Terceira entrada do blogue. Nesta caso adaptamos do punto 3 do tema 5 (España no s. XIX), a fin de sintentizalo e facelo máis comprensible e doadao de asimilar. Podes imprimilo ou incorporalo ao teu caderno. Data de presentación de actividades: xoves día 14
_____________________
3. O REINADO DE ISABEL II
(1833-68)
3.1. As guerras carlistas.-
Cando
morre Fernando VII a súa filla Isabel, herdeira do trono, contaba tan só tres
anos. A súa nai, e muller de Fernando VII, Mª
Cristina, asume entonces a rexencia. Pero os carlistas, apoiados polo bando
absolutista, botáronse a unha guerra pola coroa. Daquela a Mª Cristina non lle quedaba outra que
achegarse aos liberais para defender o trono da súa filla.
A
primeira guerra entre carlistas e isabelinos durou entre 1833-40. Agachaba tras
de si un enfrontamento entre absolutistas
e liberais. Os primeiros tiveron o
apoio da nobreza agraria, do clero e tamén dun campesiñado moi influenciado
pola nobreza e a Igrexa. Polo súa banda, os isabelinos contaron co apoio da
burguesía, da nobreza de Corte e o das clases populares urbanas. O País Vasco,
Cataluña, Navarra, Aragón e Valencia foron os principais focos carlistas.
A
guerra rematou en 1840 co triunfo isabelino, plasmado no “acordo de Vergara” polo cal se recoñecía a Isabel como raíña.
Aínda así, os carlistas promoverán dúas guerras máis ao longo do século en
favor da súa causa: a segunda foi en 1860 e a tercera entre 1872-76. Tamén
nesas dúas saíron derrotados os carlistas.
3.2. Moderados e
progresistas.-
Como
era menor de idade, o reinado de Isabel II empezou coa rexencia por parte da
nai, Mª Cristina (nai da raíña,
Isabel). Esa rexencia durou entre 1933 y 1843 (certo que no últimos anos
exercera como rexente o xeneral progresista, Espartero). Neste último ano Isabel foi proclamada, excepcionalmente,
maior de idade con 13 anos. Aí empezou a exercer como raíña. O seu reinado dura
ata o ano 1968, en que foi expulsada do país.
Tanto
durante a rexencia como durante o seu reinado, España deixara atrás xa a
monarquía absoluta, e convertiuse así nunha monarquía liberal, constitucional e parlamentaria, e dicir, unha monarquía
na que o poder do Coroa estaba limitada pola constitución e polo parlamento.
Durante
esta longa etapa perfiláronse dous grandes partidos dentro do bando liberal: dunha
banda, os moderados, máis
conservadores, partidarios de reformas máis limitadas, dun sufraxio censatario
moi pechado e de darlle máis poder á Coroa. Doutra banda, os progresistas, máis reformistas, eran
partidarios dun sufraxio máis aberto e de limitar o poder do Coroa.
Lóxicamente
tanto a rexente, como logo a raíña (sempre que puideron), decantáronse por
confiar o goberno ao bando moderado. Só cando se viron obrigadas (xeralmente
por pronunciamentos militares), cederon o poder aos progresistas. Deste xeito,
cabe salientar que, dentro do sistema liberal que viña de nacer, o modelo español
era moi pechado: as eleccións celebrábanse con sufraxio centatario moi pechado
(moi pouca xente tiña dereito ao voto, só tiñea o dereito os máis ricos), e as
leis, para saír adiante, tiñan que contar con apoio do parlamento e da raíña…
En definitiva, a Coroa seguía a ter moito poder.
Os
moderados gobernaron na maior parte deste reinado, entre 1833 e 1868. Só algúns
anos (períodos 1836-37 e 1854-56) gobernaron os progresitas, chegando ao poder nos
dous caso por medio de pronunciamentos militares (golpes de estado liderados
por militares progresistas).
Nos
anos que gobernaron os moderados, destacaron como presidentes o xeneral Narváez
e O’Donell (este último lideraba outro partido moderado, que foi a Unión
Liberal, e que xurdira a mediados do século). Neses anos, os moderado impulsaron
medidas moi conservadoras. Entre elas destacaron as seguintes:
- Creouse a Garda Civil para manter a orde no rural
- Decretouse que España era un Estado católico
e, polo tanto, o goberno asumía a financiar este culto.
- Controlouse a prensa mediante unha censura
encuberta.
- Centralizouse desde Madrid o goberno de
provincias e municipios, decretando que os gobernadores civís máis os alcaldes
das grandes cidades serían elexidos pola raíña, e os alcaldes dos concellos
pequenos serían nomeados polo gobernador civil da provincia.
- Cortouse de raíz calquera intento de
revolución en 1848, en relación ás insurreccións que nese ano estaba sucedendo
en Europa. Para iso, o xeneral Narváez mandou fusilar aos primeiros axitadores
e, mediante un “decreto de sospeitosos”, deportou a 2.000 persoas.
Pola
súa parte, durante o poucos anos de goberno progresista (o xeneral Espartero,
foi un dos principais líderes e presidente de goberno), promoveron medidas máis
reformistas. Entre elas destacaron a seguintes:- Aprobáronse
leis para ir disolvendo o antigo réxime señorial: suprimiron alfándegas
interiores; extinguiron os gremios… que eran obstáculos para existirá un
comercio libre no país.
- Expropiáronse
grandes propiedades ao clero (no que se deu en chamar a desamortización de Mendizábal); e máis
tarde, expropíaronse aqueles bens comunais, municipais de doutras
institucións que non estaba sendo traballados ou utilizados.
- Impulsouse
a construcción do ferrocarril
4.3. A caída do sistema isabelino.-
Durante
esta etapa de forte moderantismo, evidenciouse que o sistema político español e
a Cortes estaban controladas realmente polo grandes banqueiros, latifundistas e
grandes empresarios. Por eta razón o malestar social moi aumentando.
A
fins da etapa finaran xa Narváez e D’Donell, en 1866 España empezou a padecer
unha importante crise económica, e desa, pola esquerda, aparecen novos partidos
de oposición, caso dos demócratas e
dos primeiros grupos socialistas,
que gañan simpatías e ven medrar a súa forza.
As
críticas, cada vez maiores van non xa só contra o goberno, senón tamén contra a
raíña, a quen acusaban de tomar partido en favor dos moderados e de marxinar
aos outros grupos políticos. Empezouse a fraguar así unha revolución.
_____________________
Logo, realiza as seguintes actividades.
ACTIVIDADE Nº 1: Confecciona unha barra do tempo rematada en flecha e seguindo as seguinte pautas:
Características:
Anchura da barra: 3 cadrados
Lonxitude da barra: cada década serán 5 cadrados do caderno
Perfilamos cunha liña transversal os seguintes anos: 1833, 1843,
1836-1837, 1854-1856, 1966, 1868. Indica cunha flecha en distintaa altura os fitos. Por exemplo:
1833: Inicio da rexencia de Mª Cristina
1843: Inicio do reinado de Isabel II
1836-37: goberno progresista
1854-56: goberno progersista,
Etc.
Na barra, colorea:
De vermello tenue: anos de gobernos moderados
De azul tenue: anos de gobernos progresista
ACTIDADE Nº 2: Confecciona a xeito da cadrícula un esquema para
diferenciar entre moderados e progresistas, seguindo a pauta seguinte:
No hay comentarios:
Publicar un comentario