lunes, 7 de octubre de 2024

A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

 Segunda entrada do curso 2024-25 en 4º de ESO. Nesta ocasión, está relacionada con tema nº 3 que estamos a traballar na aula: A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL. Para iso propoñémosche visionar este vídeo de 9 minutos, que é unha selección de varias escenas da película "Daens" ambientada en Bélxica nos tempos da Revolución Industrial.


Logo de velo, realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espacio cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE”: A REVOLUCIÓN INDUSTRIALEnmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o mércores 30 de outubro.


*************************

ACTIVIDADE Nº 1: DEMOSTRA QUE ESTIVECHES ATENTO.- Resposta brevemente ás seguintes cuestións relacionadas co vídeo: 

1. Que dúas novas clases sociais protagonizan este vídeo? Con que aspecto de Revolución Industrial estaría relacionado o vìdeo: coas causas ou coas consecuencias?

2. A que sector industrial estaba adicada a fábrica que protagoniza o vídeo? Cando o protagonista Adolf Daens, se dirixe a imprenta donde se imprimía un xornal, recoñece que na rúa lle ofreceron un: de que ideoloxía? 

3. Que traballo facían os nenos nesa fábrica o por que os escollían a eles para facer ese traballo? 

4. Enumera aspectos que se aprecian no vídeo e que supoñen explotación do proletariado? 

5. Na xuntanza de burgueses: que dúas solucións se propoñen para aforrar costes nas fábricas? 

6. Que feito supuxo que, lideradas polas mulleres, os traballadores decidiesen abandonar ese día a fábrica? 

 

ACTIVIDADE Nº 2.- En cifras:

1. Que sanción lle impón o capataz ao neno por tentar axudar a unha nena no seu traballo? 

2. Canto estaban pagando como salario? E a que prezo propoñía un burgués rebaixalo por día?  

3. En comparativa: canto costaba daquela un kg. de pan?  E un saco de carbón? 

 



No hay comentarios:

Publicar un comentario