ESPAÑA E GALICIA: ORGANIZACIÓN TERRITORIAL
Segunda
entrada do curso para 6º de Educación Primaria. Nela imos traballar a
organización territorial do estado no que vivimos: España; e da nosa comunidade
autónoma: Galicia. Prantexamos un vídeo curto e un reto.
Primeiro,
visiona o vídeo que presentamos abaixo, titulado “A organización territorial de
España”, e que dura menos de 7 minutos.
Para velo preme no icono de play abaixo:
Consellos: Escribe no caderno con letras maiúsculas o rótulo FÓRA DE CLASE: ESPAÑA E GALICIA: ORGANIZACIÓN TERRITORIAL. Enmárcao nun recadro e colorea ese recadro de blogue sempre coa mesma cor ao longo do curso (a cor que máis che guste, pero que sexa clariña para deixar ver a letra; ao ser da mesma cor, sempre che permitirá localizar as actividades do blogue de xeito doado no caderno).
Logo toca facer esta actividade. Recomendamos copiar sempre os enunciados (dese xeito iso traballas a atención), e logo resposta a lápiz e empregando parte do enunciado (aprendes a redactar, conxugando o verbo). Ah! Ao respostar a lapiz, sempre poderás borrar á hora de corrixir na aula, e quedarache o caderno con mellor aspecto. Ánimo!!!
__________________________
ACTIVIDADE
Nº 1.- Contesta brevemente ás seguintes cuestións:
1. Cantas
comunidades ten España? E que dúas cidades autonómas?
2. España
dividese e comunidades. Logo, cada comunidade divídese en provincias. E a
pregunta é: en que pequena unidade territorial se dividen as provincias?
3. A
capital é a cidade na que reside o goberno. A pregunta é: cal é a capital de
España? E cal é a capital de comunidade autónoma de Galicia?
4. A
lingua oficial en España e o castelán, lingua que se falan en todas as comunidades
autónomas. Pero nalgunhas comunidades tamén é oficial unha segunda lingua. A
pregunta é: cales son as comunidades autónomas que contan con dous idiomas?
5. As
provincias divídense en municipios. Cal é a máximo autoridade do municipio?

ACTIVIDADE
Nº 2.- Investiga:
1. Na
imaxe de arriba, cada comunidade está representado por un plato típico desa comunidade. Tres preguntiñas: cal o o plato típico que amosa en Galicia? E en Estremadura? ? E as fabas aparecen como plato típico, de que comunidade?
2. Hai
comunidades que teñen unha soa provincia. Cita as comunidades autónomas de
España que teñen unha única pregunta?
3. Cal
é a comunidade autónoma que ten máis provincias? Cantas provincia ten?
4. Explícase
no vídeo que cada comunidade autónoma ten as seguintes institución: un
parlamento, un goberno, un presidente, e un tribunal superior de xustiza. A
pregunta é: que nome recibe no goberno da comunidade autónoma de Galicia?
__________________________
E
agora toca o RETO: Preme no enlace de abaixo a aprende a localizar as
comunidades autónomas de España. Logo o vindeiro día na aula comproba do que
eres capaz en pantalla:
No hay comentarios:
Publicar un comentario