lunes, 7 de octubre de 2024

A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

 Segunda entrada do curso 2024-25 en 4º de ESO. Nesta ocasión, está relacionada con tema nº 3 que estamos a traballar na aula: A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL. Para iso propoñémosche visionar este vídeo de 9 minutos, que é unha selección de varias escenas da película "Daens" ambientada en Bélxica nos tempos da Revolución Industrial.


Logo de velo, realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espacio cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE”: A REVOLUCIÓN INDUSTRIALEnmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o mércores 30 de outubro.


*************************

ACTIVIDADE Nº 1: DEMOSTRA QUE ESTIVECHES ATENTO.- Resposta brevemente ás seguintes cuestións relacionadas co vídeo: 

1. Que dúas novas clases sociais protagonizan este vídeo? Con que aspecto de Revolución Industrial estaría relacionado o vìdeo: coas causas ou coas consecuencias?

2. A que sector industrial estaba adicada a fábrica que protagoniza o vídeo? Cando o protagonista Adolf Daens, se dirixe a imprenta donde se imprimía un xornal, recoñece que na rúa lle ofreceron un: de que ideoloxía? 

3. Que traballo facían os nenos nesa fábrica o por que os escollían a eles para facer ese traballo? 

4. Enumera aspectos que se aprecian no vídeo e que supoñen explotación do proletariado? 

5. Na xuntanza de burgueses: que dúas solucións se propoñen para aforrar costes nas fábricas? 

6. Que feito supuxo que, lideradas polas mulleres, os traballadores decidiesen abandonar ese día a fábrica? 

 

ACTIVIDADE Nº 2.- En cifras:

1. Que sanción lle impón o capataz ao neno por tentar axudar a unha nena no seu traballo? 

2. Canto estaban pagando como salario? E a que prezo propoñía un burgués rebaixalo por día?  

3. En comparativa: canto costaba daquela un kg. de pan?  E un saco de carbón? 

 



 AXENTES QUE MODELAN O RELEVO TERRESTRE

Segunda entrada do blogue neste curso en 1º de ESO. Aquí presentámosche tres curtos vídeos sobre o axente internos que modelan o relevo terrestre.


vídeo nº 1: "Lo imposible"

  


 

vídeo nº 2 




vídeo nº 3 



Logo de visionalos, rotula na libreta o título FÓRA DE CLASE: AXENTES INTERNOS QUE MODELAN O RELEVO TERRESTRE. Enmarca o título nun recadro e colorea ese recadro. Logo resolve as actividades que a continuación se prantexan. Para iso vaite copiando os enunciados, e respostando empregando na redación parte do enunciado. Para ser contabilizado o traballo, presenta estas actividades feitas o vindeiro luns 21 de outubro, 

 

 



ACTIVIDADE Nº 1.- Contesta brevemente ás seguintes cuestións sobre os vídeos:

1. Cales dos axentes internos que modela o relevo terreste se amosa en cada vídeo?

2. O vídeo nº 1 fai referencia á película "Lo imposible", baseada en feitos reais. A pregunta é: onde estaba a familia cando os sorprende a chegada do tsunami?

3. Que elementos fai presaxiar aos protagonistas que algo extraño vai a acaecer desde o exterior?

4. O vídeo nº 2 amosa un tsunami real captado por un aficionado. Describe a escena. 

5, Que é o que causan os tsunamis?


ACTIVIDADE Nº 2.- Investiga:

1. A película "Lo imposible": de que nacionalidade é? O feito real ao que se refire a película: cando, onde tivo lugar e cantas vítimas mortais ocasionou?

2. O tsunami do vídeo nº 2: onde e cando tivo lugar?

3. O volcán do vídeo nº 3: que nome recibe? Can e onde tivo lugar? (en que illa?). Canto tempo mantivo a súa actividade?


 1492, A CONQUISTA DO PARAÍSO


Cartel da película
Partindo da teoría nunca probada de que a Terra era redonda, en 1492 unha expedición capitaneada por Cristóbal Colón ao servicio da Coroa de Castela, atravesa por primeira vez o Océano Atlántico co obxectivo de acadar as Indias navegando cara ao Oeste. O resultado foi o descubrimento de América. Estando a traballar este tema en clase, propoñemoche nesta entrada visionar unha película sobre este fito: "1492, A Conquista do Paraíso", dirixida por Ridley Scott ("Gladiator", "Alien, o octavo pasaxeiro"), protogonizada por Gérard Depardieu ("Cyrano de Bergerac", "O home da máscara de ferro"), e música de Vangelis ("Carros de lume"). A película foi estreada en 1992 con motivo de do V centenario do descubrimento de América. Para vela pincha ano seguinte enlace:


Logo da vela realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espacio cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE”: 1492, A CONQUISTA DO PARAÍSO. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o venres 25 de outubro.

