miércoles, 15 de enero de 2025

   "A herdanza árabe en España"


Aproveitando o tema que estamos a traballar na aula, nesta quinta entrada do curso (1ª de 2025), abrimos o blogue en 2º de ESO cun pequeno documental de menos de 8 minutos que nos mostra a influencia da presencia musulmana en España durante case que 800 anos. Para velo pincha no "play" (flecha) de abaixo, ou ben sobre o enlace que mostramos:




Despois do visionado realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE: A A HERDANZA ÁRABE EN ESPÑA". Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación en corrección destas actividades será o  xoves 23 de xaneiro . Ánimo...!!



A Alhambra de Granada
ACTIVIDADE Nº 1: Proba que estiveches atento.- Indica que sigñifican os seguintes nomes que se apuntan no vídeo:
Guadalquivir
Alcalá
Alhambra

ACTIVIDADE Nº 2: Contesta brevemente ás seguintes cuestións a raíz do documental visionado:
1. A lingua árabe foi a lingua foránea que, despois do latín, influíu máis na nosa lingua. Cantas palabras de orixe árabe se calcula que chegou a ter o castelán?
2. Indica o nome de tres importantes monumentos árabes en España que se mencionen no vídeo.
3. Que popular xogo trouxeron para España os musulmáns?
4. Tamén aportaron grandes avances científicos. Que rama da menciña desenvolveron moito?

ACTIVIDADE Nº 3: Os  impostores-
1. Una palabra de cada unha das seguintes parellas fai referencia a un invento traído a Península Ibérica polos árabes. Redondea a palabra que responda a un invento árabe:

Interior da mesquita de Córdoba
brúxula  - mapa
dinamita - pólvora
bolígrafo - papel

2. Das seguintes froitas e verduras tacha aquelas que non foran traídas polos árabes a España:

laranxa - limón - sandía - melón - piña
grelos - berenxena - cenoria - acelga - espinaca - coliflor

3.  A seguinte lista de palabras son de orixe árabe e cítanse no vídeo. Agás tres casos: dúas palabras non son de orixe árabe (táchaas), e unha teceira si o é, pero no se menciona no vídeo (rendondeaa):

tambor – guitarra – violín – azotea – rincón – azul – aldea – barrio
alcantarilla – dado – cero – marfil – nuca – alfombra – alcohol
almofada – alcalde – noria – aceite – antifaz – jirafa – gazpacho

No hay comentarios:

Publicar un comentario