jueves, 16 de enero de 2025


A AVÓA DA HUMANIDADE


Quinta entrada co curso e primeira de 2025. Metidos agora na parte de Historia, empezamos presentándoche aquí visionar un vídeo de 15' sobre as orixes da Humanidade, e os primeiros homínidos, neste caso, o máis antigo: o Australopithecus.

A AVÓA DA HUMANIDADE

Despois do visionado realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE":  A AVÓA DA HUMANIDADE. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o  luns 20 de xaneiro. Ánimo...!! 

                              

EXERCICIO Nº 1.- Contesta brevemente ás seguinte cuestións:
1. O esqueleto de Australopithecus que protagoniza o vídeo recibe no nome de Lucy: En que ano foi descuberto? A que debe o nome de Lucy co que foi bautizado o esqueleto?
2. Fai canto anos debeu vivir este Australopithecus?
3. Indica datos sobre Lucy que se aportan no vídeo: estatura, peso e idade que debía ter.
4. O vídeo menciona varias familas de Australophitecus: africanus, robustus, anamensis. A pregunta é: que característica tiñan en común todos estos Australopithecus?
5. Un experto indica tres razóns para ser bídedos aqueles primeiros seres pre-homínidos. Cales son esas tres razóns?
6. Lucy era un Australopithecurs africanus, e vaise cun grupo de Australopithecus anamensis. En canto á comida: que distinguía os africanus dos anamensis?


 EXERCICO Nº 2: Indica se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións:
a) Dous machos anamensis pelexánse entre si porque disputaban a comida Lucy.
b) O grupo de anamensis poñen en fuga as hienas guidándolles pedras.
c) Lucy cansábase máis camiñando porque estaba coxa dunha perna.
d) Aqueles primeitos homínidos tiveron que adaptarse e procurar auga e alimentos ou desaparecer.



No hay comentarios:

Publicar un comentario