miércoles, 18 de diciembre de 2024

   CLIMOGRAMAS E PAISAXES

Cal con cal? (1º ESO-XEOGRAFÍA)


Empezamos a analizar os climogramas na aula. A continuación amosamos cinco climogramas e outras catro formacións vexetais. Debes indicar a que clima corresponde cada climograma, xustificando en cada caso a resposta. Logo debes relacionar ese climograma coa paisaxe vexetal correspondente que aparece abaixo con letras. Fíxate na primeira das propostas a xeito de o exemplo. Fai ti o mesmo cos outros catro casos. O día de presentación e corrección na aula será o  xoves 9 de xaneiro.

Lembra: rotula na libreta o título FÓRA DE CLASE: CLIMOGRAMAS E PAISAXES. Enmcárcao nun recadro e colore o espazo da mesma cor que empregaches nas entradas anteriores do blogue.


climogr. 1


(solución á proposta 1) 
O climograma 1 correspóndese cun clima da rexión cálida, porque as temperaturas son altas todo o ano. 
Dentro da rexión cálida pertence a un clima desértico, porque as temperaturas son altas todo o ano, e as choivas son prácticamente inexistentes. 
En función disto, considero que o clima correspóndese coa paisaxe vexetal B. 


climogr. 2




climogr. 3




climogr. 4




climograma 5




PAISAXES VEXETAIS: 
relacionar con cada climograma


Paisaxe vexetal A


Paisaxe vexetal B
(solventado arriba)



Paisaxe vexetal C



Paisaxe vexetal D



Paisaxe vexetal E

lunes, 9 de diciembre de 2024

RENACEMENTO & BARROCO (3º ESO)


Vimos de traballar na aula un tema sobre o Renacemento e o Barroco, os dous grandes estilos artísticos internacionais que caracterizan a Idade Moderna. Sobre eles versa esta nova entrada do blogue.

Fainas la libreta, deixando un espacio cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE”: RENACEMNETO & BARROCO. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles. A data de presentación e corrección destas actividades será o  martes 17 de nadal.

Despois do traballado en clase, distingue se  cada unha das seguintes obras é renacentista ou barroca, xustificando en cada caso a resposta o mellor e máis amplo posible.


Nº 1

Nº 2

Nº 3

Nº 4

Nº 5

Nº 6

Nº 7

Nº 8

Nº 9

Nº 10

Nº 11

Nº 12

PASEO POLA CIDADE MEDIEVAL

Damos un paseo pola cidade da Baixa Idade Media, vinculado ao tema que vimos de rematar na aula. Facémolo de mans de Canle Historia, cun documental de 14’52’’ minutos. Para velo pincha aquí abaixo no icono de play para visionalo, coñecer máis a engadir méritos para esta segunda avaliación que arrancamos aquí:
 



Despois do visionado realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE:  A CIDADE NA BAIXA IDADE MEDIA". Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación en corrección destas actividades será o luns 16 de nadal 


ACTIVIDADE  Nº 1: Proba que estiveches atento contestando as seguintes curiosidades.- 
1. Cantos quilómetros apunta o vídeo debían percorrer, como moito, os mercaderes na ruta cada día?
2. As murallas eran un elemento que identificaba á cidade medieval. A través das súas portas accedíase á cidade. A pregunta é: a que hora abrían e se pechaban as portas da muralla?
3. Que artiluxio relacionado coa medición do tempo adquire protagonismo na cidade a partir do s. XIII, e onde estaba situado?
4. Na cidade medieval proliferan moito as tabernas, onde comía, bebía e xogaba a xente. Cal era o principal xogo nas tabernas que se apunta no vídeo?
5. Como non había rede de sumidoiros: cal era a alternativa para facer cada quen as “necesidades” na cidade?
6. Que institución, se afirma no vídeo, autogobernaba a cidade?
7. Apunta o vídeo que a cidade promove o asociacionismo. Que entidade asociativa coñeces ti que xurdira nesta época? En que consistía?


