fóra de clase
Este é o blogue de Xeografía e Historia da ESO do Colexio Possumus (Vigo). Trátase dunha canle de doble dirección: a través dela poderás acceder a recursos e actividades para mellorar nas túas competencias, pero tamén é un medio para poder poñerte en contacto co mestre co obxecto de solventar dúbidas ou compartir inquedanzas sobre os contidos de clase e as actividades propostas. Aquí ti fas a historia.
jueves, 10 de abril de 2025
martes, 1 de abril de 2025
ESPARTA E O PASO DAS TERMÓPILAS
Primeira entrada do curso 2024-25. A fins de xullo do ano 480 a. C. os gregos, liderados polos espartanos, bloquearon o Paso das Termópilas durante unha semana, impedindo así o avance dos persas desde Macedonia cara o sur, e facerse así con toda a Grecia Europea. Aquela batalla, aínda que perdida polos gregos, supuxo que éstos gañaran un tempo que foi vital para organizarse internamente, co obxecto de facer fronte aos persas e gañar á postre aquelas Guerras Médicas. Nesta entrada do blogue brindámoche un audiodocumental de 28 minutos de duración extraído da sección "Pasaxes da Histonia" do programa "A Rosa dos Ventos", dirixido por Juan Antonio Cebrián -xornalista finado en 2007-. Nel achégache a á filosofía do exército espartano máis este episodio da Termópilas. Para escoitalo pincha no seguinte enlace, e así terás acceso directo ao audio. Tamén, se queres, podes baixalo e levalo ao teu MP3 ou equipo reproductor de son, e escoitalo de xeito máis cómodo.
![]() |
Fotograma da pelíucla "300" que recrea a batalla das Termópilas |
2. Que destiño agardaba aos rapaces espartanos discapacitados ou a todos aqueles que non superaban a formación militar?
3. Que eran as chamadas "critias" espartanas? E quen eran os hoplitas?
![]() |
Mapa de Grecia onde se reprexa as Termópilas |
5. As Termópilas era un angosto paso cara o sur. Que ancho (apúntase no audio) tiña aquel paso na parte máis estreita?
6. Segundo o documental, no referente aos persas: cantos soldados integraban o seu exército? Que nome recíbía a tropa de élite que rodeaba ao seu rei?
7. En canto aos gregos: Cantos quedaron ao final para defender o Paso das Termópilas?
ACTIVIDADE Nº 2.- Investiga.-
![]() |
Cartel da película "300" |
2. No audio tamén se menciona que o soldado Filípides percorreu a distancia entre a chaira de Maratón e Atenas para comunicar a vitoria grega sobre os exércitos persas do rei Darío. Que distancia exacta percorreu daquela Filípides? E a que famosa proba de atletismo, na que se corre aquela mesma distancia, da nome hoxe aquel fito?
XOVEN E GANDEIRO (3º ESO)
Primeira entrada do blogue nesta 3ª avaliación, e que versa sobre O SECTOR PRIMARIO. Prántexácheste algunha vez a posibilidade de ser agricultor/a, gandeiro/a o mariñeiro/a de pesca? Pois aquí imos presentarche a un rapaz galego, coma ti que, moi novo, decidiu se gandeiro. Visiona este vídeo, de menos de 3 minutos, e realiza as actividades que se propoñen.
Como sempre, fainas na libreta, enmarcando nun recado o título “FORA DE CLASE: XOVEN E GANDEIRO”, e logo coloeando ese recador na cor elexido por ti para o bloque. Lembra: de xeito ordeado, copia o enunciados e contestas sempre con parte deles. A data de presentación e corrección na aula é o vindeiro martes 8 de abril
ACTIVIDADE Nº 1.- Contesta ás preguntas seguintes:
1. Cal é o nome do protagonista e que idade ten?
2. Que méritos obtivo el en concurso con vacas e con que idade?
3. Observando: que exemplos de doenzas amosa que pode detectar fixándose no animal?
4. Como se decata de que unha vaca é máis mansa ou máis brava?
5. Por que defende el o quedarse no rural con respecto á irse para a cidade?
ACTIVIDADE Nº 2.- Investiga e/ou reflexiona e contesta:
1. En que lugar de Galicia (lugar e provincia) se atopa o noso protagonista?
2. Que estudos está realizando para profesionalizarse? Que eidos está aprendendo para dirixir unha explotación gandeira?
3. En función ao que ves nas imaxes: entendes que a súa explotación encadraríase na gandaría intensiva ou extensiva? Tradicional oo de mercado? Xustifica en cada caso a resposta.
miércoles, 26 de marzo de 2025
4º ESO (1º blogue da 3ª avaliación)
Deberase presentar por corre-e adxunto un documento coas seguintes características (cumprimento obrigado):
Documento: Word (ou LibreOffce)
Tipo de letra: Arial
Tamaño de letra: 11
Cor de letra: negro
Espaciado: dobre espazo
Prazo de entrega: remata o mércores sábado 29 de marzo ás 15 horas.
