HAI VIDA NOUTROS PLANETAS?
Primeira entrada do blogue neste curso en 1º de ESO. Relacionado co tema que acabades de abordar na aula, propoñemos visionar un pequeno vídeo da canle NATIONAL GEOGRAPHIC, no que o físico e cosmólogo Stephen W. Hawking fala sobre da posibilidade da existencia de vida noutros planetas. Para velo pincha abaixo no icono de "play".
Despois de ver os dous vídeos curso, toca facer as actividades que figuran abaixo. A túa mestra ou mestre concertará contigo o día para corrixilas xuntos na aula.
Consellos: Escribe no caderno con letras maiúsculas o rótulo FÓRA DE CLASE: HAI VIDA NOUTROS PLANETAS? . Enmárcao nun recadro e colorea ese recadro de blogue sempre coa mesma cor ao longo do curso (a cor que máis che guste, pero que sexa clariña para deixar ver a letra; ao ser da mesma cor, sempre che permitirá localizar as actividades do blogue de xeito doado no caderno). Para guiarte podes seguir o exemplo que puxemos aquí abaixo:
Á hora de facer as actividades, recomendamos copiar sempre os enunciados (dese xeito iso traballas a atención), e logo resposta a lápiz e empregando parte do enunciado (aprendes a redactar, conxugando o verbo). Ah! Ao respostar a lapis, sempre poderás borrar á hora de corrixir na aula, e quedarache o caderno con mellor aspecto. Ánimo!!! 💪
_______________________________
ACTIVIDADE Nº 1.- Contesta brevemente ás seguintes cuestións sobre o vídeo:
1. Que dúas condicións deben cumprir os planetas candidatos a ter vida?
2. Para ter auga líquida, os planetas candidatos a albergar vida non poden estar nen moi preto nen moi lonxe das estrelas. Por que sería imposible albergar auga se estiveran moi preto ou moi lonxe das estrelas?
3. Que nome recibe a nosa galaxia? E cantos anos se apunta no vídeo que ten?
4. Segundo o exposto no vídeo: cantos planetas poden existir candidatos a albergar vida?
ACTIVIDADE Nº 2.- Investiga sobre a figura de Stephen W. Hawking, e contesta ás seguintes cuestións:
1. Indica a nacionalidade, o ano de morte e a que idade finou Stephen W. Hawking.
2. Que enfermidade padecía? En que consiste esa enfermidade?
3. Hawking colleitou innumerables premios pola súa labor. No ano 1989, recolleu un dos galardóns máis importantes da súa vida en España: de que premio estamos a falar?

No hay comentarios:
Publicar un comentario