Este é o blogue de Xeografía e Historia da ESO do Colexio Possumus (Vigo). Trátase dunha canle de doble dirección: a través dela poderás acceder a recursos e actividades para mellorar nas túas competencias, pero tamén é un medio para poder poñerte en contacto co mestre co obxecto de solventar dúbidas ou compartir inquedanzas sobre os contidos de clase e as actividades propostas. Aquí ti fas a historia.
Quinta entrada co curso e primeira de 2025. Metidos agora na parte de Historia, empezamos presentándoche aquí visionar un vídeo de 15' sobre as orixes da Humanidade, e os primeiros homínidos, neste caso, o máis antigo: o Australopithecus.
Despois do visionado realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE": A AVÓA DA HUMANIDADE. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o luns 20 de xaneiro. Ánimo...!!
EXERCICIO
Nº 1.- Contesta brevemente ás seguinte cuestións: 1. O
esqueleto de Australopithecus que protagoniza o vídeo recibe no nome de Lucy:
En que ano foi descuberto? A que debe o nome de Lucy co que foi bautizado o
esqueleto? 2. Fai
canto anos debeu vivir este Australopithecus? 3. Indica
datos sobre Lucy que se aportan no vídeo: estatura, peso e idade que debía ter. 4. O
vídeo menciona varias familas de Australophitecus: africanus, robustus, anamensis.
A pregunta é: que característica tiñan en común todos estos Australopithecus? 5. Un
experto indica tres razóns para ser bídedos aqueles primeiros seres
pre-homínidos. Cales son esas tres razóns? 6. Lucy
era un Australopithecurs africanus, e vaise cun grupo de Australopithecus
anamensis. En canto á comida: que distinguía os africanus dos anamensis?
EXERCICO
Nº 2: Indica se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións: a) Dous
machos anamensis pelexánse entre si porque disputaban a comida Lucy. b) O
grupo de anamensis poñen en fuga as hienas guidándolles pedras. c) Lucy
cansábase máis camiñando porque estaba coxa dunha perna. d) Aqueles
primeitos homínidos tiveron que adaptarse e procurar auga e alimentos ou
desaparecer.
miércoles, 15 de enero de 2025
"A herdanza árabe en España"
Aproveitando o tema que estamos a traballar na aula, nesta quinta entrada do curso (1ª de 2025), abrimos o blogue en 2º de ESO cun pequeno documental de menos de 8 minutos que nos mostra a influencia da presencia musulmana en España durante case que 800 anos. Para velo pincha no "play" (flecha) de abaixo, ou ben sobre o enlace que mostramos:
Despois do visionado realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE: A A HERDANZA ÁRABE EN ESPÑA". Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles].A data de presentación en corrección destas actividades será o xoves 23 de xaneiro . Ánimo...!!
A Alhambra de Granada
ACTIVIDADE Nº 1: Proba que estiveches atento.-Indica que sigñifican os seguintes nomes que se apuntan no vídeo:
Guadalquivir
Alcalá
Alhambra
ACTIVIDADE Nº 2:Contesta brevemente ás seguintes cuestións a raíz do documental visionado:
1. A lingua árabe foi a lingua foránea que, despois do latín, influíu máis na nosa lingua. Cantas palabras de orixe árabe se calcula que chegou a ter o castelán?
2. Indica o nome de tres importantes monumentos árabes en España que se mencionen no vídeo.
3. Que popular xogo trouxeron para España os musulmáns?
4. Tamén aportaron grandes avances científicos. Que rama da menciña desenvolveron moito?
ACTIVIDADE Nº 3: Os impostores-
1.Una palabra de cada unha das seguintes parellas fai referencia a un invento traído a Península Ibérica polos árabes. Redondea a palabra que responda a un invento árabe:
Interior da mesquita de Córdoba
brúxula - mapa
dinamita - pólvora
bolígrafo - papel
2.Das seguintes froitas e verduras tacha aquelas que non foran traídas polos árabes a España:
3. A seguinte lista de palabras son de orixe árabe e cítanse no vídeo. Agás tres casos: dúas palabras non son de orixe árabe (táchaas), e unha teceira si o é, pero no se menciona no vídeo (rendondeaa):
Quinta entrada do curso (e
primeira de 2025). Trátase de ver un capítulo da serie “El Ministerio del
Tiempo. Pero esta é unha entrada misteriosa, aquí non se adiantamos nada. Non
saberás de que trata ata que vexas o vídeo. Para ver o capítulo pincha no seguinte enlace:
Obra como de costume na libreta. O día de presentación e corrección na aula será o martes 21 de xaneiro
EXERCICIO
Nº 1.- Logo de visionalo, contesta ás seguintes preguntas:
1. En que pazo e en que ano do pasado
transcurre o capítulo? En que provincia está situado ese pazo?
