AXENTES QUE MODELAN O RELEVO TERRESTRE
Segunda entrada do blogue neste curso en 1º de ESO. Aquí presentámosche tres curtos vídeos sobre os axentes internos que modelan o relevo terrestre.
vídeo nº 1: "Lo imposible"
vídeo nº 2
Logo de visionalos, rotula na libreta o título FÓRA DE CLASE: AXENTES INTERNOS QUE MODELAN O RELEVO TERRESTRE. Enmarca o título nun recadro e colorea ese recadro. Logo resolve as actividades que a continuación se prantexan. Para iso vaite copiando os enunciados, e respostando empregando na redación parte do enunciado. Corrixe na aula no día concertado c@ mestr@
ACTIVIDADE Nº 1.- Contesta brevemente ás seguintes cuestións sobre os vídeos:
1. Cales dos axentes internos que modela o relevo terreste se amosa en cada vídeo?
2. O vídeo nº 1 está extraído da á película "Lo imposible", baseada en feitos reais. A pregunta é: onde estaba a familia cando os sorprende a chegada do tsunami?
3. No vídeo nº 1: Que elementos fai presaxiar aos protagonistas que algo extraño vai a acaecer?
4. O vídeo nº 2 amosa un terremoto. Onde tivo lugar? Canto tempo durou?
ACTIVIDADE Nº 2.- Investiga:
1. A película "Lo imposible": de que nacionalidade é? O feito real ao que se refire a película: cando, onde tivo lugar e cantas vítimas mortais ocasionou?
2. O volcán do vídeo nº 3: que nome recibe ese volcan? Can e onde tivo lugar? (en que illa?). Canto tempo mantivo a súa actividade?
ACTIVIDADE Nº 3.- Pensa e resposta:
A seguinte imaxe que amosamos abaixo está tomada da Praia das Catedrais.
Dúas son as preguntas que prantexamos:
1. En que provincia galega se atopa a "Praia das Catedrais? Que mar baña esa praia?
2. Estas formas do relevo: están motivados por axentes internos ou externos? E dentro de cada bloque (internos/externos): cales inflúen en que ese formen estas formas?


