Despídome de ti, alumn@ e lector, desde esta páxina, sabendo que, en adiante, serei eu o que estará xa, para sempre, fóra de clase. Atrás quedan o anos dados e entregados á vocación de ensinar e axudar a comprender a Historia o mellor que souben e puiden. Atrás quedan os milleiros de alumn@a que pasaron polas clases desde que empezara nisto en 1991, xusto naquel ano antes de celebrar aquel quinto centenario do descubrimento de América que traballamos no curso con peli no medio (en que ano foi ese fito?).
Desexo para ti, si, para ti que me les, o
mellor, que valores, de corazón, aos teus de moi preto, y que te apoies neles e
nos seus consellos para perseguir os teus soños. Se honrado contigo e cos teus,
organiza, estuda, sempre estuda para aproveitar o tempo, porque iso farate máis reflexivo,
terás unha opinión máis coherente e madura e, sobre todo, serás mellor persoa.
Así, sen darte conta, farás florecer a felicidade interior en ti e nos que están ao teu
redor. Esa é a túa misión no mundo. Non o esquezas.
E para iso, unha última entradiña do blogue que che explicará o profe.
************************
A DESLOCALIZACIÓN INDUSTRIAL
Vídeo 1: INTRODUCIÓN
1. Que é a "fast fashion"?
2. Cantas pezas de roupa se mercan en España por termo medio ao ano?
3. Que marcas se mencionar no vídeo os entrevistado sobre onde mercan a roupa?
4. Cita tres países referidas no vídeo onde sexa fabricada esa roupa.
5. Como se explica que esa roupa sexa tan barata?
*******************
Vídeo 2: CÉSAR LABORDA (EMRESA TEXTIL ESPAÑOLA RADICADA EN CAMBOIA)
1. En que cidade española e empezou a empresa de César Laborda en España?
2. Cando se decidiu trasladar a fábrica a Camoia e por que razón?
3. Cantos traballadores teñen nesa empresa téxtil en Camboia
4. Cal é o horario dos traballadores nesa fábrica? Cantas horas de máximo ( incluidas a horas extras= se poder facer en Camboia por semana?
5. Cal é o salario mensual dos traballadores da empresa? Segundo o xornalista: cal é o salario que lle dixeron cobran noutras empresas?
Vídeo 3: MARÍA ALMAZÁN ("LATITUDE")
1. Esta muller tiña como labor inspeccionar algunhas fábricas súas en Asia: que dúas condicións de explotación laboral cita no video se atopou alí?
*******************
Vídeo 4: MARÍA ALMAZÁN (“Latitude”)
1. Que mensaxe transmite esta a protagonista aos adolescentes que estades metidos no consumo acelerado da “fast fashion”?
Vídeo 5: VAN CHOU, TRABALLADORA DO TÉXTIL EN CAMBOIA.
1. Que débedas arrastra a empresa cos empregados onde traballa Van Chou?
2. Canto é salario que pagan nesta empresa? Que parte do salario de Van Chou vai para pagar o aluguer de vivenda?
3. Que condicións de explotacións laboral denuncia Van Chou na súa empresa?
*******************
1. Cantas mozas viven na habitación nese cuarto?
2. Cantas horas chega a traballar a protagonista por día con extras?
3. Cantos días por semana traballan en Camboia?
4. Canto cobran por mes?
5. Que danos sofren as traballadoras cando teñen traballar máis da conta?
Conclusión persoal/opinión:
1. Parécenche xustas as condicións de vida e traballo das protagonistas?
2. Por que cres que moitas empresas consultadas declinaron participar neste programa?
3. Que parte de culpa sintes que temos nós en países como España?
4. Por onde deberían pasar as solucións?


No hay comentarios:
Publicar un comentario