martes, 1 de abril de 2025

 XOVEN E GANDEIRO (3º ESO)

Primeira entrada do blogue nesta 3ª avaliación, e que versa sobre O SECTOR PRIMARIO. Prántexácheste algunha vez a posibilidade de ser agricultor/a, gandeiro/a o mariñeiro/a de pesca? Pois aquí imos presentarche a un rapaz galego, coma ti que, moi novo, decidiu se gandeiro. Visiona este vídeo, de menos de 3 minutos, e realiza as actividades que se propoñen. 


Como sempre, fainas na libreta, enmarcando nun recado o título “FORA DE CLASE: XOVEN E GANDEIRO”, e logo coloeando ese recador na cor elexido por ti para o bloque. Lembra: de xeito ordeado, copia o enunciados e contestas sempre con parte deles. A data de presentación e corrección  na aula é o vindeiro martes 8 de abril

     ACTIVIDADE Nº 1.- Contesta ás preguntas seguintes:
1.   Cal é o nome do protagonista e que idade ten?
2.   Que méritos obtivo el  en concurso con vacas e con que idade?
3.   Observando: que exemplos de doenzas amosa que pode detectar fixándose no  animal?
4.   Como se decata de que unha vaca é máis mansa ou máis brava?
5.   Por que defende el o quedarse no rural con respecto á irse para a cidade?
 
ACTIVIDADE Nº 2.- Investiga e/ou reflexiona e contesta:
1.   En que lugar de Galicia (lugar e provincia) se atopa o noso protagonista?
2. Que estudos está realizando para profesionalizarse? Que eidos está aprendendo para dirixir unha explotación gandeira?
3.  En función ao que ves nas imaxes: entendes que a súa explotación encadraríase na gandaría intensiva ou extensiva? Tradicional oo de mercado? Xustifica en cada caso a resposta.

     


No hay comentarios:

Publicar un comentario