou coa U.E.

1.    O país que entrou com nos naquel mesmo ano foi Portugal e na CEE pasaron a ser así 12 países.

2.    O presidente español que aparece no documental e que ainou o tratado de adhesión foi José María Aznar.

3.    Antes dese ano de ingreso, España no puido entrar na Unión Europea porque antes debía cursar ingreso na ONU.

4.    O actual comisario de España na Unión Europea e Manuel Marín, que mesmo aparecía no documental.

 

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario