lunes, 27 de abril de 2026


Despídome de ti, alumn@ e lector, desde esta páxina, sabendo que, en adiante, serei eu o que estará xa, para sempre, fóra de clase. Atrás quedan o anos dados e entregados á vocación de ensinar e axudar a comprender a Historia o mellor que souben e puiden. Atrás quedan os milleiros de alumn@s que pasaron polas clases conmigo desde que empezara nisto en 1991, xunto un ano antes de celebrarse o quinto centenario da fin da Reconquista coa toma de Granada. (Lembras en que ano foi aquel fito?)

Desexo para ti, si, para ti que me les, o mellor, que valores, de corazón, aos teus de moi preto, y que te apoies neles e nos seus consellos para perseguir os teus soños. Se honrado contigo e cos teus, organiza, estuda, sempre estuda para aproveitar o tempo, porque iso farate máis reflexivo, terás unha opinión máis coherente e madura e, sobre todo, serás mellor persoa. Así, sen darte conta, farás florecer a felicidade interior en ti e nos que están ao teu redor. Esa é a túa misión no mundo. Non o esquezas. 

************************

E para iso, unha última entradiña do blogue que che explicará o profe.

LA CIUDAD DEL FUTURO


Última entrada do curso. Propoñémosche visionar parte do programa de Jalís de la Serna para o a SextaTV titulado "A Cidade do Futuro", unha aposta polo mundo sostible e as enerxías alternativas que nos traslada a Suecia. Para velo pincha no seguinte enlace: (NOTA: Inclue anuncios, e haberá que velo para ter acceso aos vídeos).




Dentro dese enlce elixe a opción de "te intenta dirigir a http://www.lasexta (etc.)
E unha vez dentro, baixa na páxina e elixe ver os tres vídeos que seguen:

Vídeo 1: Te imaginas que te paguen por reciclar?

Vídeo 2: Cuando la conciencia medioambiental termina con las supersticiones

Vídeo 3: Esta es la clave por la que Wäxjö tiene la calefacción un 25% más barata
_________________

Logo da velo realiza as seguintes actividades. [Fainas la libreta, deixando un espacio cos últimos apuntamentos e rotulando o título BLOGUE “FÓRA DE CLASE”: " A CIDADE DO FUTURO". Enmarca o devandito título e colorea logo ese espazo enmarcado. Lembra: copia os enunciados e resposta sempre con parte deles]. As actividades presentaranse e corrixiranse o día que concerte o teu mestre na aula.

O xornalista e presentador do programa Jalís de la Serna

ACTIVIDADE Nº 1.- Contesta brevemente ás seguintes cuestións relacionadas cos vídeos:
VÍDEO Nº 1.-
1. O pai e o fillo dispóñense a reciclar o que levan nunha bolsas: Onde facer esa labor de depósitalo?
2. Que obteñen a cambio de reciclar o que levan? 
3. Canto diñeiro lle figura no tiket ao final?

VÍDEO Nº 2.-
1. No vídeo nº 2: Que visita Jalís de la Serna?
2. En que consiste a enerxía que obteñen e para que a empregan?
3. Eplica brvemente como funciona.
4. Cantos cadaleitos se quema por ano nese crematorio? 

VÍDEO Nº 3.-
1. A que se adica a planta que visita Jalís de la Serna neste vídeo? (Na marxe, situación de de Växjö no mapa)
2. Unha árbore destiíñase a produció nde papel e outros fins. Pero: que porcentaxe da árbore é inservible e so serve par queimar?
3. O calor orixinado desde esa pranta produce enerxía: unha parte vai a rede eléctrica nacional, pero: que outros dous fins ten esa enerxía na cidade?
4. Na cidade de Växjö:  Canto CO2 se calcula que aforrou esta pranta evitar botar a atmosfera?

No hay comentarios:

Publicar un comentario