Avaliación: puntuación dobre (se reúne as condicións mínimas a actividade remitida en prazo)
Ø Como actividade (obrigada) emprazada para casa.
Ø Como actividade (voluntaria) de blogue.
COMENTARIO DE TEXTO (OU PREGUNTAS)
"Temos coñecido o
traballo esgotador esixido a cambio de salarios que non nos permitían nen
saciar a nosa fame, nen vestirnos ou aloxarnos decentemente, nen educar aos
nosos fillos como seres queridos.Temos coñecido as
ironías, os insultos, os golpes de debiamos soportar mañá, tarde e noite,
porque eramos negros. Quen esquecerá que a un negro se lle dicía ti,
certamente non como a un amigo, senón porque o vostede honorable
estaba reservado unicamente para os brancos?Temos coñecido as nosas
terras expoliadas en nome de documentos pretendidamente legais, que non facían
máis que recoñecer o dereito do máis forte; temos coñecido que a lei no era a
mesma, segundo se tratase dun branco ou dun negro, complacente para
uns e cruel e inhumana para outros.Temos coñecido os
sufrimentos atroces dos confinados por opinións políticas e crenzas relixiosas.
Temos coñecido que nas cidades había casas magníficas para os brancos, e
chouzas de palla ruinosas para os negros; que un negro non era admitido nen nos
cines, nen nos restaurantes, nen nos almacéns chamados europeos (...)" (Nota: na foto, o autor Patrice Lumimba, a ombreiros)
(Patrice Lumumba, primeiro ministro do Congo. Discurso na cerimonia de independencia, 1960)
- Natureza,
idea central e división en partes do texto (2)
- Que
aspecto do colonialismo está a denunciar o autor aquí? Cita exemplos que se
mencionen e que demostren a marxinación dos negros durante a época
colonial. (2)
- A
que potencia europea pertencía a colonia do Congo? Enumera os factores que
fixeron posible o movemento descolonizador. (2)
- Que
é o Terceiro Mundo? Que demandas prantexaban na Conferencia de Bandung os
países descolonizados? (2)
- Espazo
tempo, autor, obra e opinión persoal (suxerencia: que responsabilidade pensas
ti que teñen das potencias occidentais na creación) (2)
miércoles, 26 de febrero de 2025
AS MOMIAS DO antigo exipto
Exercicio nº 1.- Contesta brevemente ás seguintes cuestións:
1. Segundo o vídeo: canto días podía levar o traballo de embalsamamento?
2. Como e por onde retiraba o cerebro aos cadavres?
3. E como practicaban a retirada dos órganos interno no corpo?
4. Como se procedía cos órganos, unha vez retirados?
5. O embalsamamento era moi caro. Cantos cartos podía supoñer o ritual funerario entre embalsamamento e carauta para o defunto?
6. Cando non había diñeiro, moitos cadavres eran soterreados baixo as areas do deserto. Por que razón elexían ese lugar para o soterramento?
7. Que deuses (se mencionan no vídeo) interviñan tamén no tribunal de Osiris?
![]() |
Un intre do proceso de momificación |
Exercicio nº 2.- Contesta se son verdadeiras ou falsas a seguintes afirmacións en relación co vídeo:
a) Para entrar no mundo do alén o defunto tiña que someterse a un tribunal conformado por 42 xuíces.
b) O Museo de O Cairo conta con 11 momias do antigo Exipto.
c) No proceso de embalsamamento o órgano que de rexeitaba era o fígado,
d) Para amortaxar unha momia empregánbanse sobre 500 metros de vendas,
ROMANICO & GÓTICO (2º ESO)
[Fainas la libreta, deixando un espacio cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE”: ROMÁNICO & GÓTICO. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o xoves 6 de marzo á 1º hora da mñán.
COMENTARIO DE TEXTO