lunes, 28 de septiembre de 2026

3º ESO


A ILUSTRACIÓN EN ESPAÑA: ESQUILACHE

Benvid@ á primeira entrada do curso. Nela presentámosche unha entradiña sobre a Ilustración en España. Para iso eleximos unha secuencia a película “Esquilache”, na que primeiro ministro italiano Esquilache, que serve ao rei Carlos III, está interpretado por un dos grandes actores do cine español, Fernando Fernán Gómez (1921-2007). Pera ver esta secuencia pincha abaixo no icono de “play”:


Agora toca facer as actividades que propoñemos e que figuran abaixo. A túa mestra ou mestre concertará contigo o día para corrixilas xuntos na aula.

Consellos: Escribe no caderno con letras maiúsculas o rótulo FÓRA DE CLASE: AS PEQUENAS COUSAS . Enmárcao nun recadro e colorea ese recadro de blogue sempre coa mesma cor ao longo do curso (a cor que máis che guste, pero que sexa clariña para deixar ver a letra; ao ser da mesma cor, sempre che permitirá localizar as actividades do blogue de xeito doado no caderno). Para guiarte podes seguir o exemplo que puxemos aquí abaixo:



 FÓRA DE CLASE: ESQUILACHE

 

Á hora de facer as actividades, recomendamos copiar sempre os enunciados (dese xeito iso traballas a atención), e logo resposta a lápiz e empregando parte do enunciado (aprendes a redactar, conxugando o verbo). Ah! Ao respostar a lapiz, sempre poderás borrar á hora de corrixir na aula, e quedarache o caderno con mellor aspecto. Ánimo!!!

__________________________


ACTIVIDADE Nº 1.- Contesta brevemente ás seguintes cuestións:

1. No seu discurso ante a Sociedade de Amigos do País, Esquilache ironiza coas reformas, que está aplicando en Madrid, e que a xente non acepta. A pregunta é: que catro reformas cita nese discurso?
2. Esquilache mantén un encontro co Marqués de Ensenada, que antes fora primeiro ministro e que fora cesado. Que reforma lle suxerira o Marqués de Ensenada a Esquilache e que ser vai poñer en práctica? E que obxectivo se perseguía con esa reforma?
3. Ao entrar na sá, o arquitecto italiano Sabatini (que traballaba tamén ao servicio de Carlos III), faise ascompañar por unha maqueta de Madrid moderno que está a proxectar. Esa maqueta mesmo amosa varios monumentos que proxecta construir, os cales se manteñen hoxe no Madrid monumental. Cita, cando menos, o nome de tres desos monumentos que vemos na maqueta.
4. Que bebida, procedente de América e que ser convirte dun preciado doce na época, degusta a muller de Esquilache? 


ACTIVIDADE Nº 2.- Reflexiona:
1. “Viva a Ilustración! Vivan as luces!” gritan os reunidos na Sociedade de Amigos do País. Que relación se desprende da relación entre Ilustración e luz?
2. “Todo para o pobo pero sen o pobo”, méntase nun intre da secuencia. Este é un lema que identifica o despotismo ilustrado. Que entendes que significa ese lema?


O rei Carlos III e o ministro Esquilache na película, nunha escena de cacería
 

ACTIVIDADE Nº 3.- Investiga:
O ministro Esquilache acaba sufrindo un motín en Madrid e outras cidades de España. Calés foros as causas dese motín y que pasou con Esquilache? 




No hay comentarios:

Publicar un comentario