ACTIVIDADE Nº 1.- Contesta brevemente ás seguintes cuestións relacionadas coa película:
1. Cando Colón fala co fillo pequeno ao inicio da película tratando de argumentarlle que a Terra é redonda: que froita lle está amosando para exemplificalo?
2. En que cidade universitaria e en que ano recibe a Colón unha comisión de expertos para analizar o seu proxecto? Por que ve imposible esa comisión de expertos que se poida completar esa viaxe a través do océano? E segundo os cálculos de Colón: canto tempo debía durar a viaxe? 

Un fotograma da película
3. Canto tempo transcurrira da viaxe cando se produce un intento de motín para regresar? E que recompensa ofrece Colón para o primeiro que atope terra? 
4. Con que nomve bautiza Colón aquela primeira terra descuberta?  Que é o primeiro que fan os indios cando atopan aos españois no medio da selva? 
5. Canto tempo permeñece Colón en América naquela primeira viaxe? Por que razón regresa contrariado? 
6. Que se atopa nada máis chegar a América na segunda viaxe? Que diferentes posturas sobre como actuar ante isto se prantexan entre Colón e o noble Mújica? 


7. Que argumentos lle dan á raíña para destituir a Colón do seu cargo de gobernador das Indias? Para sustituilo: a que designa a raíña? 
8. Isabel déixalle facer unha nova viaxe a Colón pero, baixo que condicións? 



ACTIVIDADE Nº 2.- Analíse das personaxes.-
1. Describe a relación que a película deixa entrever entre Colón de raíña Isabel "A Católica"
2. Colón e Mújica mostran dous xeitos de actuar en relación aos indios. Busca información sobre o trato que se lle deu aos indios trala conquista. Ese trato está en relación máis coas teses de Colón ou de Mújica vistas na película?




  BATALLA DO RÍO GUADALETE 

Segunda entrada do blogue neste curso. Nela traballamos o último tema abordado na aula: Al-Andalus. Para isto parámonos no capítulo de batalla do Ría Guadalete, na que os visigodos foron derrotados polos árabes, cando estos acaban de entrar na Península. Para iso presentamos esta vez un podcast, isto é un audio de radio narrado polo locutor Juan Antonio Cebrián, na súa serie “Pasajes de la Historia”, dentro do programa radiofónico nocturno “La Rosa de los Vientos”. Para escoitalo pincha no enlace que figura abaixo. Podes baixalo e levalo ao teu teléfono ou reprodutor, para escoitalo con comodidade no sofá ou mesmo na cama, á vez que solucionas as actividades propostas.

 A BATALLA DO RÍO GUADALETE


Como sempre, fainas na libreta. Enmarca o título FORA DE CLASE: A BATALLA DO RÍO GUADALETE, e colorea o recadro. Logo copia os enunciados e resposta sempre con parte deles. A data de correción será o xoves 17 de outubro.

 **************************

ACTIVIDADE Nº 1: Proba que estiveches atento.- Para iso contesta brevemente as seguintes cuestións:

1.  O audio infórmanos que no ano 710 o reino visigodo estaba a vivir unha guerra civil. A pregunta é: a que dúas faccións se enfrontaban esa guerra e por que razón? 

2.   No ano 711 empezou o paso do estreito de Xibraltar por parte das tropas musulmanas. Ao seu mando estaba un lugartenente de Muza, de nome Tariq. Esas tropas foron pasando e acantonáronse nunha zona que é lembra hoxe polo nome que mantén por Tarik. Cal é esa localidade e municipio gaditano que mantén ese nome? (abaixo, na foto Don Rodrigo)


3. A nova de que os árabes están entrando na Península: onde colle a Don Rodrigo, rei dos visigodos? 
4.  En que provincia se librou a batalla do río Guadalete? Cantos soldados se calcula que integraron o exército musulmán nesa batalla? E cantos no exército visigodo? 

5. Entre que datas transcurriu a batalla? Os visigodos empezaron mantendo a iniciativa na batalla pero logo virou: que factor resultou decisivo para que os visigodos perderan a batalla? 

6.   Cantas xente se calcula que morreu na batalla por parte árabe? E por parte visigoda?

7.   Despois da batalla nada se soubo de Don Rodrigo: que dúas teorías se baralla que pasou con el?

 

 

ACTIVIDADE Nº 2: Identifica os nomes que seguen en relación so que se di deles no audio:

a)  Florinda 

b)  Oppas e Sisberto 

c)  Viseu  

d)  Pelaio