martes, 1 de abril de 2025

 ESPARTA E O PASO DAS TERMÓPILAS  


(1º ESO)

Primeira entrada do curso 2024-25. A fins de xullo do ano 480 a. C. os gregos, liderados polos espartanos, bloquearon o Paso das Termópilas durante unha semana, impedindo así o avance dos persas desde Macedonia cara o sur, e facerse así con toda a Grecia Europea. Aquela batalla, aínda que perdida polos gregos, supuxo que éstos gañaran un tempo que foi vital para organizarse internamente, co obxecto de facer fronte aos persas e gañar á postre aquelas Guerras Médicas. Nesta entrada do blogue brindámoche un audiodocumental de 28 minutos de duración extraído da sección "Pasaxes da Histonia" do programa "A Rosa dos Ventos", dirixido por Juan Antonio Cebrián -xornalista finado en 2007-. Nel achégache a á filosofía do exército espartano máis este episodio da Termópilas. Para escoitalo pincha no seguinte enlace, e así terás acceso directo ao audio. Tamén, se queres, podes baixalo e levalo ao teu MP3 ou equipo reproductor de son, e escoitalo de xeito máis cómodo.







Logo da audición realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espacio cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE”: ESPARTA E O PASO DAS TERMÓPILAS. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección dessta actividades será o xoves destas actividades será, como data tope, o luns 14 de abril, mediante fotografía dos exercicios enviada por corre-e, a tinohermidapossumus@gmail.com antes das 20 horas dese día 


Fotograma da pelíucla "300" que recrea a batalla das Termópilas
ACTIVIDADE Nº 1.- DEMOSTRA QUE ESTIVECHES ATENTO.- Contesta brevemente ás seguintes cuestións relacionadas co audio: 
1. A que anos empezaba a formación militar dun espartano, e ata que anos duraba?  
2. Que destiño agardaba aos rapaces espartanos discapacitados ou a todos aqueles que non superaban a formación militar? 
3. Que eran as chamadas "critias" espartanas? E quen eran os hoplitas? 


Mapa de Grecia onde se reprexa as Termópilas
4. Na batalla das Termópilas: que rei dirixe o exército espartano? E que rei dirixe o exército persa? 
5. As Termópilas era un angosto paso cara o sur. Que ancho (apúntase no audio) tiña aquel paso na parte máis estreita? 
6. Segundo o documental, no referente aos persas: cantos soldados integraban o seu exército? Que nome recíbía a tropa de élite que rodeaba ao seu rei?  
7. En canto aos gregos: Cantos quedaron ao final para defender o Paso das Termópilas? 



ACTIVIDADE Nº 2.- Investiga.- 
Cartel da película "300"
1. Unha das últimas películas que recrea esta pasaxe histórica foi "300" de Zack Snyder (2006). Nela cóntase que 300 espartanos defenderon o Paso das Termópilas. Na realidade, e despois de escoitar o audio: pensas que este título responde a realidade do que aconteceu? 
2. No audio tamén se menciona que o soldado Filípides percorreu a distancia entre a chaira de Maratón e Atenas para comunicar a vitoria grega sobre os exércitos persas do rei Darío. Que distancia exacta percorreu daquela Filípides? E a que famosa proba de atletismo, na que se corre aquela mesma distancia, da nome hoxe aquel fito? 

No hay comentarios:

Publicar un comentario