3º ESO

O SECTOR SECUNDARIO

Penúltima entrada do curso en 3º de ESO, centrada nesta caso no tema que estamos abordando na aula sobre o sector secundario. Para iso presentámoche dous pequenos vídeos:





Logo de visionar os vídeos realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espacio cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE: O SECTOR SECUNDARIO". Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o  venres 3 de maio.

__________________________

ACTIVIDADE Nº 1.- Contesta brevemente ás seguintes cuestións:
1. Que enerxías alternativas de futuro nos presenta o vídeo?
2. Para cando se calcula que maior parte de enerxía que consumamos no planeta será alternativa?    3. Cales son as ventaxas destas fontes de enerxía?
4. En que consiste a enerxía osmótica? E a enerxía urdimotriz?
5. Coas túas propias palabras: que entendes por “deslocalización industrial”?
6. No vídeo de Los Simpson: A onde decide o Sr. Burns a trasladar a súa central nuclear? Por que razón toma esta decisión?
7. Cal é a consecuencia que se vai derivar para o villa de Sprinfield?
8. Explica ti outras causas que levan á deslocalización industrial?
9. E que outras consecuncias se poder derivar da deslocalización industrial?
 


ACTIVIDADE Nº 2.- Contesta brevemente ás seguintes cuestións:
a) O mar será o lugar de onde se obterá moita enerxía no futuro
b) O outro lugar de onde buscaremos obter enerxía será o espazo exterior
c) A familia Simpsons ten que deixar de abonar á canle de pago de televisión
c) Para presentarlles a súa decisión o Sr. Burns tira dunha presentación en power point
 

___________________________


COÑECE MUNDO… (3º ESO)


Nesta entrada retámoste a coller a maleta e coñecer os países do mundo de mans dunha viaxe virtual con 
POSSUMBLUE. Deste xeito servirache para saber localizar os países e capitais do listado que temos qu estudar neste primeiro tema de Xeografía. Engadido prantexámosche un reto para poder puntuar como actividade de blogue, se eres quen se superalo. Nesta ocasión, no só vale con presentarte: tes que acadar o reto.
Pincha nos enlaces que seguen e xoga para aprender a localizar os países. Decídete por un dos dous retos (ou acumula os dous: podendo obter 1, 2 ou 3 positivos... SUPEROFERTA!!!! 😊 😊 😋). As probas realizaranse o venres 16 de febreiro.



Reto 1 (+): Saber localizar sen erro algún os países e capitais de Europa.
Reto 2(++): Localizar os países de todos os continentes acadando un mínimo dun 80% de acertos.







__________________________





______________________________

NO PETO..


PREGUNTAS PARA EXPLICAR

1. A reforma protestante

2. A monarquía autoritaria

3. Factores que fixeron posible os descubrementos xeográficos

4. Descubremento de América

5. Consecuencias dos descubrementos xeográficos

6. Conflitos interiores e exteriores  de Carlos l

7. Conflitos exteriores e interiores de Felipe ll

8. A Ilustración e principais ilustrados


9.PRÁCTICA: Barroco e Renacemento (diferenciar imaxes)


10. Globalización: que é, que factores o fixeron posible, e riscos e consecuencias deste proceso.

11. O proceso de creación da Unión Europea

12. Principais institucións da Unión Europea

13. A Política Agraria Común (PAC) da U.E.

14. Principais problemas da pesca actual


15: PRÁCTICA: Países sobre o mapa (seleccións). Capitais (selección)

16. PRACTICA: Provincias de España


PREGUNTAS BREVES

HISTORIA

1. Tribunal da Inquisición

2. Enumera as características  do Renacemento

3. Concilio de Trento

4. Tratado de Alcaçovas-Toledo

5. Bartolomé Dias-Vasco de Gama

6. Hernán Cortés- Pizarro- Magalláns- Elcano- Nuñez de Balboa

7. Felipe lll- Duque de Lerma

8. Diferenza entre valido e rexente

9. Felipe lV- Conde-duque de Olivares

10. Carlos ll- Herdanza- Tratado de Utrech

11. despotismo ilustrado

12. Decretos de Nova Pranta

13. Motín de Esquilache


XEOGRAFÍA

14. Diferenciar entre capitalismo e sistema de economía planificada.

15. O sistema político español, comunidades autónomas (con atención a Galicia) e municipios: como se elixen/nomean os gobernantes en cada caso.

16. Diferencia entre agricultura/gandaría intensiva e extensiva.

17. Diferencia entre agricultura/gandaría de subsistencia e de mercado.

18. Enumerar factores que inciden na existencia de caladoiros.


 ***************************

 

CURSO 2023-24



Poñemos á túa disposición desde aquí o libro POSSUMUS Xeografía e Historia do teu curso. Trátase dunha ferramenta práctica, elaborada polo mestre pensada exclusivamente en ti, é á que poder acudir cando se precise na aula o una casa, ou ben cando, por calquera circunstancia, non poidas vir a clase durante o curso escolar e poder guiante así  axudadado polo mestre para recuperar o tempo perdido e poñerte ao día.
Non tes que imprimilo, podes traballar en el dixitalmente. Se che resulta máis cómodo, tamén podes imprimilo pola túa conta. Para ver este libro, terás que solicitar acceso. Para iso pincha no enlace que segue, e que te guiará.







_____________________


Temario curso 2023-24


2 comentarios:

  1. Moi interesante. A parte de gañarte un positivo cos bloges, gañas coñecemento. É moi ameno!!!

    ResponderEliminar