Unha imaxe da cidade medieval refrexada polo cine

ACTIVIDADE  Nº 2: Describe.-
A raíz do vídeo escribe un texto de tres liñas no que describas de xeito claro a cidade e a vida na cidade medieval. (No foto, a cidade de Ávila hoxe, que conserva as súas murallas medievais)
 
ACTIVIDADE Nº 3: Sinala se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións relacionada co vídeo.-
a) Nas portas das murallas adoitaba cobrarse unha peaxe aos mercaderes que entraban para vender mercadurías.
b) No vídeo describe o burgo dos arredores das murallas, onde vivía a burguesía.
c) Na Baixa Idade Media, cobrou importancia a faceta urbanística para facer crear a cidade de xeito ordeado.
d) Na cidade medieval a xente adoitaba pasar moito tempo na rúa.
e) Ideouse xa un ascensor rudimentario para evitar as escaleiras e poder subir os residente sasí ás planta altas.
f) Un bloque de casas podía chegar a ter conco ou seis prantas.

 A TREGUA DE NADAL


Imaxe cotiá nunha trincheira
Europa vivíu entre 1914 e 1918 a I Guerra Mundial, o conflito máis destructivo que o mundo coñecera ata daquela. Esta é a unidade que acabamos de traballar na aula. Con tal motivo ofrecémosche unha actividade complementaria para mellorar as túas competencias. Como se achega o nadal que mellor ocasión para visionar o seguinte documental de "Canal Historia" (duración: 45’) que versa sobre un emotivo episodio acaecido na Noiteboa de 1914 e que foi coñecido como “a tregua do Nadal”. Desde aquí os nosos mellores desexos de felidade, saúde e benestar para ti e toda a tús familia. Para ver o vídeo pincha no icono de play abaixo.




Tamén podes velo a través deste ENLACE: A tregua de Nadal

Logo do visionado realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espacio cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE”: A TREGUA DE NADAL NA I GUERRA MUNDIAL. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A presentación será con imaxes a través de corre-e, tendo como data tope o 27 de nadal


Soldados metidos dunha trincheira 
ACTIVIDADE Nº 1.- Contesta brevemente ás seguintes cuestións relacionadas directamente coa chamada “tregua do nadal”:
1. Cando aconteceu a “tregua do nadal”, en que fronte, e soldados de que dous países a protagonizaron?
2. Preto de que cidade belga aconteceu?
3. Como empezou?
4. Que famosa panxoliña acabou sendo entoada nas trincheiras por soldados dun de doutro bando?
5. Que elemento típico do nadal nas nosas casas mostraron desde as trincheiras alemanas?
6. Que intercambiaron soldados de ambos bandos? A que deporte xogaron incluso xuntos?
7. Que outros xestos de confraternidade describe o documental se produciron por parte dun e doutro bando?
8. Cal era a preocupación fundamental do Alto Mando do cada exército sobre esta tregua? Que órdenes cursaron para tratar de poñerlle fin?
9. Cando se deu por rematada a tregua?


Soldados franceses loitando na trincheira
ACTIVIDADE Nº 2.- Resposta a outras cuestións relacionadas co documental.
1. No documental compárase o Plan Schlieffen alemán concebido para I Guerra Mundial cunha porta xiratoria, por qué?
2. Apunta tamén que no inverno de 1914 morreron máis soldados na fronte por conxelación, gangrena e o mal denominado “pe de trincheira”, que por lume inimigo. Pero, que di o documental que era o “pe de trincheira”?
3. Que tipo de arma que sementou o terror nas trincheiras empezouse a empregar despois dese inverno de 1914?

 



miércoles, 6 de noviembre de 2024

 O CID: TEMPO DE LENDA

Achegámonos nesta segunda entrada do blogue á Idade Media a través dun famoso heroe medieval da historia de España: Rodrígo Díaz de Vivar, alcumando "O Cid Campeador". Facémolo a través dunha particular viaxe no tempo que nos brinda a serie "El Ministerio del Tiempo" de TVE co seu capítulo titulado "Tiempo de leyenda". A serie baséase na existencia dun ministerio segredo (o Ministerio do Tempo) con axentes que viaxan ao pasado para evitar que a historia de España se altere e poida dese xeito seguir o seu curso. Aónda que ás veces, como veremos neste capítulo, non todo sae como estaba previsto e son precisas solucións de urxencia para non alterar a historia.

Para velo pincha abaixo no icono de play 






Podes ver curiosidades, resolver algunha pregunta prantexada pinchando no seguinte enlace:




Despois do visionado realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE":  O CID. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o  luns 11 de novembro. Ánimo...!!


