lunes, 27 de abril de 2026

 

Despídome de ti, alumn@ e lector, desde esta páxina, sabendo que, en adiante, serei eu o que estará xa, para sempre, fóra de clase. Atrás quedan o anos dados e entregados á vocación de ensinar e axudar a comprender a Historia o mellor que souben e puiden. Atrás quedan os milleiros de alumn@a que pasaron polas clases desde que empezara nisto en 1991, xusto naquel ano en que Gorbachov era afastado do poder e desaparecía a Unión Soviética. Entenderalo cando chegues e ese tema de Historia en 4º de ESO.

Desexo para ti, si, para ti que me les, o mellor, que valores, de corazón, aos teus de moi preto, y que te apoies neles e nos seus consellos para perseguir os teus soños. Se honrado contigo e cos teus, organiza, estuda, sempre estuda para aproveitar o tempo, porque iso farate máis reflexivo, terás unha opinión máis coherente e madura e, sobre todo, serás mellor persoa. Así, sen darte conta, farás florecer a felicidade interior en ti e nos que están ao teu redor. Esa é a túa misión no mundo. Non o esquezas. 

************************

A CRISE DOS MÍSILES 


Penúltima entrada do blogue no curso. En outubro de 1962 o mundo ponse ao borde do abismo dunha guerra nuclear co episodio álxido da guerra fría: a crise dos mísiles en Cuba. Unha situación que cabe rememorar e comprender, dado o risco da guerra de Ucraína, que pode semella estar a voltar o regreso dunha Guerra Fría entre as superpotencias e o risco nuclear. Nesta entrega do blogue, relacionada co que vimos de traballar na aula, propoñémosche o visionado do seguinte documental sobre este feito. Para velo pincha no icono de play ou ben no enlace que aparece abaixo:
Logo de visionar o documental realiza as seguintes actividades. [Fainas na libreta, deixando un espazo cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE”: A CRISE DOS MÍSILES. Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. A data de presentación e corrección será o día que concerte con vós o mestre na aula


Rampas de lanzamento para misiles soviéticos en Cuba en 1962
ACTIVIDADE Nº 1: Resposta con brevidade ás seguintes cuestións.-
1. O documental empeza poñéndonos en antedentes coa chegada de Fidel Castro ao poder en Cuba. Que ditador cubano foi derrocado pola revolución de Fidel Castro?
2. Que presidente norteamericano concibe en orixe o plan de invadir Cuba cun exército de exiliados cubanos? Cantos exiliados participaron naquela operación, e en que país foron entrenados pola CÍA?
3. Estaba previsto que a invasión de Bahía Cochinos contara co apoio dun ataque aéreo norteamericano. Por que cancelou Kennedy a última hora ese ataque cando os exiliados estaban xa desembarcando na illa?
4. Durante o verán de 1962 os soviéticos inician o traslado de soldados e mísiles nucleares a Cuba. Cantos barcos e cantos soldados soviéticos se calcula se estaban dirixindo a Cuba naquela operación?

Xuntanza de Estado Maior na Cssa Branca con J. F. Kennedy
5. Que tipo de avión espía estadou-nidense fotografía a construcción de rampas de lanzamento e que día concreto de outubro?
6. Coñecedores do que estaba ocurrindo na illa, Kennedy reúne ao seu Estado Maior. A medida que semella ter máis forza naquela primeira reunión é un bombardeo da Cuba, pero rexeitase. Que argumenta Robert Kennedy para desbotar o bombardeo?
7. Finalmente imponse un bloqueo (ou cuarentena). Os soviéticos protestan, baixo que argumentos? Cal era o nome do petroleiro que levaba petróleo soviético e que foi detido e rexistrado naquel operativo de bloqueo?
8. Que suceso acaecido na illa elevou aínda máis a tensión o 27 de outubro?
9. Baixo que condicións -incluidas as segredas- chegaron Kennedy de Kruschev a un acordo para pechar aquela crise? 

ACTIVIDADE Nº 2: Analiza e opina.-
Saúdo entre Kruschev (esquerda) e Kennedy (dereita)
1. Segundo se desprende da primeira parte do documental: que razóns levan a Estados Unidos a tentar derrubar a Fidel Castro?
2. Compartes a opinión de Castro na parte final na cal se mostra indignado co acordo que el califica de "bochornoso"? Por que cres que ten esa opinión?

No hay comentarios:

Publicar un comentario