1492, A CONQUISTA DO PARAÍSO
Cartel da película |
Logo da vela realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espacio cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE”: 1492, A CONQUISTA DO PARAÍSO. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o venres 25 de outubro.
1. Cando Colón fala co fillo pequeno ao inicio da película tratando de argumentarlle que a Terra é redonda: que froita lle está amosando para exemplificalo?
2. En que cidade universitaria e en que ano recibe a Colón unha comisión de expertos para analizar o seu proxecto? Por que ve imposible esa comisión de expertos que se poida completar esa viaxe a través do océano? E segundo os cálculos de Colón: canto tempo debía durar a viaxe?
Un fotograma da película |
3. Canto tempo transcurrira da viaxe cando se produce un intento de motín para regresar? E que recompensa ofrece Colón para o primeiro que atope terra?
4. Con que nomve bautiza Colón aquela primeira terra descuberta? Que é o primeiro que fan os indios cando atopan aos españois no medio da selva?
5. Canto tempo permeñece Colón en América naquela primeira viaxe? Por que razón regresa contrariado?
6. Que se atopa nada máis chegar a América na segunda viaxe? Que diferentes posturas sobre como actuar ante isto se prantexan entre Colón e o noble Mújica?
7. Que argumentos lle dan á raíña para destituir a Colón do seu cargo de gobernador das Indias? Para sustituilo: a que designa a raíña?
8. Isabel déixalle facer unha nova viaxe a Colón pero, baixo que condicións?
ACTIVIDADE Nº 2.- Analíse das personaxes.-
1. Describe a relación que a película deixa entrever entre Colón de raíña Isabel "A Católica"
2. Colón e Mújica mostran dous xeitos de actuar en relación aos indios. Busca información sobre o trato que se lle deu aos indios trala conquista. Ese trato está en relación máis coas teses de Colón ou de Mújica vistas na película?
No hay comentarios:
Publicar un comentario