ACTIVIDADE Nº 1: Demostra que estiveches atento.- 
Para iso resposta ás seguintes cuestións:

Unha imaxe do capítulo da serie "El Ministerio del Tiempo"
1.Situémonos no tempo: O capítulo arranca nun lugar e nunha data: onde e cando? Cantos anos faltaban daquela para que, na realidade, finara o Cid? 
2. Cando viaxa no tempo: en que etapa, das catro vistas en clase, se atopa Al-Andalus? Segundo se desprende do capítulo: que pobo norteafricano domiñaba daquela Al-Andalus?
3. Cal era a misión da patrulla nesa viaxe no tempo? Por que era necesaria esa misión?
4. Amelia pronto se decata de que aquel Cid era, na realidade, un impostor. Que elementos  (hai varios) fan que chegue a esta conclusión?
5. Na parte final entendemos o por que da primeira escena que abre o capítulo: por que uns axentes especiais grababan cunha cámara ao Cid nunha loita contra soldados árabes?
6. Enumera diferentes aparellos do presente que aparecen durante o capítulo no pasado (e que, por tanto, non existían daquela).

Outra imaxe do Cid do capítulo "Tiempo de Leyenda"
ACTIVIDADE Nº 2: Investiga aspectos relacionados coa serie.-
1. Un dos axentes  que participa na misión chámase Spínola. Quen foi en realidade esta personaxe e cando viviu?
2. Ao principio do capítulo, pola cafetería do Ministerio, aparece un pintor que lle entrega como agasallo un cadro a un dos axentes. De que afamado pintor se trataba? Cita un cadro famoso del.
3. Mencionase tamén a un recoñecido actor norteamericano que interpretou ao Cid nunha famosa película sobre esta personaxe. Quen é ese actor? 

Outra imaxe do Cid no cine
ACTIVIDADE Nº 3: Investiga sobre a figura do Cid.-
1. O Cid fora vasalo: de que dous reis antes de ser desterrado de Castela? Na Idade Media: que significaba ser vasalo e cal era a súa obriga para co seu señor?
2. Por que razón foi desterrado o Cid de Castela? E por que acabou en Valencia?
3. O seu nome era Rodrigo Díaz de Vivar: que sifnifica o alcume de "Cid" e quen llo puxo?








HISTORIA DE ESPAÑA: O REINADO DE ISABEL II

 

Terceira entrada do blogue. Nesta caso adaptamos do punto 3 do tema 5 (España no s. XIX), a fin de sintentizalo e facelo máis comprensible e doadao de asimilar. Podes imprimilo ou incorporalo ao teu caderno. Data de presentación de actividades: xoves día 14

_____________________

3. O REINADO DE ISABEL II (1833-68)

3.1. As guerras carlistas.-
Cando morre Fernando VII a súa filla Isabel, herdeira do trono, contaba tan só tres anos. A súa nai, e muller de Fernando VII, Mª Cristina, asume entonces a rexencia. Pero os carlistas, apoiados polo bando absolutista, botáronse a unha guerra pola coroa. Daquela a  Mª Cristina non lle quedaba outra que achegarse aos liberais para defender o trono da súa filla.
A primeira guerra entre carlistas e isabelinos durou entre 1833-40. Agachaba tras de si un enfrontamento entre absolutistas e liberais. Os primeiros tiveron o apoio da nobreza agraria, do clero e tamén dun campesiñado moi influenciado pola nobreza e a Igrexa. Polo súa banda, os isabelinos contaron co apoio da burguesía, da nobreza de Corte e o das clases populares urbanas. O País Vasco, Cataluña, Navarra, Aragón e Valencia foron os principais focos carlistas.
A guerra rematou en 1840 co triunfo isabelino, plasmado no “acordo de Vergara” polo cal se recoñecía a Isabel como raíña. Aínda así, os carlistas promoverán dúas guerras máis ao longo do século en favor da súa causa: a segunda foi en 1860 e a tercera entre 1872-76. Tamén nesas dúas saíron derrotados os carlistas.
 
3.2. Moderados e progresistas.-
Como era menor de idade, o reinado de Isabel II empezou coa rexencia por parte da nai, Mª Cristina (nai da raíña, Isabel). Esa rexencia durou entre 1933 y 1843 (certo que no últimos anos exercera como rexente o xeneral progresista, Espartero). Neste último ano Isabel foi proclamada, excepcionalmente, maior de idade con 13 anos. Aí empezou a exercer como raíña. O seu reinado dura ata o ano 1968, en que foi expulsada do país.
Tanto durante a rexencia como durante o seu reinado, España deixara atrás xa a monarquía absoluta, e convertiuse así nunha monarquía liberal, constitucional e parlamentaria, e dicir, unha monarquía na que o poder do Coroa estaba limitada pola constitución e polo parlamento.


