O CID: TEMPO DE LENDA
Achegámonos nesta segunda entrada do blogue á Idade Media a través dun famoso heroe medieval da historia de España: Rodrígo Díaz de Vivar, alcumando "O Cid Campeador". Facémolo a través dunha particular viaxe no tempo que nos brinda a serie "El Ministerio del Tiempo" de TVE co seu capítulo titulado "Tiempo de leyenda". A serie baséase na existencia dun ministerio segredo (o Ministerio do Tempo) con axentes que viaxan ao pasado para evitar que a historia de España se altere e poida dese xeito seguir o seu curso. Aónda que ás veces, como veremos neste capítulo, non todo sae como estaba previsto e son precisas solucións de urxencia para non alterar a historia.
Para velo pincha abaixo no icono de play
Podes ver curiosidades, resolver algunha pregunta prantexada pinchando no seguinte enlace:
ACTIVIDADE Nº 1: Demostra que estiveches atento.-
Para velo pincha abaixo no icono de play
Podes ver curiosidades, resolver algunha pregunta prantexada pinchando no seguinte enlace:
Despois do visionado realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE": O CID. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o luns 11 de novembro. Ánimo...!!
ACTIVIDADE Nº 1: Demostra que estiveches atento.-
Para iso resposta ás seguintes cuestións:
Unha imaxe do capítulo da serie "El Ministerio del Tiempo" |
1.Situémonos no tempo: O capítulo arranca nun lugar e nunha data: onde e cando? Cantos anos faltaban daquela para que, na realidade, finara o Cid?
2. Cando viaxa no tempo: en que etapa, das catro vistas en clase, se atopa Al-Andalus? Segundo se desprende do capítulo: que pobo norteafricano domiñaba daquela Al-Andalus?
3. Cal era a misión da patrulla nesa viaxe no tempo? Por que era necesaria esa misión?
4. Amelia pronto se decata de que aquel Cid era, na realidade, un impostor. Que elementos (hai varios) fan que chegue a esta conclusión?
5. Na parte final entendemos o por que da primeira escena que abre o capítulo: por que uns axentes especiais grababan cunha cámara ao Cid nunha loita contra soldados árabes?
6. Enumera diferentes aparellos do presente que aparecen durante o capítulo no pasado (e que, por tanto, non existían daquela).
Outra imaxe do Cid do capítulo "Tiempo de Leyenda" |
ACTIVIDADE Nº 2: Investiga aspectos relacionados coa serie.-
1. Un dos axentes que participa na misión chámase Spínola. Quen foi en realidade esta personaxe e cando viviu?
2. Ao principio do capítulo, pola cafetería do Ministerio, aparece un pintor que lle entrega como agasallo un cadro a un dos axentes. De que afamado pintor se trataba? Cita un cadro famoso del.
3. Mencionase tamén a un recoñecido actor norteamericano que interpretou ao Cid nunha famosa película sobre esta personaxe. Quen é ese actor?
Outra imaxe do Cid no cine |
ACTIVIDADE Nº 3: Investiga sobre a figura do Cid.-
1. O Cid fora vasalo: de que dous reis antes de ser desterrado de Castela? Na Idade Media: que significaba ser vasalo e cal era a súa obriga para co seu señor?
2. Por que razón foi desterrado o Cid de Castela? E por que acabou en Valencia?
3. O seu nome era Rodrigo Díaz de Vivar: que sifnifica o alcume de "Cid" e quen llo puxo?
No hay comentarios:
Publicar un comentario