2. Por que razón é precisa
enviar un patrulla do presente de “El Ministerio del tiempo ao pasado?
3. Por que razón quería formar
parte o pintor Velázquez desa viaxe ao pasado?
4. O suposto matrimonio que
forma a patrulla, pretende ser rebicido polo rei e que lle fora concedido un
título nobiliario. Para iso, que propón Velázquez levarlle como agasallo a
raíña e por que razón? Sen embargo, que agasallo lle levaron ao final para que
os recibirá o rei e tratar de que este accedera a concederle un título nobiliar?
5. Que doenza se aprecia do
capítulo padecía Felipe V? Que era o que máis botaba en falta o rei?
6. Segundo o capítulo: cantos
cadros se perderon no incendio dese pazo? De que pintores, que se citan no cap
arderon cadros nese incendio?
7. Cal era o dilema ao final en
relación aos cadros e aquel incendio? Como se resolveu ese dilema?
O pintor Diego Velázquez na ficción, no Museo do Prado
EXERCICIO
Nº 3.- Investiga:
1. O monarca menta ao seu avó, que era rei de Francia. A pregunta é: quen era se avó, rei de Francia?
2. Este monarca sempre quixo ser rei de
Francia. Por esa razón abdicou de trono de España de deixoulle a coroa ao seu
primoxénito. No capítulo laméntase o de que o seu primoxénito finou ao pouco. A
pregunta é: Cal era o nome dese primoxénito e que durante un ano foi rei de
España?
3. Que rei mandou construir
este pazo? A que famoso pazo francés trataba de semellarse?
4. Onde foron soterreados este
rei e raiña cando finaron?
jueves, 2 de enero de 2025
EL MINISTERIO DEL TIEMPO
PRETÉRITO IMPERFECTO (4º ESO)
Quinta entrada do curso (e
primeira de 2025). Trátase de ver un capítulo da serie “El Ministerio del
Tiempo. Pero esta é unha entrada misteriosa, aquí non se adiantamos nada. Non
saberás de que trata ata que vexas o vídeo. Para velo o capítulo pincha abaxio no seguinte enlace:
Obra como de costume na libreta. O día de presentación e corrección na aula será xoves o 23 de xaneiro
EXERCICIO Nº 1.- Logo de
visionalo, contesta ás seguintes preguntas:
1. En que pazo transcorre o
capítulo? En que provincia está enclavado ese pazo?
2. Que monarca é o protagonista
deste capítulo? Por que razón o Ministerio do Tempo que que recorrer a un doble?
3. Cal era a doenza que estaba
a causar a morte deste monarca?
4. No capítulo dase a entender
que estaban a envelenar ao rei: que veleno estaban a empregar?
5. Nesa viaxe ao pasado, ao
doble fáiselle crer que aquelo era un “reality histórico”. Para ver en directo
todo o que estaba asuceder no dormitorio do rei: en que lugares estaban situadas as dúas
cámaras?
6. Quen era o outro pretendente
da coroa? Segundo o vídeo: que anuncia este personaxe restaurar se el se
converte en rei?
7. Por que razón mellorou a saúde do rei despois desa viaxe ao presente? Canto tempo viviu na realidade a partir daquela ficción?
EXERCICIO Nº 2.- Ficción e
historia, resolve a cúas cuestión que seguen:
1. O doble do rei excédese no
seu papel. Enumera excentricidades que lle fixo na súa sobreactuación facendo
cousas fora de lugar.
2, Que histórico documento
asina ao final o rei a instancias do ministro de “El Ministerio del Tiempo”?
Que establecía neses documento? Que consecuencias que van a derivar desta
sinatura?