Durante esta longa etapa perfiláronse dous grandes partidos dentro do bando liberal: dunha banda, os moderados, máis conservadores, partidarios de reformas máis limitadas, dun sufraxio censatario moi pechado e de darlle máis poder á Coroa. Doutra banda, os progresistas, máis reformistas, eran partidarios dun sufraxio máis aberto e de limitar o poder do Coroa.
Lóxicamente tanto a rexente, como logo a raíña (sempre que puideron), decantáronse por confiar o goberno ao bando moderado. Só cando se viron obrigadas (xeralmente por pronunciamentos militares), cederon o poder aos progresistas. Deste xeito, cabe salientar que, dentro do sistema liberal que viña de nacer, o modelo español era moi pechado: as eleccións celebrábanse con sufraxio centatario moi pechado (moi pouca xente tiña dereito ao voto, só tiñea o dereito os máis ricos), e as leis, para saír adiante, tiñan que contar con apoio do parlamento e da raíña… En definitiva, a Coroa seguía a ter moito poder.


Os moderados gobernaron na maior parte deste reinado, entre 1833 e 1868. Só algúns anos (períodos 1836-37 e 1854-56) gobernaron os progresitas, chegando ao poder nos dous caso por medio de pronunciamentos militares (golpes de estado liderados por militares progresistas).
Nos anos que gobernaron os moderados, destacaron como presidentes o xeneral Narváez e O’Donell (este último lideraba outro partido moderado, que foi a Unión Liberal, e que xurdira a mediados do século). Neses anos, os moderado impulsaron medidas moi conservadoras. Entre elas destacaron as seguintes:
- Creouse a Garda Civil para manter a orde no rural
- Decretouse que España era un Estado católico e, polo tanto, o goberno asumía a financiar este culto.
- Controlouse a prensa mediante unha censura encuberta.
- Centralizouse desde Madrid o goberno de provincias e municipios, decretando que os gobernadores civís máis os alcaldes das grandes cidades serían elexidos pola raíña, e os alcaldes dos concellos pequenos serían nomeados polo gobernador civil da provincia.
- Cortouse de raíz calquera intento de revolución en 1848, en relación ás insurreccións que nese ano estaba sucedendo en Europa. Para iso, o xeneral Narváez mandou fusilar aos primeiros axitadores e, mediante un “decreto de sospeitosos”, deportou a 2.000 persoas.
 
Pola súa parte, durante o poucos anos de goberno progresista (o xeneral Espartero, foi un dos principais líderes e presidente de goberno), promoveron medidas máis reformistas. Entre elas destacaron a seguintes:
  • Aprobáronse leis para ir disolvendo o antigo réxime señorial: suprimiron alfándegas interiores; extinguiron os gremios… que eran obstáculos para existirá un comercio libre no país.
  • Expropiáronse grandes propiedades ao clero (no que se deu en chamar a desamortización de Mendizábal); e máis tarde, expropíaronse aqueles bens comunais, municipais de doutras institucións que non estaba sendo traballados ou utilizados.
  • Impulsouse a construcción do ferrocarril
 
4.3. A caída  do sistema isabelino.-
Durante esta etapa de forte moderantismo, evidenciouse que o sistema político español e a Cortes estaban controladas realmente polo grandes banqueiros, latifundistas e grandes empresarios. Por eta razón o malestar social moi aumentando.
A fins da etapa finaran xa Narváez e D’Donell, en 1866 España empezou a padecer unha importante crise económica, e desa, pola esquerda, aparecen novos partidos de oposición, caso dos demócratas e dos primeiros grupos socialistas, que gañan simpatías e ven medrar  a súa forza.
As críticas, cada vez maiores van non xa só contra o goberno, senón tamén contra a raíña, a quen acusaban de tomar partido en favor dos moderados e de marxinar aos outros grupos políticos. Empezouse a fraguar así unha revolución.

_____________________

Logo, realiza as seguintes actividades.


ACTIVIDADE Nº 1: Confecciona unha barra do tempo rematada en flecha e seguindo as seguinte pautas:

Características:
Anchura da barra: 3 cadrados
Lonxitude da barra: cada década serán 5 cadrados do caderno
Perfilamos cunha liña transversal os seguintes anos: 1833, 1843, 1836-1837, 1854-1856, 1966, 1868. Indica cunha flecha en distintaa altura os fitos. Por exemplo:

1833: Inicio da rexencia de Mª Cristina
1843: Inicio do reinado de Isabel II
1836-37: goberno progresista
1854-56: goberno progersista,
Etc.
 
Na barra, colorea:
De vermello tenue: anos de gobernos moderados
De azul tenue: anos de gobernos progresista
 


ACTIDADE Nº 2: Confecciona a xeito da cadrícula un esquema para diferenciar entre moderados e progresistas, seguindo a pauta seguinte:




 


lunes, 4 de noviembre de 2024

1º ESO, O GRAN RETO:

@alumn@ de 1º E.S.O. contra 

POSSUMBLUE



Tercerira entrada do blogue en 1º de ESO no curso, e primeira da 2ª avaliación). Nela presentámosche un reto: vencer á nosa máquina POSSUMBLUE, esta vez sobre mapas. 1ª proba: España, o vindeiro 7 de novembro. Para entrenar pincha nos seguintes enlaces: 




Ríos de España (máximo de erros 2)

Costas de España (max. de erros 2)


CONTINENTES: 





 
ENTRENA!!





 O MINISTERIO DO TEMPO:

CAMBIO DE TEMPO (cap. 13)


Terceira entrada do blogue no curso (e última desta 1ª avaliación). Nesta viaxamos no tempo a segundo metade do s. XVI con Felipe II e súa Armada Invencible. Facémolo de mans da serie de televisión “EL MINISTERIO DEL TIEMPO” emitido durante varias tempadas en TVE e con este capítulo no ano 2016. Un ministerio secreto, inquietante, que vela porque, pese a ter o poder de viaxar no tempo, a Historia de España non se altere. Pero nesta ocasión, creo que si se alterou... E moito. Que tería pasado se a Armada Invencible conquistara Inglaterra? Xogamos coa imaxinación arredor deste acontemento histórico.
Para iso visiona o seguinte capítulo que che propoñemos, baixo o nome de “Cambio de tiempo”. Para velo pincha no seguinte enlace (Duración: 1 hora e 15 minutos).

 

 O MINISTERIO DO TEMPO: CAMBIO DE TEMPO


Despois do visionado do vídeo realiza as seguintes actividades. [Fainas na libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título: BLOGUE “FÓRA DE CLASE": “O MINISTERIO DO TEMPO (“CAMBIO DE TEMPO”). Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e contesta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección destas actividades será o venres  12 de novembro. Ánimo!!...



ACTIVIDADE Nº 1: Demostra que estiveches atento.- 

Para iso contesta brevemente ás seguintes cuestións:

1.  Cal é a nova que recibe Felipe II nada máis empezar o capítulo?

2.  Que solución toma Felipe II para dispoñer dunha segunda oportunidade para invadir Inglaterra?

3.  De que lle informa o director do Ministerio do Tempo a Felipe II sobre o actual monarca que reina en España e como chegou ao trono esta nova dinastía?

4.   Unha vez no futuro Felipe II atópase coa oposición do director do Ministerio. Como se salda a disputa entre ambos?

5. Que ocorre ao final do capítulo coa Historia? Como logran voltar a manter a Historia inalterable do pasado, tal e como ocurriu?

 

Felipe II na serie de "El Ministerio del Tiempo"

ACTIVIDADE Nº 2: Curiosidades.- 

1.  Que artiluxios do futuro a onde viaxan sorprenden a Felipe II?

2. Nunha secuencia, na Historia alterada: que dous equipos xogan o partido de fútbol?

3. E que iso de Amalia que sorpende a Irene nunha das escenas íntimas entre ambas? Que teme que suceda se se descobre o acaecido entre ambas mulleres?

4.    Enumera aspectos que cambiaron no presente desa nova España de 2016 con Felipe II como rei.

 

A chamada "Armada Invencible" navegando polo Atlántico

ACTIVIDADE Nº 3: Sinala se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións.- 

a) Felipe II sorpréndese de que zona que domina o mundo presente sexan os norteamericanos.

b) Noutra das secuencias o rei asiste a unha corrida de toros nas Ventas en Madrid.

c) O rei Felipe II mesmo aparece en televisión para emitir discursos.

d) Este novo Felipe II aparece xa con nova imaxe acorde ao tempos actuais, isto en traxe e garavata.


ACTIVIDADE Nº 4: Investiga.- 

1. Por que razón quería invadir Felipe II Inglaterra?

2. De onde partiu a Armada Invencible?

3. En que consistía o proxecto e onde tiña prevista desembarcar?